"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • PERSOEIRO

    Químico británico. Doutorouse en 1956 na University of Manchester e foi profesor da University of British Columbia (Vancouver). En 1993 recibiu, xunto Kary B. Mullis, o Premio Nobel de Química, pola súa contribución ao establecemento da mutaxénese dirixida mediante oligonucleótidos, e o seu desenvolvemento para estudos de proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Investigou sobre economía experimental e instaurou unha serie de métodos experimentais que serviron de norma a calquera experiencia de laboratorio. Recibiu, xunto con Daniel Kahneman, o Premio Nobel de Economía en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo inglés. Estableceu o criterio paleontolóxico para a determinación da idade das rochas, feito polo que é considerado o pai da paleontoloxía estratigráfica. É autor de Geological Map of England and Wales, With Part of Scotland (1815), Stratigraphical System of Organised Fossils (1817) e Geological Atlas of England and Wales (1819-1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Mantivo un forte compromiso cos temas sociais e políticos. Traballou en Newsweek (1938), na axencia Black Stare e en Life (1939-1941 e 1947-1954), onde publicou as reportaxes (Spanish Village, 1950; Nurse Midwife, 1951). Correspondente na Segunda Guerra Mundial (1942-1944) e membro da axencia Magnum (1955-1958), traballou para Life e Hitachi Co, realizando ensaios fotográficos (Minamata, Japan, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da África austral, orixinariamente centrada na conca do Vaal e os afluentes do curso superior do Orange. Corresponde a unha fase avanzada da Idade de Pedra da África meridional, con industrias líticas de follas que tomaron carácter microlítico. Durante fases máis modernas a área estendeuse e utilizaron a cerámica. Parece que continuou ata a chegada do ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Coa súa dona Alison Margaret Smithson (Sheffield 22.6.1928-Londres 16.8.1993) protagonizou o brutalismo, representado polo seu primeiro edificio, a escola de Hunstanton, preto de Norfolk (1949-1954). Publicaron o Manifesto do novo brutalismo (1955) e ao ano seguinte presentaron un prototipo da casa do futuro, a Plastic House.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de cinc, de fórmula ZnCO3. Cristaliza no sistema romboédrico en cristais pequenos, xeralmente arredondados e rugosos. É de cor branca ou agrisada, podendo presentar outras coloracións. Ten unha densidade de 4,43 e unha dureza de 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Sodoma.

      2. Natural ou habitante de Sodoma.

    1. Que ou quen practica a sodomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sodomía ou aos sodomitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista ruso. Discípulo de M. Steinberg e de A. Glazunov, das súas obras destacan as óperas Nos (O nariz, 1930) e Ledi Makbet Mcenskogo vezda (Lady Macbet de Mcensk, 1934), as súas quince sinfonías (1926-1972), os quince cuartetos (1938-1974), un concerto para violoncello (1966), varios ballets, música para piano, de cámara, para teatro e diversas bandas sonoras para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán, pai de K. P. Stamitz. En 1745 converteuse en kapellmeister da corte de Mannheim, o que lle permitiu experimentar novos efectos sonoros que foron o estilo característico da escola de Mannheim. Compuxo sinfonías, un concerto para clarinete, música de cámara e outras pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán, fillo de J. W. A. Stamitz. Educado polos compositores da escola de Mannheim, sobresaíu como violinista. Compuxo concertos para clarinete, música de cámara, concertos para piano, sinfonías e un concerto para viola e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles. Fundada en 1903 por R. W. Maudslay, pechou en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicofisiólogo estadounidense. Especializado no campo da psicofísica, foi autor da teoría psicofísica que leva o seu nome, que se funda na apreciación cuantitativa directa da intensidade da estimulación que permite establecer escalas de relación ou subxectivas, en oposición ás escalas da psicofísica de G.T. Fechner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversas sobre a limitación de armas estratéxicas iniciadas en 1969 entre EE UU e a URSS para frear a carreira de armamentos, especialmente a dos nucleares. As principais foron as de Moscova (1972), a partir das que se denominaron SALT II, e as de Vladivostok (1975). As negociacións, que comezaron en 1979, retomáronse en 1982 baixo a denominación de START.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xaponesa fundada en 1895 como banco principal do zeibatsu Sumitomo, dedicado fundamentalmente á siderurxia e á petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa e realizadora cinematográfica. Estudou fotografía e cine na University of Westminster, onde foi profesora. No seu traballo combinou as técnicas do documental fotográfico e a reportaxe para amosar os elementos que subxacen baixo as identidades culturais. Acadou sona coas series fotográficas The Blues (1986-1987) e Surveillance (1990), e publicou en Third Text, Art e Camera Austria. Como realizadora dirixiu The Third Woman (1990), Journey of No Return (1993) e The Predator (2003). Publicou Correct Distance (1990) e Beyond the Limits (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. O Tsar Alexandre I enviouno a España, entre 1812 e 1820, onde promoveu a adhesión de España a Santa Alianza, en 1817.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de limaduras de aluminio e de óxido de ferro que se emprega en aluminotermia e para soldar.

    VER O DETALLE DO TERMO