"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Contrario á ditadura de Porfirio Díaz, en 1906 fundou en EE UU o Partido Liberal Mexicano, de ideoloxía socialista, que inspirou o movemento obreiro mexicano. En 1918 dirixiu un manifesto a todos os anarquistas do mundo, polo que foi condenado e encarcerado na prisión de Leavenworth, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira en Bos Aires, onde participou activamente na vida cultural da comunidade emigrante e promoveu a creación de grupos de teatro. É autor de diversas pezas nas que mestura a defensa dos sinais de identidade de Galicia coas estampas da vida rural. Entre elas podemos citar Un ovo de dúas xemas, Catro estampas de beiramar, Nai e filla ou Uxío!.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailadora e cantante. Coñecida como Lola Flores La Faraona, empezou a súa carreira musical no Teatro Villamarta da súa vila natal e seguidamente participou no filme Martingala (1940). En Madrid debutou no Teatro Fontalba co espectáculo La cabalgata e posteriormente formou parella con Manolo Caracol e estreou o espectáculo Zambra. En 1953 formou a súa propia compañía. Fixo célebres temas como El Lerele, Ay pena, penita, pena!, La guapa de Cádiz, La espinita ou Échale guindas al pavo, e participou nas películas La niña de la venta, La estrella de Sierra Morena, Maricruz, La Faraona, El embrujo, El asesino no está solo e María de la O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz coñecida como Marisol. Comezou no mundo do cine coa película Un rayo de luz (1960), que lle valeu un premio na Mostra de Venecia. A partir dese momento iniciou unha produtiva carreira como actriz infantil, con filmes como Ha llegado un ángel (1961), Tómbola (1962), Marisol rumbo a Río (1963), La nueva Cenicienta (1965), Cabriola (1965), Carola de día, Carola de noche (1968) ou La chica del Molino Rojo (1973). Despois deste período desapareceu da vida pública, ata que en 1983 participou na película Carmen, de Carlos Saura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor español. Da súa produción destaca Breve tratado de Grimalte y Gradisa (1495), que continúa a Fiammeta de Boccaccio, e Historia de Grisel y Mirabella con la disputa de Torrellas y Bracayda (1495?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolores Flores Ruiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do Océano Pacífico, entre as illas Célebes, ao N, e as de Sumbawa e de Flores, ao S, e entre o mar de Java, ao O, e o de Banda, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Realizou as obras de cantería da fonte coa imaxe de santa Margarida en San Pedro de Vilar (Pontedeume, 1671). Con Toribio de la Vega reconstruíu a capela de Nosa Señora das Virtudes e do Soto en Pontedeume (1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de florecer.

    2. Momento ou época da abertura do abrocho floral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espada de folla de sección cadrada, moi flexible, de 90 cm de lonxitude, coa punta rematada nunha bóla e dun peso máximo de 500 g. É unha das armas coas que se practica a esgrima.

    2. Especialidade da esgrima.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘coito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • flordelisado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo. Traballou en 1929 en España con Santiago Ramón y Cajal. Profesor e investigador no campo da bacterioloxía, foi o xefe do equipo que realizou as experiencias sobre a penicilina; illou, purificou e obtivo en grandes cantidades a penicilina, descuberta por A. Fleming, e efectuou con ela as primeiras experiencias en animais e os primeiros ensaios clínicos. Foi membro e tamén presidente (1960) da Royal Society de Londres. En 1945 recibiu, conxuntamente con A. Fleming e E. B. Chain, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola súa decisiva colaboración no estudo e aplicación da penicilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido patronímico, que se remonta á familia real astur dos Froila. Coa Reconquista esténdese pola Península; en Galicia entronca con outras importantes liñaxes como os Flores de Losada, que se estableceron en Valdeorras. As súas armas levan, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro. Tamén se recolle coa forma Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e militar. Capitán xeneral de Ferrol (1771-1776), foi vicerrei de Nova Granada (1776-1782) e de Nova España (1787-1789), onde realizou unha pequena reforma da facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi senador por Lugo (1843-1844) e deputado polo distrito de Valdeorras (1846-1849). Ao renunciar á acta de deputado por Valdeorras (1849) para converterse en senador vitalicio, foi denunciado e renunciou ao escano senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Defensor do liberalismo, publicou Curso de Economía Política (1828), no que reflectiron as opinións dos economistas clásicos ingleses, e que se empregou como texto universitario. Crítico coa desamortización de Mendizábal, propuña a conservación das terras polo Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Oficial da Mariña, formou parte da Comisión de Planos Hidrográficos e Navegación en Europa e América. En 1834 pasou á administración do Estado e en 1840 exerceu como secretario da Xunta Provincial, creada tralo pronunciamento progresista. Foi alcalde da Coruña (1846-1847 e 1851-1854), cargo desde o que realizou diversas obras públicas e reformou o Hospital e o Hospicio. Deputado a Cortes pola Coruña na lexislatura 1857-1858, desenvolveu unha intensa actividade en favor do ferrocarril galego; logrou unha licenza para a construción do ferrocarril do Noroeste (Galicia-Asturias), pero non atopou investidores. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e cabaleiro da Real Orden de San Hermenegildo e da Real Orden de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO