Soúnion, cabo ou cabo das Columnas

Soúnion, cabo ou cabo das Columnas

Promontorio de Ática, situado na parte SL da rexión, diante do antigo mar de Mirto. É un cantil rochoso duns 60 m de altura que forma unha península de 1 km de longo, unida por un istmo duns 400 m. Está coroado polo templo de Poseidón, do que quedan 12 columnas e unha parte do pórtico e da arquitrabe do pronao. Data, probablemente, do tempo de Pericles (s V a C).