policondensación

policondensación

(

s f [QUÍM]

Reacción de polimerización que ten lugar mediante a interacción de grupos funcionais pertencentes a monómeros polifuncionais con eliminación repetida dunha molécula pequena, como por exemplo de auga, amoníaco ou cloruro de hidróxeno. As policondensacións transcorren por pasos, e é un exemplo característico delas a esterificación de glicois con ácidos dibásicos para formar poliésteres.

Palabras veciñas

policlínico -ca | policloropreno | policolia | policondensación | policoral | policordo | policoria