"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Concepto que a teoloxía ortodoxa ten da catolicidade da Igrexa e que especifica o carácter colexial, conciliar e litúrxico de comunidade de fe e o carácter de unanimidade na formulación da fe ou infabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especialista en historia moderna e contemporánea, das súas publicacións destacan La révolution Française (1964), Les sans-culottes Parisiens de l’an II (1958) e La société Française dans la seconde moitié du XVIIIe siècle (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas tiras de carne tenra e musculosa dun animal despedazado, que están entre o lombo e as costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo sorabo.

    2. Individuo do pobo sorabo.

    3. Pobo eslavo occidental que se asentou, desde o s VI, no curso superior do río Elba. Sometidos polo Emperador Conrado II durante o s XI, no s XII integráronse en Bohemia. Tamén coñecidos como serbios de Lusacia, repartíronse entre Brandenburgo e Saxonia constituíndo unha entidade étnica e cultural diferente á da estirpe xermánica.

    4. Lingua eslava occidental do phylum indoeuropeo que se fala na rexión de Lusacia e comprende o sorabo occidental, falado na zona de Muzakov, o alto sorabo, en Bautzen, e o baixo sorabo, en Cottbus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sorber unha vez.

    2. Pequena cantidade de líquido que se sorbe dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo francés. Foi cóengo de París e chanceler da universidade, e fundou o colexio de teoloxía (1257) chamado despois La Sorbonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento público de ensino superior de París. O centro acolle a École des Chartes e desde 1968 é sede das universidades París I (Panthéon-Sorbonne), París III (Sorbonne nouvelle) e París IV (París-Sorbonne). Fundado en 1257 por Robert de Sorbon, era un simple colexio ou pensionado para mestres e estudantes pobres. Adquiriu rapidamente unha grande influencia e converteuse no centro das deliberacións xerais da facultade de Teoloxía. Foi pechada durante a Revolución Francesa, e en 1802 acolleu os artistas que antes se reunían no Musée du Louvre. En 1821 foi destinada a centro da Université París e a facultade de Teoloxía foi suprimida en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetohexosa que se obtén por fermentación de sorbitol e que se emprega na síntese industrial da vitamina C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pirata. Foi contrabandista nas rías galegas e dirixiu o motín do bergantín brasileiro Defensor de Pedro, do que era segundo contramestre, e que rebautizou co nome de Burla Negra. Entre o 19 de febreiro e o 8 de abril de 1828 apreixou 4 barcos ingleses, 1 americano e 1 portugués. Tras dirixirse a Pontevedra e A Coruña para vender o botín, embarrancou na praia gaditana de Santa María. Detido en Xibraltar, foi xulgado por autoridades británicas e aforcado por pirataría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de plantas herbáceas e arbustivas que forman os estratos inferiores do bosque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Promontorio de Ática, situado na parte SL da rexión, diante do antigo mar de Mirto. É un cantil rochoso duns 60 m de altura que forma unha península de 1 km de longo, unida por un istmo duns 400 m. Está coroado polo templo de Poseidón, do que quedan 12 columnas e unha parte do pórtico e da arquitrabe do pronao. Data, probablemente, do tempo de Pericles (s V a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutorado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación céntranse na lírica galego-portuguesa, na edición de textos medievais e do s XVII, coa edición de textos como Crónica de Santa María de Iria / [atribuida a] Rui Vasques (2001), ou, en colaboración, Livro de Tristan e Livro de Merlin (2001), na dialectoloxía histórica “Do luns à sexta-feira, contribuiçom ao estudo do sistema dos dias da semana na história e na actualidade” (1993); e, sobre todo, na pesquisa de antigos documentos galego-portugueses, dos que destaca o descubrimento do que parece ser, ata o momento, o documento en galego-portugués con datación máis antiga; o Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?), publicado en Nas origens da expressão escrita galego-portuguesa. Documentos do séc. XII (2003), e uns dos de datación máis antiga en Galicia, Venda dunha herdade en Sequeiros (1231), publicado en “Dinâmicas da escrita romance...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do extremo meridional de Calabria, Italia, situado na costa do Mar Xónico, nunha prolongación oriental do Aspromonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aos 18 anos conseguiu o título de gran mestre e foi campión mundial xuvenil (Anveres, 1955). En 1962 foi campión, por primeira vez, da URSS. En 1969 gañou o campionato mundial, que perdeu na primeira defensa que fixo en 1972, ante o estadounidense R. Fisher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo portugués creado o 13 de setembro de 1908 coa fusión do Sport Clube de Benfica e do Sport Lisboa. En fútbol foi en 31 ocasións campión de Liga, 24 da Taça de Portugal e dúas veces campión de Europa (1960-1961, 1961-1962). Xoga no Estadio da Luz de Lisboa e viste camiseta vermella e pantalón branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, co tronco longo e esvelto recuberto por unha pelame de cor castaña. Vive en zonas de estepa árida e bosque claro de África, desde o cabo de Boa Esperanza ata o Zambeze. OBS: Tamén se denomina antílope saltador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Xefe do partido agrario búlgaro, foi encarcerado pola súa oposición á Primeira Guerra Mundial. Ao seu remate foi nomeado xefe do Consello de Ministros (1919). Derrocado por un golpe de estado (1923), foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Deputado en 1881, accedeu á presidencia da cámara (1884) como xefe de partido nacional liberal. Rexente, logo da abdicación de Alexandre de Battenberg (1886), favoreceu a investidura de Fernando de Saxonia-Coburgo (1887), que o nomeou presidente do Consello de Ministros (1887-1894), onde executou unha política ditatorial no interior, e no exterior opúxose a Turquía e a Rusia. Destituído (1894), foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, duns 60 cm de alzada, cos cornos rectos, rabo curto e pelame gris amarelento ou vermello no lombo e moi claro na rexión ventral. Vive en rabaños de poucos individuos nos prados de África meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO