"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal editada en La Habana a partir do 3 de xuño de 1909. Voceira das Sociedades Gallegas de Instrución, foi dirixida por Casimiro Fernández. Ademais da información societaria, incluíu tamén artigos de carácter cultural, xunto con algunhas colaboracións literarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña a partir do 1 de abril de 1917. Nos seus inicios subtitulouse “Diario católico, regionalista e independiente”, de acordo cos principios do seu fundador, o sacerdote Xosé Toubes Pego. Veu encher o oco deixado polo periódico católico El Eco de Galicia, destruído por un incendio. En 1931 incorporouse ao grupo da Editorial Católica, propietaria de El Debate, do diario Ya e da axencia Logos, entre outros medios de comunicación. Durante a Segunda República (1931-1936) sufriu a acción da censura. Nese mesmo período serviu como apoio da CEDA, defendeu a opinión da Igrexa Católica e a acción da alta burguesía de Galicia. No período de posguerra seguiu mantendo a súa orientación ideolóxica e mantivo unha estreita relación co goberno franquista, xa que moitos membros do seu consello de dirección pertencían a diversas institucións e cargos públicos. Ao longo da súa traxectoria editorial, dirixírono: Alfredo G. Ramos, Xacobe Varela, Xosé Mª de Santiago,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bisemanal editada en Vigo a partir do 14 de abril de 1911. Cesou o 14 de novembro de 1914 (nº 46). Subtitulouse “Revista de literatura, ciencias, artes y salones”. Fundada por Ramiro Vieira Durán, incluíu artigos de carácter histórico, literario e costumista, ademais de biografías de poetas, parlamentarios e intelectuais galegos. No apartado literario, cómpre salientar un importante número de composicións poéticas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir do 1 de outubro de 1954. Subtitulouse “Revista de Galicia para España y América”. Dirixida por Emilio Canda, contou coa colaboración de destacados intelectuais galeguistas, como R. Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde. No seu primeiro número reproducíronse os Seis poemas galegos, de Federico G. Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
inalienable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1986. Dirixida por Víctor Martínez de las Heras, incluía crónicas e noticias referidas á actualidade de Vigo e de Galicia, ademais de información sobre saúde, política, economía, espectáculos, deportes e cultura. Inseriu tamén numerosas entrevistas a persoeiros políticos, economistas, deportistas e intelectuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo cultural do Centro Gallego de Bos Aires. Conta cunha biblioteca de máis de 20.000 volumes e un coro polifónico. Organiza conferencias, cursos gratuítos de lingua galega, historia, arte e xeografía de Galicia e edita libros e discos de temática galega, ademais de manter o programa radiofónico Galicia en América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión nacida en Bos Aires en 1942 coa finalidade de coordinar as sociedades e asociacións galegas. Funcionou ata 1970 e organizou diversos actos políticos, como a celebración do 18 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (9.492 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A cidade foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1967. Destacan o dolmen de Toniñuelo (BIC, 1931) e os restos da antiga fortificación medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame organizado polo concello de Bueu desde 1995, que ten por obxectivo honrar a figura de Xosé Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, ao mesmo tempo que fomenta a cultura literaria en lingua galega.
-
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (1.693 km2; 779.774 h [2001]). A súa capital é Kegalle (15.015 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.
-
PERSOEIRO
Explorador francés. Navegou pola rexión dos Grandes Lagos e máis tarde polo Mississippi, ata o golfo de México. Volveu a Francia desde onde dirixiu unha nova expedición ao golfo de México. En 1783 editouse o Journal historique du dernier voyage de feu M. de la Salle.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada, editada en La Habana a partir de xaneiro de 1914. Cesou a súa edición ao redor de febreiro de 1917. A súa tendencia era anticaciquil, polo que estivo próxima a Acción Gallega. Dirixida por Juan V. Martínez, exerceu como voceira das sociedades galegas de instrución en América. Ademais, incluíu temas culturais e pedagóxicos, abundantes poesías e narracións, relatos de viaxes e notas de carácter histórico.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Fixo estudios de tipo fotométrico e aplicounos á coroa solar e ás imaxes estrelares. Inventor da cámara electrográfica, foi astrónomo do observatorio de París, profesor do Colexio de Francia e membro da Academia das Ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Obreiro estucador, ingresou en UGT en 1890 e no PSOE en 1894. Formou parte das súas directivas desde 1914 e 1915, respectivamente. Membro do comité de folga de 1917, foi condenado a trinta anos de prisión, pero ao ser elixido deputado por Barcelona en 1918, foi amnistiado. Colaborou brevemente coa Ditadura de Primo de Rivera (1924) e foi ministro de Traballo na Segunda República (1931-1933). Elixido presidente do PSOE (1932-1935) liderou a á esquerda do partido e das Xuventudes Socialistas, e propugnou unha política revolucionaria de fronte obreira. Non conseguiu desbancar a I. Prieto e aos socialistas moderados da dirección do partido, pero conservou o predominio na UGT. Elixido deputado en febreiro de 1936, tralo comezo da Guerra Civil foi xefe dun goberno de Frente Popular desde setembro dese ano e reservouse o ministerio da Guerra. Despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona dimitiu e exiliouse en Francia trala guerra. Apresado polo goberno de Vichy foi...
VER O DETALLE DO TERMO