Flórez Freire, Xoán
Político. Oficial da Mariña, formou parte da Comisión de Planos Hidrográficos e Navegación en Europa e América. En 1834 pasou á administración do Estado e en 1840 exerceu como secretario da Xunta Provincial, creada tralo pronunciamento progresista. Foi alcalde da Coruña (1846-1847 e 1851-1854), cargo desde o que realizou diversas obras públicas e reformou o Hospital e o Hospicio. Deputado a Cortes pola Coruña na lexislatura 1857-1858, desenvolveu unha intensa actividade en favor do ferrocarril galego; logrou unha licenza para a construción do ferrocarril do Noroeste (Galicia-Asturias), pero non atopou investidores. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e cabaleiro da Real Orden de San Hermenegildo e da Real Orden de Carlos III.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : A Coruña