"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
GALICIA
Comarca tradicional do extremo oriental da Comunidade Autónoma, que se estende ao S da de Valdeorras nun espazo repartido entre as comarcas administrativas de Valdeorras (concellos do Bolo e da Veiga) e Viana (concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña e A Mezquita). Correspóndese co territorio que historicamente constituíu o condado do Bolo, con sede en Viana. País de elevada alitude media (entre 700 m e 1.000 m), topograficamente se corresponde co corredor que separa as serras do Eixe e Segundeira, ao L, e a serra de Queixa, ao O, erguido sobre unha litoloxía dominada polos xistos e a lousa na que asoman pequenos afloramentos de ollo de sapo e o enorme batolito granítico da Veiga. O relevo, superficie antiga intensamente erosionada, amosa perfís suaves, tónica xeral só interrompida polas incisións fluviais. Os ríos que drenan esta terra pertencen á conca do Bibei, tributario á súa vez do Sil, destacando entre eles o propio Bibei e o Xares. A súa situación montañosa e periférica...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rosca ou torta de doce, típica de Tui, que se fai con fariña, ovos, manteiga e azucre.
-
Tumor ou vulto que se forma nas enxivas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Ourense. As súas armas levan, en campo de goles, un boloardo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Boleardo e Bolo.
-
PERSOEIRO
Impresor de Barcelona. En 1505 adquiriu unha imprenta propia e traballou con Luschner. Publicou o vocabulario latino-catalán de Nebrija (1507) e tamén edicións baratas de libros de grande tiraxe, amais de obras de autores como Ausiàs March, Juan Boscán e Garcilaso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bolboroto.
-
PERSOEIRO
Axudante de dirección e realizador cinematográfico. Estudiou no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Colaborou con Pier Paolo Pasolini na elaboración de guións. Destacou polas súas adaptacións literarias nos filmes Gli innamorati (Os namorados, 1955), L’eredità ferramonti (A herdanza Ferramont, 1976), La storia vera della signora dalle camelie (A verdadeira historia da señora das camelias, 1980) e La villa del venerdí (A vila dos venres, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘aldea e vila’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pobo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas un escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de azul, cunha cruz plana de ouro (ou de prata); segundo cuartel, en campo de ouro, cunha torre de pedra; terceiro cuartel, en campo de prata, cun león rampante ao natural.
-
-
Relativo ou pertencente ao bolómetro.
-
Que se obtén por medio dun bolómetro.
-
Diferencia entre a magnitude bolométrica e a magnitude absoluta visual dunha estrela, que depende da temperatura da estrela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de precisión que permite medir a intensidade de radiacións febles, inventado por S. P. Langley en 1880. Está formado por dúas tiras de platino moi finas, practicamente iguais e ennegrecidas, que constitúen dous dos brazos dunha ponte de Wheatstone. Unha delas recibe o fluxo de enerxía, que produce nela variacións de temperatura e de resistencia; a corrente eléctrica da ponte rexístrase mediante un galvanómetro. O bolómetro emprégase en Astrofísica e na medida do espectro infravermello.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Boloña e da rexión de Emilia-Romaña, Italia. Situada entre os ríos Reno e Savena (417.410 h [estim 1998]). Trátase dun centro comercial dunha rexión agrícola fértil e ben explotada cun núcleo industrial moi desenvolvido, destacando a industria de automóbiles, de instrumentos de precisión e de zapatos. Ocupa unha situación estratéxica á saída dos Apeninos. Ten como centros de ensino superior a Università degli Studi, fundada no s XI, a primeira de toda Europa. Son características da cidade as torres inclinadas dos Asinelli e Garisenda (s XII), a basílica de San Petronio (s XIV-XVII), o pazo municipal e o pazo do Podestà (s XIII e XV). Hai que destacar tamén as igrexas monásticas de San Domenico (s XIII) e San Francesco (s XIII) e o conxunto arquitectónico de Santo Stefano (s XI-XIII). En Boloña existen indicios de poboamento desde a Idade de Ferro cos vilanovianos. Fundada polos etruscos, que a chamaron Felsina, foi rapidamente conquistada polos boios (350 a C), e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Emilia-Romaña, Italia (3.702 Km2; 904.968 h [1990]). A súa capital é Boloña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de músicos que a mediados do s XVII influíron no desenvolvemento da música instrumental italiana. Os representantes máis destacados foron Giulio Cesare Arresti (1617-1704), Maurizio Cazzati (1620-1677) e Giovanni Battista Vitali (1632-1692), discípulo de Cazzati que desenvolveu a estrutura da forma sonata e, máis tarde, Giuseppe Torelli (1658-1709) autor dos primeiros concertos para solista. No s XVIII a personalidade do padre Giovanni Battista Martini (1706-1784) converteu Boloña nun centro musical visitado polos grandes músicos da época como J. Ch. Bach ou Mozart.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola dos Glosadores de Boloña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o plano urbanístico do centro histórico da cidade italiana de Boloña, aprobado en 1969. Constituíu un fito, tanto desde o punto de vista teórico como no referente á aplicación práctica, no tratamento urbanístico dos centros históricos das grandes cidades.
-
PERSOEIRO
Escultor flamengo. En 1512 comezou o seu periplo pola Italia renacentista. A súa formación nas novas propostas estéticas e a súa técnica permitíronlle entrar ao servizo de Francisco de Medici en Florencia e do Papa Pío IV quen lle encargou a Fonte de Neptuno de Boloña. É autor do sepulcro do Cardeal don Rodrigo de Castro (1603), encargado polo promotor do colexio da Compañía de Monforte de Lemos serviu de modelo renovador da estatuaria funeraria en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Boloña ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Boloña.
-
Raza cabalar que pertence ao tipo británico e que presenta dúas variantes, unha con exemplares corpulentos (650-700 kg), moi apropiados para o tiro pesado, e a outra con exemplares máis pequenos (uns 500 kg), aptos para servicios mixtos. Actualmente a cría está reducida aos cabalos de tiro pesado.
-
-
-
Cada unha das pezas de madeira, ou doutro material, torneada, máis ancha na parte inferior, que se usa no xogo dos birlos.
-
Xogo de habilidade consistente en intentar derribar, mediante o lanzamento dunha bóla, unha serie de paos chamados birlos, colocados en vertical sobre o chan. O exiptólogo Flinder Patrie datou as orixes do xogo arredor do ano 3300 a C. A través dos romanos pasou a formar parte dos costumes populares da maioría dos pobos de influencia latina. A expectación suscitada polo xogo dos birlos, practicado en ambientes rurais, deu lugar á aparición de fortes apostas. A versión moderna e regulamentada do xogo dos birlos (denominada internacionalmente bowling) apareceu en América a finais do s XIX. O bowling practícase nunha pista de madeira lisa e pulida, dotada normalmente dun sistema mecánico para levantar os birlos tirados e devolver as bólas aos xogadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno entrante do litoral da parroquia de Canduas (concello de Cabana de Bergantiños), na beira meridional da ría de Corme e Laxe.