ranfástido -da
ranfástido -da
(< lat científico Ramphastos, xénero de aves)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ranfástidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Paxaro da familia dos ranfástidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de paxaros da orde dos piciformes, de 30 a 62 cm, co pico comprimido lateralmente, alto, curvo na punta, máis longo que a cabeza e frecuentemente tanto como o corpo, constituído por un tecido óseo moi esponxoso, coa ranfoteca de cores vivas e as beiras a miúdo dentadas. Son sedentarios, aliméntanse de froita, insectos, pequenos vertebrados e ovos, aniñan nos furados das árbores e son facilmente domesticables. Habitan, en pequenos grupos, nas selvas americanas, desde o S de México ata Paraguay e o N de Arxentina. Reciben o nome común de tucanos.