"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor ucraíno, nacionalizado norteamericano (1928). Viviu en París e, dende 1923, nos EE UU. A partir de 1920 traballou na evocación de figuras humanas mediante a construción de ritmos xeométricos. É un dos principais representantes da investigación cubista na escultura. En 1922 retornou a un depurado clasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito xeral da documentación procedente dos organismos do estado francés, radicado en París. Creado durante a Revolución pola Asemblea (1789), ampliouse despois (1790) á categoría de arquivo nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na Serranía de Ronda, regado polo Guadalturón (3.030 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto malagueño de arte rupestre paleolítica. As figuras das cervas e dos cabalos son as máis representadas do conxunto de gravados e pinturas, aínda que tamén aparecen outros animais, así como diversos signos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo físico que sostivo que os grupos aborixes indios chegaron a América a través das illas Aleutianas e Alasca, procedentes de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Gipuzkoa, País Vasco (6.147 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, escritor, tradutor e ensaísta. Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo, organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma (Vigo). Traballou na Fundación Penzol e foi xerente da editorial Galaxia. Foi tamén colaborador na prensa diaria (El Progreso) e revistas (Grial).
    É autor, entre outros, dos seguintes títulos: A lingua galega na escola (1970); Lecturas galegas (1972); A escola rural en Galicia (1975); Lois e Sabela (1983); Catro nenos (1984); En galego sen erros (1991); Prontuario ortográfico de galego (1993). Traduciu ao galego entre outros títulos: A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo da orde dos dominicos. Foi profesor de Ciencias Naturais (1886-1898) e de Teoloxía no convento dominico de San Estebán de Salamanca, e despois en Roma. Interesado primeiramente pola apoloxética (El diluvio universal, demostrado por la geología (1891) e La evolución y la filosofía cristiana), rematou por se dedicar á especulación mística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, xornalista, filósofo e político. Trasladado a Madrid por estudios, coñeceu a Pi i Margall e Castelar, e colaborou con artigos de economía política no xornal La Discusión e cunha serie titulada “La moralidad de la mentira” no xornal El Trabajo. De regreso a Pontevedra escribiu nos xornais El Progreso e El Derecho, entre outros. Deputado a Cortes por Pontevedra (1873), seguiu participando na redacción de varios xornais. Publicou Discusiones sobre la Metafísica (1879) e contos e novelas curtas como La serenata de Shubert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en francés. Cultivou a poesía, o teatro, o ensaio, etc, pero sobre todo a novela, dotada dunha grande imaxinación. Cómpre salientar as súas obras Indide 33 (1921) e Le siège de Syracuse (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrónico italiano. Estudiou en Turín e foi catedrático de radiotelegrafía e consultor científico da Mariña italiana, á cal dedicou os seus inventos. Ocupouse da dirixibilidade das ondas radioeléctricas. En 1907, patentou o radiogoniómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización segregada da Asemblea Nacional-Popular Galega logo da expulsión en abril de 1976 dalgúns militantes da Unión do Pobo Galego (UPG). Creada en outubro de 1976, a organización abranguía no Nadal dese ano once bisbarras: Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Arousa, O Barbanza, Monforte, O Morrazo, O Salnés e Pontevedra. Celebrou o seu primeiro congreso en Vigo o 19 de decembro de 1978 cun cento de asistentes. Os seus principios organizativos eran autoorganización, democracia interna e aceptación de militancia para as plataformas que se integrasen na asemblea. Dedicouse á organización dunha central sindical galega e a apoiar os movementos agrario e mariñeiro. En marzo de 1977 afirmaba os seus obxectivos electorais, propoñendo o apoio a aquela candidatura que se concretase nun programa federalista e de esquerdas. No plano cultural a Asamblea Popular Galega tentou levar adiante un Congreso da Cultura Galega. No verán de 1977 impulsou a creación das Iniciativas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouse en Compostela en 1977 co obxectivo de analizar as problemáticas do mundo teatral e superar as diferencias derivadas da escolla e da filiación ideolóxica. Constitúe unha das primeiras iniciativas de asociacionismo de grupos e compañías, e a súa actividade serviu para normalizar e promover a comunicación e o encontro entre os colectivos teatrais do país que, naquela altura, iniciaban a aventura da profesionalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sete reunións celebradas durante un período de doce anos (1908-1919) en distintas vilas galegas: Monforte de Lemos (1908, 1910 e 1911), en Ribadavia (1912 e 1913), en Redondela (1915) e a última na Coruña (1919), e que constituíron fitos fundamentais nas discusións do Agrarismo galego. En conxunto, nestas asembleas tratábase de elaborar unha serie de medidas para o cambio da estrutura agraria do momento, aínda afogada polos foros, o atraso técnico, a baixa produtividade e a escasa integración no mercado. As tres primeiras, celebradas en Monforte, constituíron un bloque común; nelas reuníronse os representantes das diferentes organizacións agraristas -Unión Campesina, Directorio Antiforista de Teis, Solidaridad Gallega-, cos seguintes obxectivos: desaparición do foro e das aparcerías do gando; supresión dos aranceis do millo; seguros para o gando e vacinación do mesmo; préstamos para adquirir gando; supresión do foro mediante a redención; control dos concellos, co fin de lograr...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO