"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filosofía da ciencia que sostén que a psicoloxía é o estudo da conduta do individuo en interacción co medio ambiente, entendendo por conduta o funcionamento total e unificado dun organismo, humano ou non. Tamén se comprende como o conxunto de teorías psicolóxicas que tentan explicar por qué as persoas e aínda os animais se comportan dunha maneira e non doutra. Xurdiu a principios do s XIX como reacción ás dúas escolas de pensamento dominantes na época: o estruturalismo de Wilhelm Wundt e o funcionalismo asociado, por exemplo, a J. Dewey e J. Angell. Fronte a estes dous movementos irrompe o condutismo con John Broadus Watson como figura destacada. Psicólogo experimental especializado en animais, Watson convulsionou o panorama da psicoloxía defendendo a idea de que esta non é máis ca unha rama experimental das ciencias naturais, de maneira que os psicólogos debían desbotar todos os termos mentalistas, tan apreciados polos estruturalistas e funcionalistas, para adoptar conceptos tomados da...
-
-
confesionalidade.
-
Postura que adopta un individuo ou unha colectividade que pertence a unha determinada confesión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude do que se acomoda facilmente a calquera circunstancia, de carácter público ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de pensamento baseado nas ensinanzas de Confucio e dos seus discípulos, que pretendía establecer unha orde universal que combinase os novos valores cos antigos principios e tradicións. Os puntos fundamentais da súa mensaxe eran o concepto de rito (Li), un código de comportamento, baseado en normas consuetudinarias, e a reactivación dos valores tradicionais. Para a consecución dunha sociedade mellor, a clave da ética confuciana é o jen, virtude suprema que representa as mellores calidades humanas. Nas relacións interpersoais, o jen maniféstase na fidelidade a un mesmo e aos demais (chung) e no altruísmo (shu). A educación, o coñecemento, a autorreflexión e o amor cara aos demais son fundamentais na consecución da sociedade ideal confuciana. Politicamente defendía un goberno paternalista, cun soberano benevolente e uns súbditos respectuosos e obedientes. O confucianismo non constituíu unha relixión tradicional, xa que non posuía igrexa...
-
-
Situación ou estado de confusión que alguén manifesta nas ideas ou na súa forma de expresión, moitas veces provocado de forma intencionada.
-
Actitude ou tendencia que promove ese estado de confusión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema protestante de organización eclesiástica que presenta a Igrexa local coma un corpo autónomo de crentes independentes, rexido polas Escrituras, e que ten a Cristo como única cabeza (é dicir, sen unha autoridade sinodal ou episcopal). Xurdiu en Inglaterra no s XVI entre os puritanos, como protesta contra o sistema presbiteriano e anglicano. Robert Browne e Joan Robinson foron os seus principais dirixentes, e contaron coa colaboración de Cromwell e Milton. As igrexas congregacionalistas agrupáronse no Consello Congregacionalista Internacional, que en 1970 se fusionou coa Alianza Reformada Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que admite a graza congrua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou tendencia que dá prioridade á idea de conservación, especialmente da natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ideoloxía e actitude que defende o statu quo vixente en cada momento e que se opón á idea de cambio social, defendido polos movementos progresistas ou revolucionarios. As primeiras manifestacións da tendencia conservadora apareceron en Inglaterra, entre a Guerra Civil de 1649 e a Revolución de 1688, cando os conservadores (tories) defenderon os intereses da aristocracia terratenente e do alto clero. A súa configuración como corrente ideolóxica partiu das obras de Edmund Burke, quen rexeitaba os principios da Revolución Francesa (igualdade, representación e soberanía popular), pero aceptaba a teoría do contrato social e o principio de soberanía nacional. Tomando como modelo as tradicións políticas británicas, defendía a orde, o equilibrio e a supremacía dunha lei natural e divina, e como froito dela existía un grupo, unha aristocracia natural que se ocuparía do goberno. Sobre esta base ideolóxica asistemática, apareceron durante o s XIX diversas correntes ou liñas doutrinais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema organizado de consoantes nunha lingua dada. Segundo as teorías de Jakobson, este termo designa o conxunto de oposicións consonánticas primarias (como /p/-/k/) que aparecen nas primeiras manifestacións lingüísticas de todos os falantes. Tamén se denomina consonantismo mínimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político en que se regula o goberno por medio de normas estables, escritas e contidas nunha Constitución. Xurdiu como reacción fronte ao Estado absoluto e estendeuse por Europa, especialmente durante o s XIX. Ligado á corrente liberal, ten no parlamentarismo a súa forma máis adecuada.
