"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Radiografía da aorta, acadada despois da inxección dun líquido opaco aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuscrito dunha obra, non autógrafo, copiado doutro que pode ser ou non o orixinal do autor. Ao modelo sobre o que se fai a copia ou aprógrafo chámase antígrafo. Entre o antígrafo ou orixinal e o apógrafo ou copia non acostuma haber outros textos intermediarios coñecidos, aínda que o apógrafo pode estar “contaminado” por outras copias que manexa o escribán cando está a realizar o seu exemplar; é dicir, pode ter diante outra ou outras copias, ademais do orixinal, das que pode intercalar lecturas diverxentes. En ocasións, o apógrafo pode estar mellor coidado co seu antígrafo, por exemplo cando este último desaparece ou sofre mutilacións ou desperfectos despois de ser copiado; neste caso o apógrafo convértese na mellor fonte de lectura correcta dunha obra. En xeral, este é o caso da maioría da tradición manuscrita románica medieval, na que é escasísimo o número de exemplares orixinais do propio autor conservados. No que atinxe á lírica galego-portuguesa, a totalidade do seu corpus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land do Rhin de Norte-Westfalia, Alemaña, situada na marxe setentrional das Ardenas (239.200 h [estim 1990]). É o centro comercial e industrial da conca mineira que proporciona á do Ruhr o combustible (lignito) para producir electricidade. Punto de empalme da rede de autoestradas que une Alemaña con Bélxica e os Países Baixos. Durante a época do Imperio Romano, e aínda hoxe, era unha estación termal chamada Aquae Grani. Foi conquistada polos francos cara ao ano 470; Carlomagno converteuna en capital do Imperio Carolinxio e nela foi enterrado (814). Na capela do seu palacio (Capela Palatina de Aquisgrán, máis tarde incorporada á catedral) foron coroados os reis dos romanos e os emperadores xermánicos dende Carlos IV ata Maximiliano I. No ano 1801, Aquisgrán (Aix-la-Chapelle en francés) permaneceu separada dos territorios alemáns ata que o congreso de Viena lla asignou a Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela do Palacio de Carlomagno en Aquisgrán. Comezada no ano 796 e rematada polo arquitecto Otón de Metz no 805, inspirouse en San Vitale de Ravenna. Aínda que restaurada varias veces, conserva a estrutura orixinal: rotonda de planta octogonal cuberta cunha cúpula de pedra e rodeada por unha nave de dezaseis costados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso celebrado en Aquisgrán no 1818 polos plenipotenciarios de Gran Bretaña, Prusia, Austria e Rusia. Nel decidiuse retirar de Francia as tropas de ocupación que alí permanecían dende a derrota napoleónica e, ademais, asinouse un protocolo secreto que anovaba a Cuádrupla Alianza. Ao se adherir, a Francia de Luís XVIII ingresou na Santa Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748 entre España e Francia por unha parte e Austria, Gran Bretaña e as Provincias Unidas por outra, co que se pon fin á Guerra de Sucesión de Austria. As cláusulas principais foron a restitución mutua das conquistas coloniais efectuadas durante a guerra, a confirmación da Pragmática Sanción e o recoñecemento da soberanía prusiana sobre Silesia. En conxunto, a súa finalidade foi restablecer o statu quo anterior ao 1740.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos ingleses fundado en 1961. Preconizaba os sistemas tecnolóxicos como definidores da arquitectura e como organizadores do hábitat humano. Estaba formado por Chalk, Cook, Crompton, Greeve, Herron e Webb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de Valle situada ao SL da punta Merceira, no concello do Vicedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de san Vicente do Grove situada ao N da península, entre a punta Burata, ao O, e a punta Barcela ao L, no concello do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia situada no concello de A Guarda na provincia de Pontevedra nunha zona de costa moi rústica alonxada de núcleos urbáns e con acceso a minusválidos.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS
    LONXITUDE PRAIA: 100 metros, ANCHURA MEDIA: 5 metros, GRAO OCUPACIÓN: Alto, GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana, PASEO MARÍTIMO: Si

    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area, TIPO AREA: Dourada, CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa, ZONA DE FONDEO: Non, NUDISTA: Non

    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non, ZONA PROTEXIDA: Non, BANDEIRA AZUL: Non

    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non, SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non, POLICÍA LOCAL: Non, POSTO CRUZ VERMELLA: Non, EQUIPO SALVAMENTO: Non

    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Iniciou a súa andaina política na Unión de Centro Democrático (UCD), para logo presidir Democracia Cristiana (DC) en Andalucía. En 1983 ingresou en Alianza Popular (AP) -Partido Popular (PP) dende 1989-. Ocupou escanos no concello de Sevilla (1983-1987), no Parlamento andaluz (1986-1989), no Congreso dos Deputados (1989-1993) e no Senado en representación de Andalucía. En xullo de 1993 pasou a ocupar a Presidencia do Partido Popular en Andalucía e en 1998 a secretaría xeral do Partido Popular. Foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (1996-1998) no primeiro goberno de José María Aznar, posto que abandonou para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Andalucía como candidato á Presidencia da Junta, desempeñando tralos comicios a xefatura da oposición nesa comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición do planeta Marte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Benedictino dos mosteiros de San Salvador de Oña, de Nájera e de Madrid. Publicou en Madrid La perla de Cataluña, historia de nuestra Señora de Monserrate (1677), que ten un claro ton polémico e xustificativo da represión da revolta catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Retablista neoclásico. Entre outras obras é autor dos altares da Soidade, Rosario, Ánimas e Santo Antonio de Bastabales, seguindo plantas de Miguel Ferro Caaveiro, e do retablo maior de San Xián de Vea, con planta de Melchor de Prado Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso de signos convencionais (cifras) para expresar cantidades coñecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para efectuar mecanicamente as operacións matemáticas ao tempo que as imprime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida na Antigüidade a parte de Armenia que fica ao leste do Éufrates. O seu núcleo, no val do Araks, foi o reino fundado por Artaxias no 189 a C ( Armenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa oriental de fe cristiá, propia do pobo armenio. Segundo a tradición, o apóstolo Bertomeu foi o primeiro evanxelizador das rexións armenias. Entre o 295 e o 300, Gregorio o Iluminador converteu o Rei Tirídates III, que proclamou o Cristianismo como relixión oficial do estado; Gregorio foi o primeiro catolicós (Patriarca da Igrexa Armenia). No 374 o catolicós Husik proclamou a autonomía da Igrexa Armenia verbo da de Antioquía; no Sínodo de Dvin (506-507) aceptáronse as doutrinas monofisistas. O Rei da Armenia Cilicia asinou a unión coa igrexa romana (1198), que durou ata a caída deste reino nas mans dos mamelucos (1375). No 1461 Muhammad II creou unha nova xurisdición en Constantinopla con título patriarcal. Xa dende finais do s XII ata 1375 os armenios da Pequena Armenia de Cilicia uníronse á Igrexa de Roma e adoptaron moitas prácticas occidentais, o que afectou á totalidade da Igrexa Armenia, que se une á romana (Concilio de Florencia, 1438-1439) baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO