Temas

Santo Adrián

Cabo do litoral atlántico situado fronte ás illas Sisargas, na parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo.

Máis >
Boeo, cabo ou cabo Lilibeo

Cabo situado no extremo occidental de Sicilia, Italia, onde se atopa a cidade de Marsala. Os romanos chamárono Promontorium Lilybaeum.

Máis >
Bojador, cabo

Cabo do Sáhara Occidental. No s XV, a época dos grandes descubrimentos xeográficos, foi considerado como o límite da expansión castelá en África.

Máis >
Boa Esperanza, cabo de

Cabo de Sudáfrica, á beira do Atlántico, na península do Cabo. Descuberto por Bertomeu Díaz en 1486, Vasco da Gama dobrouno por vez primeira en 1497.

Máis >
Farewell

Cabo de Nova Zelanda que constitúe o extremo setentrional da Illa do Sur.

Máis >
Roca, cabo da

Promontorio litoral, o máis occidental da Península Ibérica (9° 30’ de lonxitude O), situado en Portugal, ao O de Lisboa.

Máis >
Flattery

Cabo da costa do Pacífico, no estado de Washington, EE UU, que constitúe o límite meridional do estreito de Juan de Fuca, diante da illa de Vancouver.

Máis >
Tres Forcas, cabo

Cabo do litoral mediterráneo situado na costa de Marrocos, fronte ao illote de Alborán.

Máis >
Silleiro, cabo

Cabo do litoral atlántico que forma o promontorio máis noroccidental do concello de Baiona, na parroquia de Baredo, e marca o límite S das Rías Baixas. Conta cun faro, importante referente para o elevado tráfico marítimo da zona.

Máis >
San Cibrao, cabo de

Cabo do litoral cantábrico, situado entre a ría de Lieiro e a punta Portela Centoleiro, na parroquia de Lieiro (Cervo).

Máis >
Loading