"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Parte noroccidental do Océano Índico, entre a costa occidental da India, a costa S de Arabia e Somalia (7.500.000 km2). Abrangue o golfo de Adén, que o comunica co Mar Vermello e o golfo de Omán, que o une co Golfo Pérsico. A temperatura e a salinidade son elevadas, e as augas pouco profundas. Os principais ríos que desembocan nel son o Indo, o Narbada e o Tapti, e os portos máis importantes Bombai, Karachi e Adén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trust norteamericano fundado en 1933 pola Standard Oil of California (30%), a Standard Oil New Jersey (30%), Texaco (30%) e Socony Mobil Oil (10%), para a extracción de petróleo en Arabia Saudí ata o ano 1999. En 1980 o goberno árabe adquiriu a totalidade do capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos polisacáridos formados por unidades de arabinosa e galactosa. As arabinogalactanas extraídas de certos salgueiros (polímeros moi ramificados, de peso molecular 70.000-90.000, solubles en auga) utilízanse industrialmente como dispersantes e emulsionantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Khūzistān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que arabiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e político. Foi deputado liberal no 1830 e líder dun grupo de extrema esquerda. Presidiu o Consello Xeral do Sena e foi membro do Goberno Revolucionario Provisional (1848) e ministro do Interior e de Mariña da Segunda República; aboliu a escravitude das colonias francesas. Xunto con Biot proseguiu a medición do arco do meridiano de París, iniciada polo astrónomo Méchain. Foi elixido académico aos 32 anos. Director do Observatorio de París (1830) e secretario perpetuo da Académie des Sciencies, descubriu os fenómenos da polarización rotatoria nos cristais de cuarzo, e os da polarización cromática; explicou o escintileo das estrelas segundo o principio das interferencias; determinou exactamente o diámetro dos planetas neutralizando o efecto da irradiación; descubriu a cromosfera solar e a polarización da luz difundida pola Lúa; detectou o chamado punto de Arago, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol nos que a radiación difundida celeste ten polarización nula...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Montalto. Fillo natural de Fernando I de Nápoles e Diana Guardato. No 1497 recibe os feudos que pertenceran a Gian Francesco Sanseverino, perdidos no 1507 a favor de Roberto Sanseverino. Non obstante , foi sempre fiel á Casa Real de Nápoles. Casou con Castellana de Cardona, irmá do vicerrei de Nápoles Ramón de Cardona. En 1529, Carlos V nomeouno lugartenente xeral do Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Ribagorza (1485-1512). Foi educado conxuntamente co seu tío, futuro Fernando II, quen o situou sempre en cargos de confianza. Lugartenente do Principat de Catalunya (1496-1506), sucedeu ao Gran Capitán no vicerreinado de Nápoles (1507-1509) e foi elixido capitán xeneral e lugartenente xeral da Coroa de Aragón (1512).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Un dos primeiros industriais do cine catalán. Fundou, xunto con Antoni Pujol, os laboratorios Fotofilm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre galega, da familia dos condes de Deza, sobriña de santa Ilduara e tía de san Rosendo. Sendo nova casou con Ordoño II, Rei de Galicia entre os anos 910-914 e logo de León, quen non tardaría en repudiala. Daquela, Aragonta retirouse ao mosteiro de Salceda de Caselas, onde levou unha vida relixiosa e edificante, baixo a dirección espiritual do seu parente, santo Hermenexildo. Antes de morrer envioulle un recado ao seu sobriño san Rosendo coa fin de que acudise ao mosterio para axudala a pasar o tránsito da morte pero, segundo a lenda, xa non tivo tempo a chegar: cando estaba preto da Franqueira escoitou unhas voces celestiais que cantaban o Gloria; con este aviso divino san Rosendo decatouse de que a súa tía acababa de morrer. O culto de santa Aragonta, centrado na zona do Baixo Miño, foi especialmente mantido pola orde bieita, non obstante non figura no santoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural privada constituída no 1984, en memoria do matrimonio formado por María Schnackig e Constantino Martínez. Rexida por un padroado presidido por Ghaleb Jaber Ibrahim, a fundación ten por obxectivo impulsar e dar a coñecer a cultura galega, así como promover o desenvolvemento do sector audiovisual mediante a organización de cursos, ciclos de conferencias, seminarios, concertos e outras exposicións artísticas. Entre as exposicións, destacan: Bienal Internacional de Pintura e Escultura, Mostra de Arte Galega Contemporánea, Exposición de pintura antiga (1989) e Exposicións na sala da fundación; entre as conferencias, cómpre citar: Seminario Regional Europeo, Conferencia sobre a UE e a moeda únicas, Conferencia sobre cultura e a realidade Palestina, Curso de Guinización para Televisión e Cine, Seminario sobre Audiencia de Medios. Participa no financiamento de investigacións e convocatorias de premios como o Premio Araguaney de Ouro. En 1991 editou o libro Ofrenda dos poetas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (36.778 km2; 2.482.000 h [estim 1994]). A capital é Sittwe (ou Akyab).   Sometido á influencia india durante o s IX, no s XI foi incorporado á Birmania unificada baixo Anawratha. A partir do s XV converteuse en reino independente, pero en 1785 foi novamente anexionado a Birmania. Despois da primeira guerra anglo-birmana (1826) fusionouse coa Baixa Birmania Británica (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Myanmar. Esténdese en dirección N-S desde o estado de Manipur, na India, ata o curso baixo do Irauadi e entre este río e o golfo de Bengala, formando unha barreira climática que evita a penetración do monzón do SO no centro do país. Alcanza os 3.035 m de altitude no monte Vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Hangaj Setentrional] Ajmag de Mongolia (55.000 km2; 105.000 h [estim 1997]). A súa capital é Cecerleg (14.700 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irano-turaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Val de Arán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e pintora autodidacta. Dedicouse á docencia e, posteriormente, exerceu como funcionaria na Xunta de Galicia. Colaborou en numerosas revistas (Galicia en Madrid, Poesía Galicia, Arte Galicia) e publicou o poemario Faíscas do Tempo (1987). En 1988, Elisa Vázquez de Gey incluíuna no libro Queimar as meigas. Galicia: 50 años de poesía de mujer. En castelán publicou os poemarios Entre dos luces (1997) e Diálogos con el mar (1997). É autora da letra do himno de Sada (1998) e como pintora expuxo individual e colectivamente dende 1982. En 1999 recibiu o II Premio de Fotografía da Autoridade Portuaria da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da superorde das aranas.

