Ranger
Ranger
[COSMON]
Primeiro programa norteamericano de exploración automática esencialmente gráfica da superficie lunar, mediante unha serie de sondas cósmicas que levaban o nome do programa, e que transmitiron as imaxes obtidas mentres se aproxiamaban e ata que facían impacto co seu solo. Os Rangers 1 e 2 foron lanzados en 1961 para ensaiar as máquinas e os foguetes. Cos Ranger 3, 4 e 5 intentáronse depositar cápsulas con instrumentos na superficie da Lúa; o Ranger 5 fixo impacto no hemisferio oculto. O Ranger 6, destinado a obter imaxes, foi lanzado en 1964 pero fallou. O Ranger 7 funcionou correctamente e conseguiu imaxes do solo lunar. Os Rangers 8 e 9 cerraron o programa para dar paso ao Surveyor e ao Lunar Orbiter.