Arán Trillo, Teresa

Arán Trillo, Teresa

Poetisa e pintora autodidacta. Dedicouse á docencia e, posteriormente, exerceu como funcionaria na Xunta de Galicia. Colaborou en numerosas revistas (Galicia en Madrid, Poesía Galicia, Arte Galicia) e publicou o poemario Faíscas do Tempo (1987). En 1988, Elisa Vázquez de Gey incluíuna no libro Queimar as meigas. Galicia: 50 años de poesía de mujer. En castelán publicou os poemarios Entre dos luces (1997) e Diálogos con el mar (1997). É autora da letra do himno de Sada (1998) e como pintora expuxo individual e colectivamente dende 1982. En 1999 recibiu o II Premio de Fotografía da Autoridade Portuaria da Coruña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fisterra