Tabrizian, Mitra

Tabrizian, Mitra

Fotógrafa e realizadora cinematográfica. Estudou fotografía e cine na University of Westminster, onde foi profesora. No seu traballo combinou as técnicas do documental fotográfico e a reportaxe para amosar os elementos que subxacen baixo as identidades culturais. Acadou sona coas series fotográficas The Blues (1986-1987) e Surveillance (1990), e publicou en Third Text, Art e Camera Austria. Como realizadora dirixiu The Third Woman (1990), Journey of No Return (1993) e The Predator (2003). Publicou Correct Distance (1990) e Beyond the Limits (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Irán