nebulosidade
nebulosidade
(< latnebulosītāte)
-
s
f
Calidade de nebuloso.
-
s
f
[METEOR]
Estado do tempo en que hai unha frecuencia máis ou menos grande da néboa. A súa principal unidade de medida é a octa, que corresponde a unha octava parte do ceo cuberto por nubes. Fálase de ceo claro cando a nebulosidade é igual ou menor ca unha octa, de ceo nubrado se é superior a unha octa pero inferior a sete, e de ceo cuberto cando é de sete octas ou máis.