"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Residiu en Roma (1767-1678) pero chamado por Gustavo III volveu a Estocolmo, onde fixo o monumento conmemorativo a Descartes e a estatua de Gustavo III. Realizou tamén Amor e Psique e Fauno durmindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terror ou aversión ao sexo ou á sexualidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temor morboso á inxestión de alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade e actitude de quen se cre superior aos demais, chegando a menosprezalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen actúa con soberbia.

    2. Que manifesta esa actitude.

    3. Moi bo, de moi boas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SO de Alemaña, situada entre Baviera e Baden--Württemberg. Rexión histórica da antiga Xermania que comprendía o que agora é a porción S do land de Baden-Württemberg e o SO do land de Baviera, en Alemaña, o L de Suíza e Alsacia, estivo habitada por pobos prerromanos (s I a C). Os romanos constituíron a provincia de Retia. Ocupada polos alamáns no s III, foi conquistada por Carlos Martel no s VIII. Pipino o Breve creou nela dous condados, que, declarados independentes no s IX, foron sometidos polo Emperador Conrado I (917). En 1079 o Emperador Enrique IV nomeou duque de Suabia ao seu xenro Frederico I de Hohenstaufen. En 1152 o seu neto foi elixido rei de romanos (Federico I) e Suabia permaneceu como posesión dos Hohenstaufen ata 1268. A nobreza local, especialmente os condes de Würtemberg, apropiáronse das terras imperiais e ducais. En 1331 os cabaleiros suabos (ou nobres) fundaron unha liga señorial, a Schleglerbund, que loitou contra a liga das cidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na provincia de Roma, Lacio, Italia (8.900 h [estim 2001]). Situada a 72 km ao L de Roma, conta co mosteiro de Santa Scolastica, o único que queda dos que alí fundou Bieito de Nursia (s V); e a cova, o Sacro Speco, no flanco da montaña, onde viviu como ermitán. A reforma do abade Casaretto (1852) converteuno en centro beneditino. No Sacro Speco consérvanse frescos (ss XIII-XV), dos que destacan os da capela de San Gregorio, co retrato de san Francisco de Asís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao suburbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Guadiana, preto do encoro de Orellana (3.602 h [2001]). Destaca a gandaría lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desaprobación e desconformidade coa celebración das corridas de touros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intolerancia ou medo dun organismo ás temperaturas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óso dos vertebrados terrestres que está situado na parte interna do segundo segmento das extremidades posteriores, ao lado do peroné, que ten como función soster a extremidade correspondente.

    2. Calquera artello das patas dos arácnidos e dos insectos, entre o fémur e o tarso.

    3. Instrumento de vento usado polos antigos romanos, equivalente ao aulo grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tibia.

    2. Arteria que se orixina na poplítea e que se distribúe polo xeonllo, a perna e o nocello.

    3. Rama do tronco tibioperonal que irriga a perna, o pé e o talón.

    4. Músculo voluminoso, prismático e triangular que se estende desde a extremidade superior da tibia ata o pé. É flexor, adutor e rotatorio cara a dentro do pé.

    5. Músculo que está situado na rexión posterior da perna e chega ata o tubérculo do escafoide do pé. É extensor, adutor e rotatorio do pé cara a dentro.

    6. Rama interna da bifurcación do ciático poplíteo externo, que irriga os músculos da rexión interna da perna.

    7. Continuación do ciático poplíteo interno que irriga os músculos poplíteos, flexor común e a pel da planta do pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Bernaldo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do hebreo do Antigo Testamento Tob-i-Yah ‘Iavé (Deus) é bo’, latinizado en Tobías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII a C) Personaxe bíblico, fillo de Tobías o Vello. Nunha viaxe encomendada polo seu pai para recuperar uns talentos, estivo acompañado do arcanxo Rafael. No Tigris pescou un peixe ao que lle sacou o corazón, co que desbaratou os maleficios do demo Asmodeo, e co fel curou a cegueira do seu pai. Represéntase cun gran peixe na man, acompañado do arcanxo Rafael.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe bíblico. Levado pola forza a Nínive, gardou fidelidade ao seu pobo e enterrou en lugares agochados as vítimas hebreas do Rei Senaquerib. O seu fillo Tobías curouno da cegueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro deuterocanónico do Antigo Testamento, escrito en arameo ou hebreo que narra a historia de Tobías. É unha recompilación de máximas sociorrelixiosas destinadas á educación do mozo, encadradas nun pequeno drama narrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temor esaxerado a sufrir nun parto.

    VER O DETALLE DO TERMO