necesidade

necesidade

(

  1. s f

    Calidade de necesario.

  2. s f
    1. Situación en que se necesita axuda. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na moita necesidade coñécese o amigo de verdade. Na necesidade próbanse os amigos. Na necesidade vese ben a amizade”.

      Ex: Non quería verse na necesidade de terlle que pedir nada.

    2. Situación de quen carece dos medios necesarios para vivir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando a necesidade é moita sabe ben a boroa. Non hai virtude nin bondade que non corrompa a pobreza e a necesidade”.

      Ex: Pasaron moita necesidade de pequenos.

    1. s f

      Circunstancia en que algo ou alguén resulta imprescindible.

      Ex: A necesidade dun coche acentuouse cando comezou a traballar.

    2. necesidades nutritivas [ALIM]

      Conxunto de sustancias indispensables que son necesarias para o mantemento do organismo. Diferéncianse as enerxéticas (calóricas), que proveñen da demanda de enerxía dos procesos vitais; as plásticas (proteicas e de calcio e de fósforo), que proveñen da formación e da renovación das sustancias corporais; e as reguladoras, que proveñen dos requirimentos indispensables de vitaminas e minerais.

  3. s f [PSIC/SOCIOL]

    Aquilo que é necesario para o benestar físico, e que, se falta, pode producir desequilibrios internos.

  4. s f [ECON]

    Concepto que expresa tanto o estado psicolóxico de desexo de satisfacer unha necesidade como os bens e os servizos que satisfán e que estimulan estes desexos. Este concepto, relacionado co de escaseza, é o centro da economía subxectiva, que define o obxecto desta ciencia como estudo do comportamento humano que relaciona as necesidades e o uso alternativo dos medios escasos.

  5. s f [FILOS]

    Calidade, estado ou condición do que é necesario. A doutrina que establece a necesidade como principio do real é denominada necesitarismo, aínda que se coñece xeralmente como determinismo.

  6. adx e s
    1. Situación en que se necesita axuda. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na moita necesidade coñécese o amigo de verdade. Na necesidade próbanse os amigos. Na necesidade vese ben a amizade”.

      Ex: Non quería verse na necesidade de terlle que pedir nada.

    2. Situación de quen carece dos medios necesarios para vivir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando a necesidade é moita sabe ben a boroa. Non hai virtude nin bondade que non corrompa a pobreza e a necesidade”.

      Ex: Pasaron moita necesidade de pequenos.

    1. s f

      Circunstancia en que algo ou alguén resulta imprescindible.

      Ex: A necesidade dun coche acentuouse cando comezou a traballar.

    2. necesidades nutritivas [ALIM]

      Conxunto de sustancias indispensables que son necesarias para o mantemento do organismo. Diferéncianse as enerxéticas (calóricas), que proveñen da demanda de enerxía dos procesos vitais; as plásticas (proteicas e de calcio e de fósforo), que proveñen da formación e da renovación das sustancias corporais; e as reguladoras, que proveñen dos requirimentos indispensables de vitaminas e minerais.

Frases feitas

  • De necesidade. Necesariamente.

  • De primeira necesidade. Expresión que se aplica a aquilo do que non se pode prescindir. Ex: O pan é un artigo de primeira necesidade.

  • Facer as necesidades. Expulsar os ouriños ou os excrementos.

Refráns

  • A necesidade da miña casa ninguén a pasa.
  • A necesidade declarada é medio remediada.
  • Cada corrancho quere o seu rancho.
  • Cada pucheira quere a súa tapadeira.
  • Cada un na súa casa sabe o que lle cómpre.
  • Fillo de gato caza rato.
  • Ola que está ao lume ten mester de tapadeira.
  • Pedra no suco, néboa en todo o mundo.
  • Sen escachar ovos non se fai tortilla.
  • Todo é mester: moufar e sorber.
  • ¡Nunca outra causa nos falte que máis falta faga!

Palabras veciñas

Necator | necesario -ria | neceser | necesidade | necesidade | necesitado -da | necesitar