"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Das obras que conservamos del destacan As aventuras de Leucipo e Clitofonte, novela de gran difusión no Imperio Bizantino e que máis tarde influíu na narrativa renacentista europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formada no 1963 pola Federación de Adén (Protectorado de Adén) e a colonia de Adén. Membro da Commonwealth, a súa fundación foi promovida polos británicos coa esperanza de rematar coas reivindicacións iemenís sobre estes territorios. O 20.11.1967 a Federación de Arabia do Sur e o Protectorado de Adén proclamaron a República Popular do Iemen do Sur, que en 1970 pasou a denominarse República Popular Democrática do Iemen. A partir do 22.5.1990 forma a República do Iemen ao fusionarse co Iemen do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de arabizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural privada constituída no 1984, en memoria do matrimonio formado por María Schnackig e Constantino Martínez. Rexida por un padroado presidido por Ghaleb Jaber Ibrahim, a fundación ten por obxectivo impulsar e dar a coñecer a cultura galega, así como promover o desenvolvemento do sector audiovisual mediante a organización de cursos, ciclos de conferencias, seminarios, concertos e outras exposicións artísticas. Entre as exposicións, destacan: Bienal Internacional de Pintura e Escultura, Mostra de Arte Galega Contemporánea, Exposición de pintura antiga (1989) e Exposicións na sala da fundación; entre as conferencias, cómpre citar: Seminario Regional Europeo, Conferencia sobre a UE e a moeda únicas, Conferencia sobre cultura e a realidade Palestina, Curso de Guinización para Televisión e Cine, Seminario sobre Audiencia de Medios. Participa no financiamento de investigacións e convocatorias de premios como o Premio Araguaney de Ouro. En 1991 editou o libro Ofrenda dos poetas...
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui de 1721 a 1745. No seu pontificado destaca o dourado do retablo da Expectación así como a ampliación da Capela de San Telmo e a adquisición da campá grande da Catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estratega grego. No 251 a C liberou Sicione da tiranía de Nicocles e incorporouna á Liga Aquea, da cal foi nomeado estratega (245) e reelixido en anos alternos. Empeñado en converter a Liga nunha gran potencia, non conseguiu darlle a axeitada organización militar, tendo que recoñecer a hexemonía macedonia de feito (223). Morreu por orde de Filipo de Macedonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Florencio Martínez.
-
-
Figura que presenta ramificacións semellantes ás dunha árbore (en minerais, fósiles, etc).
-
Ramificación, sobre todo, das terminacións nerviosas e dos capilares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito documental creado en 1866 en Madrid, coa xuntanza de diversos arquivos do estado español e doutras procedencias, civís e eclesiásticas, cando xa existía o Archivo General de Simancas. En 1850, os documentos dos mosteiros e conventos desafectados e os das propiedades do estado foron recollidos na Real Academia de la Historia, de Madrid; pouco despois organizouse un arquivo xeral en Alcalá de Henares. O Archivo Histórico Nacional axuntou todos estes fondos -agás os da parte administrativa que permaneceron en Alcalá-, que foron destruídos durante a Guerra Civil (1936-1939).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decoración arquitectónica que imita as formas e estrutura dunha rede. Utilizouse moito durante a Idade Media, especialmente nos capiteis románicos.
-
-
Curvatura do arco.
-
Ornamentación en forma de arco.
-
-
GALICIA
Profesor, xornalista e relixioso. Emigrou a Bos Aires e foi nomeado bispo auxiliar de Santiago del Estero (1937). Como xornalista colaborou en El Almanaque Gallego e El Eco de Galicia, e foi fundador do xornal Santiago e da revista La Defensa. Empregou o pseudónimo de Prisquito, publicando as seguintes obras: Trabajos sueltos (1924) e un estudo sobre Francisco Solano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de desecar, especialmente un medicamento.
-
GALICIA
Socióloga, pedagoga, ensaísta e activista social. Aínda que de formación autodidacta, é probable que a súa ansia de saber e a súa condición de muller a levaran a asistir, disfrazada de home, a clases na universidade correspontes á carreira de Dereito (1842-1845), de forma esporádica e sen carácter oficial. Antes de introducirse na elaboración de artigos xornalísticos e ensaios escribiu unha novela que quedou inédita, Historia de un corazón (1850), e Fábulas en verso, libro do que se fixeron dúas edicións (1851 e 1854) e que foi declarado libro de texto no ensino primario. Tamén escribiu unha zarzuela, Los hijos de Pelayo, e unha obra de teatro, Un poeta, que non chegaron a representarse, mentres que, La medalla de oro, si chegaría aos escenarios. Dende 1854 a 1857 colaborou no xornal liberal La Iberia. No 1857, Concepción Arenal trasladouse a Asturias, primeiro a La Isla, despois a Colloto e, en 1858, a Oviedo, onde escribiu dous libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e publicista pedagóxico. Comezou os estudios de Maxisterio na cidade das Burgas e logo trasladouse a Madrid á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Emigrou á Arxentina onde exerceu como profesor de Matemáticas. Preocupado pola formación educacional, fundou a Escola Industrial chamada Asociación Industrial. Ademais foi o promotor e director pedagóxico das escolas nocturnas para obreiros, “Escuelas de Casa Galicia”. Como republicano convencido foi un dos fundadores do Centro Republicano Español en Bos Aires. Publicou en 1912 Puntos de vista educacionales, la escuela Argentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa poesía afástase dos gustos de Góngora, Lope ou Quevedo, tanto pola lingua coma pola temática tratada. Destaca como sonetista, composición á que imprime unha gran perfección formal. Postumamente publicou Rimas (1634). Como historiador deixou Información de los sucesos del reino de Aragón en los años 1590-1591.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que contén argucias.
-
Que ou quen formula argucias.
-
-
-
Acción e efecto de argumentar.
-
Conxunto de argumentos para soster ou contradicir unha opinión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Barcelona no 1941 por A. Argullós e J. M. Calsamiglia. Especializada en Ciencias Sociais, publicou a versión castelá da Historia de España de F. Soldevila, tres volumes da Història dels catalans (1963-1966) e os primeiros volumes da Història de la literatura catalana (a partir do 1964) de Martí de Riquer e A. Comas. Tamén editou obras de Salvat-Papasseit e Màrius Torres. No 1974 fusionouse coa Editorial Seix i Barral.