"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de condensable.
-
-
Propiedade dun corpo para conducir a electricidade ou a calor.
-
Capacidade dunha fibra muscular de transmitir a unha fibra contigua os impulsos que lle chegan. É máxima nas fibras do sistema de condución do corazón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización, fundada en 1929, que agrupa a algunhas asociacións de pais de alumnos (APAs) dos centros privados de ensino, especialmente os de ensino confesional, ademais dalgunhas do sector público. Está representada no Consejo Escolar del Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa e militar do imperio dos Habsburgo que abranguía os territorios situados entre o mar Adriático e Transilvania. En 1538 organizáronse en Croacia os primeiros confíns, pero a organización definitiva foi obra do príncipe Uxío no s XVIII. Creáronse coa finalidade de impedir a penetración turca e para reprimir unha eventual revolta húngara. Nos territorios establecéronse pobos eslavos que recibiron, a cambio dun servizo activo, un feudo por familia. Coa decadencia do Imperio turco desapareceron de xeito progresivo ao longo do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmensurable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmutable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cuncha’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á rocha ou ao terreo que contén cunchas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
conquili(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da malacoloxía que estudia as cunchas dos moluscos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á conquilioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conrado V Hohenstaufen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de considerable.
-
-
-
Persoa que aconsella ou axuda a unha autoridade ou entidade.
-
Persoa que en certas corporacións e sociedades asiste como conselleiro o superior que as goberna.
-
-
Coordinador ou conselleiro espiritual dos grupos de revisión de vida, de comunicados de base ou de movementos apostólicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo auxiliar da curia romana e de carácter xeralmente consultivo ou executivo creado polo papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no foro de Roma. Iniciada por Maxencio, finalizouna Constantino I o Grande. Consta de tres naves e unha ábsida na que se situou unha estatua de Constantino de tamaño colosal.
-
ENTRADA LARGA
Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio I (381)
Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
Concilio II (553)
Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
Concilio III (680)
Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino... -
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio convocado polo Papa Xoán XXIII e o Emperador Sexismundo. Iniciouse o 5 de novembro de 1414 e rematou o 22 de abril de 1418. As súas 45 sesións afrontaron principalmente a unidade da Igrexa de Occidente, a defensa da fe fronte ás doutrinas de Wycliffe e de Jan Hus, e a reforma da Igrexa. Como consecuencia do cisma, a cristiandade dividiuse en tres papas: Xoán XXIII, Gregorio XII e Benedicto XIII, depostos polo Concilio, que declarou a súa autoridade suprema ao proceder o seu poder unicamente de Cristo. A tendencia conciliarista outorgáballe o poder ao Concilio para a elección do novo papa, pero acabou impoñéndose unha solución intermedia; unha comisión composta polos cardeais e trinta prelados (representantes das nacións presentes no Concilio) elixiron como novo papa a Martiño V, que, en 1418, restableceu a autoridade papal sobre a conciliar.
-
-
Actividade que consiste en levar as contas dunha xestión, dun negocio, da administración dunha empresa ou doutra entidade.
-
Conxunto de contas dunha empresa, sociedade ou organismo público, levadas segundo un plan.
-
Rama particular da economía formada por un conxunto de postulados, proposicións e leis que teñen por obxecto a captación, a representación e a medida do patrimonio. Á función financeira sumáronselle funcións xurídicas e fiscais. Os bens e mais os dereitos constitúen o activo patrimonial; o pasivo patrimonial está formado polas obrigacións, e a diferencia entre eles é o neto patrimonial. Todo feito contable implica unha dobre anotación, de maneira que a suma de cantidades debedoras sexa igual ás acredoras. A contabilidade xeral é a que rexistra os movementos de valores da actividade da empresa e contribúe a determinar o balance e a conta de resultados; o primeiro paso é o de establecer a identidade entre o total de bens dispoñibles pola empresa e a suma das súas obrigacións cara aos propietarios e terceiros (activo - pasivo = capital); finalmente, faise un novo balance xeral, trasladando as perdas e as ganancias das outras contas á conta de resultados; é o balance xeral clasificado...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de contabilizar.