    2. Superorde de plantas da subclase das arécidas á que pertence a orde das arais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación común dos artrópodos da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos, e que engloba unhas 35.000 especies. As arañas distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría das arañas presentan oito ollos, especialmente desenvolvidos nas especies diurnas que cazan sen arañeiras, e reducidos en tamaño e número, ou mesmo ausentes, noutras que non dependen da visión para a captura das presas. A maioría das arañas presentan os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. Non obstante só se coñecen seis especies perigosas para o ser humano, polo que a inmensa maioría delas resultan inocuas e altamente beneficiosas como controladoras naturais dos insectos. As patas están dotadas de pelos sensitivos e dos chamados órganos liriformes, con función quimiorreceptora. O sentido olfactivo localízase nas xunturas do rostro e dos pedipalpos. No opistosoma sitúanse uns órganos denominados fieiras, en número...

    2. Peixe de corpo alongado e comprimido lateralmente que pode acadar arredor dos 40 cm de lonxitude, de cores prateadas, con raias oblicuas e escuras nos flancos. Ten a cabeza comprimida, a boca grande disposta de forma oblicua e a zona superior do ollo protexida por dúas espiñas. Presenta de 4 a 7 radios espiñentos provistos de glándulas velenosas na primeira aleta dorsal, que é máis curta ca a segunda aleta dorsal e a anal, cunha mancha negra; tamén teñen algúns aguillóns velenosos nos opérculos. Atópase nas augas costeiras de Galicia, onde se enterra nos fondos areosos mediante movementos da aleta anal. Aliméntase de peixes e pequenos invertebrados, como os camaróns.

      1. Crustáceo decápodo de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax, e as primeiras extremidades en forma de quelípodos. Son de cor vermella con liñas azuis transversais. Viven no Atlántico en fondos rochosos, dende a franxa infralitoral ata os 600 m de profundidade.

      2. centola.

      3. araña de mar

        Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia. Viven nas zonas litorais, entre rochas e algas.

    3. Lámpada de teito que dispón de pezas de cristal colgadas dos brazos, a semellanza dunha araña.

    4. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos sempre que sexa necesario facer reformas ou reparacións importantes, sen deixar de alimentar o sector da rede correspondente.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes, especialmente os empregados para soster os chinchorros.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO