"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘teta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de nematodos, da orde dos estronxílidos ao que pertence a especie N. americanus, que produce a anquilostomíase. Trátase dun nematodo cuxas femias miden uns 9 mm e os machos uns 6 mm, cunha abertura bucal provista dunha serie de placas cortantes. Habita no intestino delgado humano, onde se nutre do sangue das feridas que provoca con estas placas. É propio do S de Asia e África e de América Central e do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade situada no costado dun nectario e que acumula néctar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de obcecar ou obcecarse.

    2. Grave ofuscación que, en dereito penal, constitúe unha atenuante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de obcecar ou obcecarse.

      1. Que se mantén con tenacidade diante de algo.

      2. Que non é capaz de ver a realidade porque se mantén nunha idea fixa de xeito obsesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda o xuízo ou a capacidade de razoamento.

    2. Perder alguén o xuízo debido a un estado de ofuscación mental ou dun estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de Estados Centroamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo olmeca.

    2. Individuo do pobo olmeca.

    3. Pobo precolombino que se asentou na costa do golfo de México, no actual estado de Veracruz, entre 800 e 300 a C. Trátase da máis antiga cultura mexicana e a máis creadora, pois a súa influencia atópase practicamente na etapa preclásica de todas as culturas do antigo México. O primeiro centro olmeca foi a cidade de La Venta, a máis antiga de México, onde se descubriron prazas cerimoniais, plataformas de terra amoreada, pirámides, grandes altares e estelas de pedra tallada cheas de relevos, e sobre todo, seis monumentais cabezas humanas de pedra. Tamén se descubriron numerosas inscricións xeroglíficas, que demostran que inventaron a escritura, o sistema numérico e o calendario, que máis tarde desenvolverían os zapotecas de Monte Albán, e sobre todo os maias de Yucatán. Outro aspecto importante desta cultura era a talla de pedras duras, coma o xade, co que facían figuras. Parece ser que veneraban unha divindade da terra e da fecundidade que tiña a figura do xaguar. Outros centros olmecas foron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta coriácea que protexe os ovos dos insectos ortópteros, dos ditiópteros e dalgúns heterópteros. Está dividida nunha serie de compartimentos segundo os ovos que contén e pode ter paredes ocas ou macizas. A forma, a medida e a coloración son, polo xeral, moi específicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de san Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de roldana que se usa para izar e baixar as velas nunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘calcetín’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edición xeral das obras dos Padres gregos, preparada por Jean-Baptiste Pitra e realizada por Jacques-Paul Migne en 161 volumes (1857-1866). Comprende todos os escritos cristiáns gregos ata o Concilio de Florencia (1439), co texto orixinal e a versión latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que peca ou que ten propensión a facelo.

    2. Que é un malfalado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou omisión de desobedicencia a unha lei ou principio relixioso. Na tradición oral recóllense ditos como: “No pecado está a penitencia. Deus molla aos xustos e aos pecadores, o mesmo polos días que polas noites. Págana os xustos cando a fan os pecadores. Unha por outra non é pecado”.

    2. Estado dunha persoa que cometeu esas faltas.

    3. pecado capital

      Cada un dos sete pecados que a tradición eclesial considera como orixe doutros vicios e pecados. Segundo a orde establecida polo Papa Gregorio I o Magno, os pecados capitais son a soberbia, a avaricia, a luxuria, a gula, a ira, a envexa e a preguiza. Contrapóñense ás correspondentes sete virtudes capitais.

    4. pecado contra o Espírito Santo

      Pecado nomeado no Novo Testamento (Mt 12, 31-32, e Mc 3, 29-30), que consiste no rexeitamento explícito e pertinaz do don escatolóxico de Deus en Xesús Cristo e que, polo feito de incluír o rexeitamento absoluto do mesmo perdón divino, nunca pode ser perdoado.

    5. pecado de comisión

      Obra, palabra ou desexo que prohibe a lei divina.

    6. pecado de omisión

      Pecado que se comete por non facer o indicado pola lei moral.

    7. pecado mortal

      Pecado que causa a morte da alma.

    8. pecado orixinal

      Pecado da humanidade nos tempos orixinais da súa historia, do que participan todos os homes e polo que o xénero humano perdeu o estado orixinal e se fixo responsable da súa situación actual. Se ben son moitas as relixións que fan referencia a unha caída orixinal, co fin de explicar a existencia do mal físico e, sobre todo, moral no mundo, a específica comprensión bíblica dun pecado orixinal (o de Adán e Eva) responde á esixencia de manter a non responsabilidade do Creador na existencia do mal, motivada exclusivamente polo home. A doutrina eclesiástica do pecado orixinal fundaméntase nas epístolas de Paulo aos romanos e aos efesios e foi definida polos concilios de Cartago e de Trento.

    9. pecado reservado

      Pecado cuxa absolución se reserva a un superior eclesiástico (papa, bispo, ordinario), limitando así a xurisdición ordinaria dos seus súbditos. Algúns pecados son reservados por razón da súa gravidade ou por razón da censura.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen peca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pecado.

    2. Que constitúe un pecado.

    3. Que incita ao pecado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cometer unha falta contra a lei divina ou contra un precepto relixioso.

    2. Cometer unha falta de calquera tipo ou unha falta para con alguén

    3. Afastarse dunha norma por exceso ou por defecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero, de aspecto semellante ao dun xabaril, cunha glándula que segrega un líquido cun cheiro similar ao do almiscre. Habita en zonas selváticas de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO