Necator
Necator
[ANIMAL]
Xénero de nematodos, da orde dos estronxílidos ao que pertence a especie N. americanus, que produce a anquilostomíase. Trátase dun nematodo cuxas femias miden uns 9 mm e os machos uns 6 mm, cunha abertura bucal provista dunha serie de placas cortantes. Habita no intestino delgado humano, onde se nutre do sangue das feridas que provoca con estas placas. É propio do S de Asia e África e de América Central e do Sur.