"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
GALICIA
Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Superior de Belles Arts Sant Jordi de Barcelona, onde perfeccionou o debuxo e contactou cos movementos de vangarda. A partir de 1968 participou nas exposicións ao aire libre, organizadas na praza da Princesa de Vigo. En 1980 instalouse en Vigo para exercer como profesor de debuxo e foi un dos fundadores do grupo Atlántica, co que interveu en numerosas exposicións. Tamén participou nas bienais da Deputación de Pontevedra mentres alternou con exposicións individuais en diferentes cidades españolas. Representou o informalismo expresionista galego e evolucionou cara a composicións máis racionais e frías. Na súa obra distínguese unha primeira época na década de 1960 que se caracterizou por unha abstracción expresionista. A finais da década seguinte abandonou o expresionismo e realizou unha concentración da expresión cunha esencialización das formas, onde chegou á máxima simplicidade, influído polo deseño gráfico. Fuxiu do accesorio en composicións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Acisclo Manzano, formouse como entallador na Escola de Formación Profesional Acelerada de Ourense e en 1958 ingresou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. De regreso a Ourense relacionouse con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e participou nas actividades do grupo O Volter. Durante as súas viaxes por Europa coñeceu a escultura clásica e a obra de A. Giacometti ou C. Brâncuşi. Iniciou, desde a década de 1960 a renovación da escultura galega, intentándoo desde posicións de vangarda, cunha simbiose entre o mundo mediterráneo e o atlántico. A vinculación co Mediterráneo provén da admiración pola Grecia clásica, a súa estancia en Eivissa e os materiais coma o barro; mentres que o seu atlantismo refírese ao seu sensualismo e un certo lirismo que acompaña as súas obras. Traballou nunha obra neofigurativa, que combinou figuración e abstracción, en esculturas onde a figura humana está sempre presente, de forma fragmentada (Torso de dama,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro. En 1751 substituíu a Pedro Martín Cermeño na planificación da Universitat de Cervera e foi enxeñeiro director en Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán do exército en Galicia, foi fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de 1846.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Coñecido como Paco Martín, está considerado como un dos narradores máis destacados do panorama literario galego. Ademais de diversas actividades relacionadas co mundo da pedagoxía, foi director do departamento de Produción de Material Didáctico para o ensino en galego da Consellería de Educación e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro. Colaborador en diversas publicacións periódicas, dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), e realizou o traballo de investigación da cultura popular O libro das adiviñas (1975), en que se comparan as composicións en galego con outras procedentes de diversas linguas. Ademais, no apartado didáctico cómpre salientar os libros Lúa Nova 1 e 2 (1978), Con xente miúda 1 e 2 (1985), Galego 1 e 2 (1985) e a unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991). Da súa abundante produción literaria destacan Muxicas no espello (1971), O libro das adiviñas (1975), No Cadeixo (1976), finalista do Premio Galaxia de Novela;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arbitrista. Fixo recomendacións ao erario público para impulsar a actividade económica e mellorar as condicións das clases humildes. Escribiu Memoriales o discursos para remediar la despoblación, la pobreza y la esterilidad de España (1656).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, filósofo e político. Sufriu exilio nos períodos absolutistas e ocupou cargos de embaixador, deputado, ministro de Estado (1822, 1834-1835, e 1844-1846) e presidente do goberno (1834-1835). Da súa obra dramática, en que evoluciona desde o neoclasicismo ao romanticismo moderado, destacan La viúda de Padilla (1814), Edipo (1829) e La conjuración de Venecia (1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pancho, incorporouse á guerrilla en 1948 e participou nas accións que realizou a IV Agrupación de Guerrillas. Pertenceu ao comité rexional do Partido Comunista (1949-1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador de baloncesto. Dirixiu diversos equipos femininos, como o R.C. Celta, o Coronas de Tenerife e o Bosco de Vigo, co que ascendeu a Primeira División. Foi campión de España co R.C. Celta (1979-1980) e acadou a fase final da Copa da Raíña co Coronas de Tenerife.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Paco Martínez Soria, formou unha compañía teatral propia en 1940, especializada en producións cómicas. En 1950 conseguiu ter un teatro propio en Barcelona, o Teatre Talía (desde 1982 Teatro Martínez Soria). Das súas películas destacan La ciudad no es para mí (1965), Abuelo made in Spain (1969), Don erre que erre (1970), El abuelo tiene un plan (1973), Vaya par de gemelos (1977) e La tía de Carlos (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oficial carlista, irmán de Xoán Martínez Villaverde. Foi depurado en 1832 do exército e uniuse ás filas dos carlistas. En 1834 levantou unha partida carlista nos arredores de Chantada e organizou a ocupación de Lugo, durante a que morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Entre 1584 e 1602 pertenceu á Compañía de Xesús. Seguidor da obra de Horacio e Fray Luis de León, e cun estilo clásico marcado polas escolas salmantina e sevillana do s XVI, é autor de 34 odas e 52 sonetos. Da súa produción destaca a oda “La profecía del Tajo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico dominicano. Foi vigairo xeral de Sardeña (1566), onde fundou novos conventos e introduciu a reforma tridentina. Escribiu varias obras piadosas en castelán, como Coloquio devoto de la cofradía del Santo Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Melgar. Ao estoupar a Terceira Guerra Carlista (1872-1876), incorporouse ao bando do pretendente ao trono Carlos María das Dores de Borbón e de Austria-Leste, de quen foi secretario entre 1880 e 1900. Escribiu Veinte años con don Carlos (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente ecoloxista e sindical. Coñecido como Chico Mendes, encabezou a reivindicación para preservar o bosque amazónico e formou sindicatos contra a sobreexplotación dos peóns. Enfrontado aos empresarios que se dedicaban á tala masiva de árbores, morreu asasinado. Acadou do goberno brasileiro o compromiso de frear a deforestación.
VER O DETALLE DO TERMO