Neira de Cabaleiros, Santa María Madalena de

Neira de Cabaleiros, Santa María Madalena de

Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.