"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • Tendencia dun suxeito a postergar a realización de algo, xeralmente debida a unha neurose obsesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica que se realiza na córnea para reparar unha perda de substancia corneal ou para practicar un enxerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á queratoplastia.

    2. Que favorece a queratinización das células epidérmicas.

    3. Axente que favorece a cicatrización tras unha intervención de queratoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica que repara unha perda de substancia labial ou unha deformación nos labios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nastia provocada por un estímulo químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ranfástidos.

    2. Paxaro da familia dos ranfástidos.

    3. Familia de paxaros da orde dos piciformes, de 30 a 62 cm, co pico comprimido lateralmente, alto, curvo na punta, máis longo que a cabeza e frecuentemente tanto como o corpo, constituído por un tecido óseo moi esponxoso, coa ranfoteca de cores vivas e as beiras a miúdo dentadas. Son sedentarios, aliméntanse de froita, insectos, pequenos vertebrados e ovos, aniñan nos furados das árbores e son facilmente domesticables. Habitan, en pequenos grupos, nas selvas americanas, desde o S de México ata Paraguay e o N de Arxentina. Reciben o nome común de tucanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Juanita Reina, está considerada un dos mitos da copla española. Das súas cancións destacan “Manuela la de Jerez”, “Compuesta y sin novio” e “Los churumbeles”. Protagonizou os filmes Blanca Paloma (1942), La Lola se va a los puertos (1947) e Lola la Piconera (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora. Doutora en Historia e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en prehistoria. Os seus estudos centráronse na cultura castrexa e a arte rupestre. Colaborou en varias publicacións e das súas obras destacan Guía de los petroglifos de Muros (1984) e Avances sobre a tipoloxía da cerámica castreña, as xerras (1982), escritas en colaboración, e Yacimientos castreños de la vertiente atlántica: Análisis de la cerámica indígena (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro da corrente decorativista, a súa obra partiu da copia de Il Veronese e serviu de transición cara á pintura do settecento veneciano, e en particular cara á de Giambattista Tiepolo. Pintor de gran sona no seu tempo, buscou na súa obra a grandiosidade co emprego dunha escenografía compositiva e un cromatismo moi vivo. Traballou en Venecia, Florencia, Roma, Viena, Londres ou París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reconstitución do apéndice nasal mediante unha intervención cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastián Martínez-Risco Macías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rizomastixinos.

    2. Protozoo da antiga orde dos rizomastixinos.

    3. Antiga orde de protozoos, da clase dos flaxelados, que incluía especies con características ameboides e flaxeladas permanentemente, cun ou máis flaxelos e con pseudópodos do tipo lobópodio ou axópodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Coñecido como Chano Rodríguez, está considerado un dos deportistas parolímpicos máis destacados de España. Membro do Plan Ado, participou nos Xogos Parolímpicos de Sydney 2000, onde bateu as mellores marcas do mundo nos 50, 100 e 200 metros libres, en que obtivo a medalla de ouro, xunto ás dos 4x50 metros libres e 4x50 estilos. En Atenas 2004 bateu a mellor marca do mundo en 50, 100 e 200 metros libres, disciplinas en que conseguiu tres medallas de ouro. Establecido en Vigo, recibiu o premio ao mellor deportista de Pontevedra da Deptación de Pontevedra (2000) e o premio Vigués Distinguido (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo brasileiro. Licenciado en Economía (1968) e doutor en Estatística Económica (1971) en París, traballou en África para a Organización Internacional do Café (1971-1973). Alí decidiu dedicarse á fotografía nas axencias Sygma (1974), Gamma (1975) e Magnum (1979). Viaxou por Europa, América do Sur e África retratando en branco e negro a dignidade humana malia as miserables condicións de vida, a emigración ou a guerra. Cunha predilección polas poboacións marxinais, publicou Otras Américas (1986), Trabajadores (1992), o documental Terra (1997), Éxodos (2000) ou Migraciones (2000). Recibiu o World Press Photo (1985) pola serie Sahel: L’Homme en Détresse e foi o primeiro fotógrafo que obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Licenciado en Dereito Canónico pola Universidad de Comillas de Madrid, foi director da Misión Española en Valenze (Francia) e do Museo Rodera-Robles de Segovia. Cóengo e director do Museo Catedralicio e Diocesano Santos San Cristóbal de Mondoñedo, das súas obras destacan La catedral de Mondoñedo (1975), El monasterio de la Concepción de Mondoñedo (1978), e Museo Santos San Cristóbal (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que se estende polo límite das parroquias de Brigos, Santa Uxía de Asma, Pereira e Camporramiro (Chantada). O seu cumio acada os 743 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Curantes (A Estrada) e Moalde (Silleda). O seu cumio acada os 714 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO