"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das reaccións en que unha molécula monomérica se converte nun polímero. Existen dous tipos fundamentais de polimerización: por condensación e por adición. A polimerización por condensación, ou policondensación, ten lugar a través da interacción entre pares de grupos funcionais pertencentes a dúas moléculas diferentes con eliminación dunha molécula pequena, e o polímero formado contén grupos funcionais non presentes nas moléculas do monómero. A polimerización por adición ten lugar mediante a interacción de enlaces múltiples presentes nas moléculas do monómero, e o polímero resultante ten a mesma composición ca o monómero do que procede. Deste tipo son a polimerización vinílica, en que o monómero é un derivado do etileno, a polimerización diénica, en que o monómero é un derivado do 1,3-butadieno, e a polimerización a través de enlaces múltiples entre átomos de elementos distintos. Un terceiro tipo xeral...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transferencia do pole desde os estames ata os pistilos. Se o pole provén da mesma flor, hai autopolinización, e se procede doutras flores, hai polinización cruzada, que ofrece máis posibilidades de recombinación xénica. Hai diversos axentes polinizadores como o vento, a auga e algúns animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación da dotación cromosómica dunha célula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de politizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración mecánica das partes moles dos vexetais, ata reducilas ao estado de polpa.
-
-
contaminación.
-
Emisión de esperma sen coito nin estímulo externo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxura organizada por un grupo de católicos ingleses contra Xaime I de Inglaterra. Pretendían voar o Parlamento o día da sesión inaugural (5 de novembro de 1605). Robert Catesby e catro conspiradores máis, co fin de enfrontar a intolerancia relixiosa, escavaron un corredor debaixo de Westminster, onde colocaron máis de 20 barrís de pólvora, pero o seu complot foi descuberto a véspera, e os organizadores xulgados e executados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do nome latino Pontius, que pode derivar do numeral osco pomtis, análogo ao latín quinque ‘cinco’, ou do sabino pompe ‘cinco’, de onde vén Pompeo. Outra hipótese sinala a palabra pontus ‘mar, onda’ ou ‘mariño, o que pertence ao mar’. Ademais da creación do apelido Pons, converteuse en nome común coa forma poncio que, familiarmente, significa ‘gobernador dunha provincia, persoa importante a escala local’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Padeceu martirio durante as persecucións de Decio e Valeriano. Refuxiouse en Cimiez e encerrárono xunto con dous osos que se deitaron aos seus pés. Segundo a paixón lendaria do s VI, foi bautizado polo Papa Ponciano. Morreu decapitado. Viste como patricio romano e porta como atributos un libro e un coitelo, ou un ídolo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Velley. Foi monxe cartuxo e cóengo en Lyon. Viste as roupas episcopais co hábito branco dos cartuxos por debaixo. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 260) Diácono. Foi discípulo de san Cibrán de Cartago e acompañou o seu bispo no exilio durante a persecución de Valeriano. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
-
-
Acción de ponderar.
-
Calidade de ponderado.
-
Procedemento estatístico polo que se lle outorga a cada elemento dunha serie un coeficiente en función da súa importancia dentro do conxunto dos valores observados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamentos entre as tropas invasoras francesas e os labregos. A depredación que practicaban os franceses a comezos de 1809 na rexión comprendida entre Betanzos e Ferrol, esixindo contribucións de cebada, palla, trigo e viño, e tomándoo pola forza no caso de non recibilo, provocou a resistencia dos labregos, que adoptaron o sistema de guerrillas. O día 6 de febreiro capturaron algúns soldados franceses das tropas do mariscal Ney e queimáronos en Andrade (Pontedeume). Entre o 20 e o 21 de febreiro de 1809 os habitantes da zona realizaron un ataque durante a noite e mataron a todos os oficiais e á tropa francesa. Posteriormente enterráronos nos piñeirais, mentres que os cabalos foron conducidos ata Ribadavia e entregados ao marqués de La Romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontevedra. Datada no último terzo do s XIX, foi realizada por A. e Domingo Rodríguez Sesmero. De planta rectangular, elévase sobre un podio con escaleira de acceso na fachada principal e na posterior. Construíuse en estilo renacentista con reminiscencias barrocas e clasicistas, e ten un xogo de entrantes e saíntes que lle dá á fachada sensación de movemento. No corpo central ten columnas con capiteis xónicos na planta baixa e dóricos na parte superior, e arcos de medio punto en fiestras e portas. Este corpo remata en claraboias e un frontón triangular en que se sitúa o escudo da Deputación Provincial de Pontevedra.
-
-
Relativo ou pertencente a un pontífice ou ao papa.
-
Academias pertencentes á curia romana. En 1603 fundouse a Pontificia Accademia delle Scienze; en 1701 a Pontificia Accademia Ecclesiastica; en 1879 a Pontificia Accademia Cultorum Martyrum; e en 1994 a Pontifica Accademia per la Vita e a Pontificia Accademia delle Scienze Sociale.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de popularizar ou popularizarse.
-
-
-
Parte dunha cousa, separada ou non do total.
-
Parte separada dun todo que toca a alguén nunha distribución.
-
-
Prebenda nunha igrexa catedral ou mosteiro, que tiña a súa renda na mesa do cabido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de porfirizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade sen ánimo de lucro con sede na Coruña, fundada en 1983 como asociación. En 1987 constituíuse como fundación e, ao ano seguinte, foi declarada Cultural e de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a protección e o fomento das ideas de liberdade e tolerancia, o respecto aos dereitos humanos e o apoio ao progreso de Galicia en todos os campos.
-
GALICIA
Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Plasencia e provisor e vigairo xeral nesta diocese. En 1907 foi arcipreste capitular na diocese de Lugo, da que tamén foi vigairo xeral. Publicou Historia eclesiástica acomodada para servir de texto en los seminarios (1894-1895), Manual de gobierno de las monjas y religiosas en España (1907), Crónica de la octava peregrinación española, primera hispanoamericana a Tierra Santa y Roma (1911), Vida y pontificado del Ilmo. Sr. doctor don Pedro Casas y Souto, obispo de Plasencia (1911) e El Coro de la Catedral de Lugo (1915).
VER O DETALLE DO TERMO