"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Fermento para a masa do pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alto funcionario real. En 1546 Carlos I nomeouno comendador maior de Castela na orde de Santiago. En 1561 nomeárono embaixador en Roma e en 1568 conselleiro de Xoán de Austria, co que participou na campaña contra os mouriscos de Granada (1569) e na Batalla de Lepanto (1571). Foi gobernador de Milán (1571-1573) e substituíu ao duque de Alba como gobernador dos Países Baixos (1573), onde adoptou unha política moderada. Foi derrotado en Leiden e Middelburg polas tropas de Luís de Nassau pero venceunas en Mook (1574). Tivo que pactar coas tropas españolas amotinadas en Anveres e non conseguiu convocar uns estados xerais e pacificar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Petición ou solicitude que se fai a alguén.

    2. Esixencia, reprimenda ou reproche que se fai a alguén por algo que fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de combatentes que participaron a favor da causa carlista durante as Guerras Carlistas. Aplicouse, especialmente, aos grupos armados carlistas que, organizados en terzos, participaron na Guerra Civil Española (1936-1939) a favor do bando franquista.

    2. Individuo que pertence a este grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei suevo de Galicia (448-456), fillo e sucesor de Requila. Proseguiu a política de seu pai de enfrontamento cos romanos e visigodos, e converteuse ao catolicismo en 449, de forma que uniu a suevos e galegos a través da relixión. Aliouse co xeneral romano Basilio contra os bagaudas da Tarraconense, territorio que invadiu en 455, despois de non recoñecer a Avito como emperador. O aliado deste, o Rei Teodorico II, derrotouno preto de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muíños baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten planta rectangular co presbiterio sinalado en altura. No interior conserva o retablo do altar maior e o do Santo Cristo. O edificio destaca sobre todo pola decoración da súa fachada, enmarcada por pilastras rematadas en cornixas sobre as que se sitúan os pináculos. Remata con espadana de corpos decrecentes e pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de requichar.

    2. Que é pequeno pero fachendoso.

    3. Que está erguido ou de punta, en particular o rabo ou as orellas dun animal.

    4. Aplícase ao nariz coa punta curvada cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erguer ou botar cara a atrás o rabo ou as orellas os animais.

    2. Levantarse algo polas beiras.

    3. Andar con aire de fachenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ás cabaleirolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pregaria latina, que comeza coa frase Requiem aeternam dona eis, Domine (Dálles, Señor, o repouso eterno). Extraída do apócrifo Libro IV de Esdras, rézase como antífona ao final dos salmos ou como conclusión do oficio de defuntos, ou tamén como introdución da misa de defuntos.

      2. Misa de defuntos, chamada tamén misa de réquiem, que comeza coa introdución Requiem aeternam, e que se celebra con ocasión de funerais, de cabodanos e na conmemoración dos defuntos.

    1. Composición musical elaborada sobre o texto da oración homónima e da misa de defuntos. Destacan a Missa pro defunctis gregoriana, anónima, e as realizadas por Giovanni Pierluigi da Palestrina, Tomás Luis de Vic22toria, Johann Wolfgang Amadeus Mozart, Luigi Cherubini, Robert Alexander Schumann, Johannes Brahms, Giuseppe Verdi ou Krzysztof Penderecki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei suevo de Galicia (441-448), fillo e sucesor de Hermerico. Asociado ao trono nos últimos anos do seu pai, ao sucedelo continuou a súa política expansionista e realizou incursións a Lusitania e a Bética. Tomou Mérida (439) e Sevilla (441) e chegou a dominar case toda Andalucía e parte de Murcia e València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formalidade innecesaria que se fai antes de tratar un problema.

    2. Ornamento excesivo e innecesario. OBS: Nas dúas acepcións emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento tradicional galego semellante á frauta traveseira. Feita de madeira, tradicionalmente buxo, conta con sete furados, o no extremo cunha chave chamada clave. Ten forma cónica inversa, tomada das traveseiras barrocas, que permite a afinación das notas da escala aguda coas notas da escala grave e foi tomada das traveseiras barrocas. Está formada por cinco partes (pechos): a embocadura ou pecho dos beizos, onde está situado o furado polo que se introduce o aire mediante unha posición especial dos beizos e que no seu extremo conta cun tapón para a afinación; o barrilete, que é unha peza cilíndrica que se emprega para afinar a requinta; o terceiro pecho, en que se sitúan tres furados que se accionan coa man esquerda; o cuarto pecho, onde van outros tres furados para a man dereita; e o pecho da chave, que leva unha chave que se acciona co dedo mainiño da man dereita. A requinta, tradicionalmente, está afinada na tonalidade de fa sostido, o que permite tocar a dúo con gaitas en si natural,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de requintar.

    2. Que mostra refinamento e delicadeza extremas.

    3. Que está adornado en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter algo a un proceso para facelo máis fino e mellorar o seu aspecto e calidade.

    2. Facerse alguén máis delicado no seu comportamento e actitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de requintar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Clarinete de pequeno tamaño (42,9 cm) que está afinado en mi bemol.

      2. Persoa que toca o requinto.

      1. Recargo engadido ao quinto que supoñía a quinta parte do mesmo.

      2. Servizo extraordinario imposto en tempos de Filipo II aos indios de Perú e a outras colonias que supoñía a quinta parte das súas contribucións ordinarias.

    VER O DETALLE DO TERMO