"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • Alejandro Pidal Mon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mónada.

    2. Que ten a estrutura propia dos organismos unicelulares flaxelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monoblefaridais.

    2. Fungo da orde dos monoblefaridais.

    3. Orde de fungos, da clase dos quitridiomicetos, que presenta multiplicación asexual mediante zoosporas uniflaxeladas e multiplicación sexual por oogamia. Habitan sobre restos vexetais somerxidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que forma parte da serra da Loba e se estende polos concellos de Guitiriz (Lugo) e Aranga (A Coruña). As súas altitudes oscilan entre os 668 m e os 726 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (15.104 km2; 243.900 h [2001]). A súa capital é Molde (23.773 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso situado nas parroquias de Pacios e Piñeira (A Fonsagrada). As súas altitudes máximas oscilan entre os 1.000 e os 1.111 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alva Reimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, sociólogo e político sueco. Integrado na corrente socialdemócrata, tivo unha importancia considerable na implantación do denominado modelo sueco. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os problemas do desenvolvemento. Escribiu Monetary Equilibrium (1939), An American Dilemma (1944), An American Dilemma Revisited (1970), Economic Theory and Underdeveloped Regions (1957) e Critical Essays on Economics (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1974), compartido con Friedrich August von Hayek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, xornalista e escritor. Autor de novelas e dramas, destacou, sobre todo, como autor de reportaxes dun forte compromiso político, das que destacan Kulturens korsväg (Encrucillada de culturas, 1960), Karriär (1975), 14! (1987) e México (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Solemnidade do ano litúrxico que a Igrexa celebra o 25 de decembro para conmemorar o nacemento de Xesús en Belén. O Nadal é unha festa occidental e apareceu por primeira vez en Roma, na primeira metade do s IV. O equivalente en Oriente é a solemnidade da Epifanía, máis antiga, e relacionada tamén coas festas do solsticio de inverno. O sentido profundo destas dúas festividades é o de celebrar a manifestación de Deus na humanidade de Xesús. Cando Occidente adoptou tamén a festa do 6 de xaneiro, transferiuse o aspecto da manifestación de Xesús aos Magos a través da estrela, e deixou para o 25 de decembro a conmemoración do nacemento de Xesús coa adoración dos pastores. A tradición romana máis antiga, conservada pola reforma do Concilio Vaticano II, comporta a celebración de tres misas de Nadal, unha pola media noite, outra pola aurora e a terceira polo día. A partir da Idade Media en todo o mundo occidental subliñáronse os aspectos máis sentimentais do nacemento de Xesús, e a festa do Nadal...

    2. Época en que se conmemora o nacemento de Xesús Cristo.

    3. Mes de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome latino Natalis, tomado de dies natalis ou natalis dies ‘día do nacemento’. Presenta as variantes Natalia e Nataxa. Entre os primeiros cristiáns, este día referíase ao do martirio ou morte dalgún santo, porque a morte terreal era o nacemento á vida eterna. A partir do s IV os cristiáns usaron este nome para festexar o nacemento de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 25 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Catedrático de Literatura Española en Manresa, foi redactor xefe da revista Destino (1940-1944) e un dos fundadores de Ediciones Destino. Publicou Ciudades de España (1944). Na súa memoria foi instituído en Barcelona o Premio Nadal de novela en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especializouse en estudos históricos sobre poboación e industrialización. Escribiu, entre outras obras, El fracaso de la revolución industrial en España 1814-1913 (1975) e dirixiu Historia económica de España (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Comezou a xogar aos catro anos co seu tío Toni, que segue a ser o seu adestrador. Xogaba a dúas mans, pero o seu tío o pasou a zurdo. Tetracampión de Roland Garros (2005, 2006, 2007 e 2008), gañador do Torneo de Wimbledon (2008) e do Aberto de Australia (2009). Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín (2008). Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, que gañou en tres ocasións (2004, 2008 e 2009). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 en terra batida, e é o tenista español co meirande número de títulos individuais, 36. No ano 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que convoca desde 1944 Ediciones Destino para lembrar a figura dun dos seus fundadores, Eugeni Nadal, e que pretende recoñecer a valía dunha obra escrita en lingua castelá. A primeira gañadora do premio foi Carmen Laforet con Nada (1944). Outros gañadores destacados foron Miguel Delibes (1947), Luis Romero (1951), Rafael Sánchez Ferlosio (1955), Ana María Matute (1959), Álvaro Cunqueiro (1968), Francisco Umbral (1975), Alfredo Conde (1991), Gustavo Martín Garzo (1999), Fernando Marías (2001) e Antonio Soler (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás naiadais.

    2. Planta da orde das naiadais.

    3. Orde de plantas monocotiledóneas, da clase liliópsida, á que pertencen oito familias, todas de flores simples, das que destaca a familia das naiadáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia do Outeiro das Camoiras (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra situada entre os concellos de Abadín e A Pastoriza. A súa máxima altitude está no monte Neda con 798 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático. Embaixador en Suecia (1811-1813), conseguiu atraer a Carlos XIV de Suecia (Jean Baptiste Bernadotte) á coalición contra Napoleón. Foi amante de María Luísa de Austria, emperatriz de Francia, con quen casou despois da morte de Napoleón (1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.

    VER O DETALLE DO TERMO