"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
PERSOEIRO
Veterinario. Foi xefe provincial de gandaría de Las Palmas (1967-70), director do Centro Nacional de Selección e Reprodución Animal de Galicia (1970-1985) e director xeral de produción agropecuaria e industrias agroalimentarias da Xunta de Galicia. Publicou Raza vacuna rubia gallega: Evolución, situación actual y perspectivas zootécnicas (1978) e Razas bovinas autóctonas de Galicia (1992). Foi nomeado Comendador de Número da Orden Civil do Mérito Agrícola (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Castela (995-1017), fillo e sucesor do conde García I. Aproveitou o comezo da decadencia cordobesa e chegou ata Córdoba (1009), e axudou a entronizar a Zawi ibn Zirī. A cambio da súa axuda recibiu importantes fortalezas na liña do Douro. Fortalecida a súa posición, conseguiu o recoñecemento da independencia de Castela respecto a León (1014).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi xefe dos servizos de cultura da Deputación da Coruña. Colaborador del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e de diversas publicacións, escribiu Una guía de Galicia: el arzobispo Rajoy y la vida local compostelana: siglo XVIII (1956), Siluetas y paisajes (1959), Ensayo sobre Finisterre: del atrio de Vilar de Donas a la cima del monte Nerio (1967) e La Coruña en seis rutas (1975). Académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia Galega, recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Membro do Sindicato de Dependientes e Comercio da CNT da Coruña, foi un dos fundadores do Partido Sindicalista e colaborou no seu voceiro Trabajo. Ao comezo da Guerra Civil, fuxiu a Portugal e Venezuela, onde se relacionou coa subdelegación da CNT e fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e a Casa de Galicia. Publicou Villardevós e O silencio redimido (1976), obra póstuma en que relata o seu camiño libertario no tempo inmediato á Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, discípula de Josep María Fenollera. Innovou na súa obra con esquemas impresionistas e modernistas, como reacción á pintura tradicional de liña oficial, aínda que posteriormente se dedicou a escenas costumistas. Empregou unha paleta de grises, que cara á última época se caracterizou por unha maior luminosidade. Da súa obra destaca A bordadora (1907) e a Cea do campaneiro (1923). Foi profesora da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Desde 1922 realizou boa parte do seu exercicio profesional en distintos lugares da Mariña e destacou pola súa preocupación por dotar de base científica o seu labor pedagóxico, orientado por criterios decrolyanos e freinetianos. Promoveu a creación da publicación El Pequeño Escolar, que preparaban os mestres da Mariña Oriental durante o curso 1935-1936. No inicio da sublevación militar foi detido polas súas convicións republicanas, estivo encadeado cinco anos e dedicouse logo a distintos traballos, entre eles a docencia privada na cidade de Lugo. Escribiu Uno de tantos: cinco años a la sombra (1986). Foi o personaxe que inspirou o conto de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas”, publicado na obra Que me queres amor? e levado ao cine en 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi subdirector de El Pueblo Gallego, onde en moitas ocasións asinaba os seus artigos como Vicus, director da revista Grial e do Anuario de Vigo, redactor xefe da Hoja del Lunes e colaborador de Vida Gallega. Escribiu os libros de poemas O muíño albeiro (1935), O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (1963). Como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979) e a novela Doutor Famiano (1988). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Octubre (1943), o Gran Premio de Vigo de Cinematografía (1960) e o Premio Ciudad de Vigo (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en setembro de 1930 como sucesora da Federación de Trabajadores creada en 1920 e integrada na CNT. En 1932, as diversas seccións agrupáronse en sindicatos de industria, co obxectivo de conformar os de edificación, transporte, metalurxia, servizos públicos e profesións varias, e deron lugar á Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Villagarcía. Durante o goberno da Fronte Popular, estendeu a súa influencia a localidades próximas, e incorporou a mariñeiros, toneleiros, descargadores e labregos.
-
GALICIA
Enxeñeiro agrónomo e político. Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi director territorial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1990). Deputado no Parlamento galego polo PSdG-PSOE (1989-2005), foi conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Administrador solidario da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Pertence aos consellos de administración da Fábrica de Cerámicas do Castro e do Instituto Galego de Información e á Fundación Galicia-Empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Predicou diversas misións en Galicia e fundou o convento da Orde de Santo Domingo en Padrón. Foi teólogo consultor no Concilio Vaticano I e escribiu diferentes haxiografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, xornalista e escritor. Emigrou a Uruguay e Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en diversas publicacións. Regresou a Ferrol en 1860. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais, e fundou e dirixiu La Democracia. Presidente do comité do Partido Republicano Democrático, foi alcalde da cidade (1868). Participou na sublevación cantonal de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Das súas obras destacan Los Guaraníes (1861), Los Demócratas ou El Ángel de la libertad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Desenvolveu unha grande actividade como folclorista musical de Galicia e das súas obras destacan Adiós ríos, adiós fontes, Serenata Española e Como chove miudiño, ademais dun Quinteto para instrumentos de corda e unha suite. Foi tamén autor dun Himno Gallego sobre letra de Alfredo Brañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Relacionado con diferentes escritores e políticos galeguistas, a súa obra poética inscríbese dentro das liñas modernistas de Ramón Cabanillas e Gonzalo López Abente, aínda que con algúns dos trazos vangardistas da obra de Manoel Antonio. Colaborou coas Irmandades da Fala e con diferentes publicacións, como Nós, A Nosa Terra e O Tío Marcos da Portela. Das súas obras destacan os poemarios Abrente (1922), onde se localizan algunhas características da estética de Cabanillas, Curros ou Pondal; e Da vella roseira (1925), en que mestura composicións de tradición popular con outras máis cultas; e o libro Da agra aberta (1956), en que inclúe contos e lendas populares. Foi membro do Instituto de Estudios Históricos do Miño e da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.
-
PERSOEIRO
Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luis García de Valdeavellano Arcimis.
-
GALICIA
Compositor. Membro fundador da Asociación Galega de Compositores (1987), foi secretario da mesma entre 1988 e 1999. Realizou obras para piano, música de cámara e sinfónica. Das súas composicións destacan Aparición en la distancia secreta, Al fondo del espejo en la noche e Julieta en sueños (2003).
VER O DETALLE DO TERMO