"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • CIDADES

    Cidade do ken de Nagasaki, situada ao NO da illa de Kyūshū, Xapón (244.240 h [1997]). Ten xacementos de hulla. O marco natural da cidade é o Parque Nacional Saikai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada entre a cidade de Markham ao N, o lago Ontario ao S, Pickering ao L, e as cidades de Toronto e North York ao O (593.297 h [2001]). Forma parte da aglomeración urbana de Toronto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ximnasta bielorruso. Considerado como un dos mellores ximnastas da historia, ademais de proclamarse campión mundial diversas ocasións, obtivo seis medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 no concurso xeral individual e por equipos, en cabalo con arcos, barras paralelas, salto de cabalo e en argolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia (4.734 km2; 54.015 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Formouse nas universidades californianas de UCLA e Berkeley. Foi asistente de G. N. Lewis e dirixiu as investigacións sobre química nuclear no Lawrence Radiation Laboratory, e desenvolveu as investigacións sobre o plutonio do Proxecto Manhattan na University of Chicago. En 1940 descubriu o plutonio (con E. M. McMillan) e estableceu como obtelo nun reactor de uranio. Tamén descubriu o americio, o curio, o berkelio, o californio, o einstenio, o fermio, o mendelevio, o nobelio e o unnilhexio. En 1951 recibiu, xunto con McMillan, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos na química dos transuránidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastiano Luciani.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Graxa sólida obtida por fusión e refinamento dos tecidos adiposos dos bóvidos ou doutro gando. Neste último caso, indícase o nome da especie da que procede. O sebo dos bovinos é branco ou amarelento, con olor e sabor característico e consistencia firme. O dos ovinos e o dos caprinos é máis branco e duro, pero ten un forte olor que fai que non sexa apropiado para a alimentación. É un alimento enerxético, difícil de dixerir. Se non se conserva de modo adecuado, protexido do aire e da luz, ponse rancio. Do sebo derretido obtense oleomargarina. O sebo emprégase tamén para facer candeas ou xabóns e na preparación de ungüentos.

    2. Secreción lipídica de carácter excretor, que ao mesmo tempo lubrifica e impermeabiliza os pelos.

    3. Gordura ou exceso de graxa nas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de múltiples quistes sebáceos na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra ou concreción formada nunha glándula sebácea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral cantábrico situada na parroquia da Devesa (Ribadeo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da secreción das glándulas sebáceas e sudoríficas da pel, principalmente na fronte e na cara. Caracterízase polo aumento desta secreción, acompañado a miúdo de hipertrofia glandular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á seborrea.

    2. Persoa que padece seborrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatose caracterizada por elementos pitiriásicos escamentos ou escamo-granulosos, que aparece principalmente nas peles seborreicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén unha gran cantidade de sebo.

    2. Que está untado de sebo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Marrocos de 450 km de lonxitude que nace no Atlas Medio, pasa preto de Fez e desemboca no Atlántico, preto de Kenitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (1.786 km2; 82.261 h [2002]). A súa capital é Santa Cruz del Seibo (63.684 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Serbia e a Croacia.

      1. Relativo ou pertencente ao serbocroata.

      2. Lingua eslava do phylum indoeuropeo que se fala en Croacia, Bosnia-Herzagovina, Serbia e Montenegro. É a lingua nativa de catro grupos étnicos: os serbios, os croatas, os montenegrinos e os musulmáns bosnios. Ten variantes dialectais que responden a circunstancias histórico-culturais diferentes e escríbese con alfabetos diferentes: o cirílico, empregado polos serbios, e o latino, empregado polos croatas. Entre o serbio e o croata existen notables diferenzas léxicas e sintácticas, aínda que a súa fonética e morfoloxía resultan menos diferenciadas. O serbocroata presenta os trazos característicos da maioría das linguas eslavas: flexión nominal morfolóxica (declinación con sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, locativo, instrumental, vocativo), existencia do xénero neutro, sistema verbal cos dous aspectos básicos (imperfectivo e perfectivo) e multitude de formas persoais e temporais, léxico esencialmente eslavo (ao que se lle engadiu un certo número de préstamos do...

      3. literatura serbocroata

        Literatura cultivada en serbocroata. A literatura popular constitúe, en xeral, un patrimonio cultural común aos pobos serbio e croata e, á vez, unha fonte importante de inspiración para a literatura culta. Particularmente valiosa é a poesía épica. En canto á literatura culta, e coa excepción dalgunhas manifestacións esporádicas, cómpre falar dunha literatura serbia e unha literatura croata, desenvolvidas en condicións históricas distintas. Na Idade Media (e máis tarde, ata finais do s XVIII), a literatura culta serbia consistiu, esencialmente, en escritos de carácter relixioso, iniciados polos discípulos dos xermanos Cirilio e Metodio, evanxelizadores dos pobos eslavos. A lingua destes escritos é o eslavón, cunha transición gradual cara ao serbocroata, e de grafía cirílica (glagolítico). A partir do s XIV, en Croacia, rexión católica, o eslavón foi substituído polo latín. Unha evolución á parte ten a cidade croata de Ragusa (actual Dubrovnik), como tamén outras cidades de Dalmacia (posesión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, na cordilleira Penibética (2.988 h [2001]). Destaca a elaboración de aceite e xabón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Brancarense. Establecéronse entre os ríos Miño e Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO