policloropreno
policloropreno
Nome científico:
[poli(2-cloro-1,3-butadieno):(C<sub> 4</sub> H<sub> 5</sub> Cl)<sub> n</sub> ]
s
m
[QUÍM]
Resina sintética que se obtén por polimerización do 2-cloro-1,3-butadieno (cloropreno), empregando peróxidos como iniciadores. Está constituído por unións 1,4 e ten unha estereoquímica principalmente trans respecto ao seu dobre enlace. OBS: Coñécese comercialmente como neopreno.