-
-
Movemento plástico iniciado en Moscova por Vladimir Tatlin (1914), quen o englobou na arte abstracta. A este artista adheríronse os irmáns Anton Pevsner e Naum Gabo e, posteriormente, Malevič e Rodčenko. Pevsner e Gabo publicaron o Manifesto realista (1920), no que se afirmaba a finalidade de construír unha nova realidade a partir do emprego de novos materiais industriais como os metais ou os plásticos. Mentres Pevsner e Gabo propuxeron unha arte espacial e espiritualista, Tatlin, que desenvolveu a tendencia produtivista que afirmaba a función social da arte ao servizo da colectividade, colaborou co Estado comunista na creación da nova estética. As obras realizadas por Tatlin, as estruturas útiles, baseáronse na funcionalidade e na xeometría. Entre todas elas, a máis representativa foi a maqueta do Monumento á III Internacional (1920). O movemento expandiuse por Europa trala condena do réxime soviético en 1922 que expulsou, entre outros, a Pevsner e Gabo. No...
-
Tendencia literaria que se desenvolveu en Rusia a partir dos principios do construtivismo artístico. Adscribíronse a ela os poetas V. A. Lougovskoi, I. L. Selvinski, V. Inber e Bagritski, entre outros, o director teatral V. E. Meyerhold, e o crítico K. L. Zelinski, que sentou as bases teóricas da estética. Ideoloxicamente, apoiaron o movemento bolxevique e vindicaron os escritores proletarios. Xurdiu dunha vontade de oposición aos modos tradicionais de composición, inspirada nos avances tecnolóxicos e no futurismo. Entendeu o feito literario como unha construción (igual ca unha peza de enxeñería) na que os recursos empregados, isto é, o aparato metafórico, o ritmo, a medida dos versos, etc, debían estar estreitamente relacionados co tema en cuestión, segundo unha técnica de construción que funcionaba, ao mesmo tempo, como medio de comprensión da realidade. Asentouse na busca da racionalidade e da perfección formal e empregou tecnicismos, formas épicas e recursos e procedementos próximos...
-
Corrente psicopedagóxica que se caracteriza polo feito de entender o proceso da aprendizaxe humana como unha articulación de construcións mentais elaboradas de xeito activo por cada individuo. Enmárcase dentro da familia dos enfoques cognoscitivistas, que teñen a súa orixe nas teorías do psicólogo suízo Jean Piaget, e establece que a educación escolar debe promover nos alumnos a creación de estruturas mentais activas que se teñen que configurar, ao mesmo tempo, como esquemas de coñecemento. É o modelo psicopedagóxico adoptado na reforma educativa española de 1990.
-
Corrente artística europea, nacida en Rusia e ligada ás artes plásticas, que se promoveu a partir de 1915, e que tivo unha considerable influencia no desenvolvemento da teoría teatral de Vsevolod Meyerhold, principalmente co espectáculo Le cocu Magnifique, que presentou en 1922, a partir dun texto de Fernand Crommelynck. Este novo ideario artístico foi un dos estímulos necesarios para o desenvolvemento da biomecánica, proposta de formación integral dos actores e sustentadora de toda unha teoría da interpretación que parte do principio de que o personaxe é unha realidade que se constrúe a partir dos máis diversos elementos, da dimensión física do traballo actoral, nun proceso sumamente racional no que o intérprete ten en todo momento un control absoluto sobre os seus recursos expresivos. Esta proposta supoñía a superación doutras liñas de traballo máis centradas na introspección, na interiorización de emocións e vivencias, en procesos de identificación emotiva. Tamén incidiu na recuperación...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia ao consumo excesivo e inxustificado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a manterse sen cambios un sistema ou unha situación establecida, especialmente na política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade acrobática que consiste na contorsión do tronco e as extremidades para conseguir posturas antinaturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías políticas que explican a orixe da sociedade a partir do contrato social. As ideas de contrato social, de individualismo e dun primixenio estado de natureza, ligadas á mentalidade burguesa do s XVII, desenvolvéronse no pensamento político europeo dende finais do s XVI ata finais do s XVIII. Thomas Hobbes (1588-1679) afirmou que a existencia do pacto ou contrato social supuña a saída do estado de natureza caracterizado polo permanente enfrontamento. Para acadar a paz común, os homes entregan o seu poder e os seus dereitos individuais a unha autoridade soberana que pode ser outro home ou unha asemblea. A relación que se establece entre soberano e súbdito produce a sociedade civil; sen embargo, Hobbes non concretou a forma de goberno que podía ser a monarquía, a aristocracia ou a democracia. Para John Locke (1632-1704), os homes no estado de natureza están limitados por unha lei moral e gozan duns dereitos naturais que xeran deberes; ademais, organízanse en sociedade...
-
-
Calidade de convencional.
-
Aquilo que está aceptado socialmente e que se leva a cabo segundo a tradición ou o costume.
-
Doutrina filosófica que ve nos principios lóxicos, e mesmo nas leis da natureza, puras convencións. Antigamente defendíana os sofistas; máis modernamente, aplicouse aos principios xeométricos, á física, á matemática e á construción de linguaxes. Un dos autores de referencia é Henri Poincaré.
-
-
-
Movemento social que promove a creación de cooperativas dirixidas ao mercado e caracterizadas pola coincidencia do traballo e o capital nas mesmas persoas. En razón da súa finalidade pódense distinguir diversos tipos: cooperativas agrícolas, de crédito, de vivendas, de produción ou de consumo.
O cooperativismo no mundo
Pódense considerar os agricultores primitivos, os gremios medievais europeos, as comunidades agrarias asiáticas e determinados movementos de migración, como os primeiros exemplos dun proceso cooperativista que acadou trazos formais e ideolóxicos a finais do s XVIII. Os primeiros teóricos do cooperativismo, Fourier, Considérant, Blanc, Cabet, Owen e King, definírono como unha modalidade de asociación económica no marco de propostas reformistas que se poden considerar utópicas: os falansterios de Fourier ou os obradoiros de Blanc. Nos seus comezos, as cooperativas eran tamén sociedades obreiras (sociedades de apoio mutuo, sindicato e centros de formación);... -
Movemento ou doutrina favorable á cooperación.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1966 na Coruña co subtítulo de “Órgano de la Unión Territorial de Cooperativas del Campo y de la Central Lechera Cooperativa”. Cesou o 1 de xullo de 1971. Dirixida por Enrique María Santos Bugallo, contou coas colaboracións de Juan Gil Armada, Rafael Taboada Vázquez, Antonio Bello Vizoso, E. Santos Posse, etc. Ademais de temas agropecuarios e políticos, incluíu poemas de Rosalía de Castro e contos de Emilia Pardo Bazán, á parte doutras notas literarias. A partir de xuño de 1977 puido ter a súa continuación noutro xornal informativo das mesmas características que levaba como subtítulo o de “Voceiro das Cooperativas de Campo da Cruña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Vigo no ano 1990. Editada pola Aula da Empresa Cooperativa da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, nos seus inicios estivo dirixida por Santiago Santos Castroviejo e coordinada por Constantino Gago Conde; dende 1996 a dirección compartírona Ana Rosa Lorenzo Vila, Antxon Mendizábal Etxabe e o propio Santos Castroviejo. A partir do ano 2001 dividiuse nas seccións “Doutrina”, “Xurídica”, “Tributaria”, “Movementos sociais”, “Actualidade cooperativa” e “Libros e documentos”. Contan coa colaboración de María X. Cabaleiro, Xosé A. Gómez Segade, Xulio Pardellas, Uxío Labarta, Pablo Sande, Anne Haire, Antón Vaamonde, Xulio Ríos e Francisco Sineiro, entre outros. O seu obxectivo é o debate e a promoción das sociedades autoxestionarias de Galicia, e inclúe artigos nos que se analizan diferentes aspectos do cooperativismo, como os referentes ás leis, á situación social e política, aos rexistros de cooperativas, etc, en diferentes eidos do sector industrial.
VER O DETALLE DO TERMO