"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Sistema montañoso de pouca altitude que ocupa o extremo NO da Península Ibérica. Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia Alpina cun sistema de horst e graben a diversas alturas. Está constituído por materiais cristalinos e prehercinianos do rebordo setentrional de La Meseta. O conxunto presenta un aumento altitudinal graduado desde o mar cara ao interior que volve descender cara a La Meseta. Distínguense as seguintes unidades: o bloque litoral, o chanzo de Santiago, a Depresión Meridiana, a Dorsal Meridiana Galega, as depresións interiores e os bloques surorientais. As cadeas montañosas son pouca elevadas, e as máximas altitudes están nas serras orientais (Os Ancares, O Courel, Manzaneda e Queixa). Tamén se levanta unha dorsal de serras dispostas en dirección meridiana, que dividen o territorio pola metade (O Faro, Cova da Serpe e Serra da Loba), e que ascenden en altitude de N a S. Das áreas afundidas destacan as depresións de Monforte, Sarria e A Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Recibiu a influencia do impresionismo en París, do fauvismo, do cubismo e especialmente de R. Delaunay. Xunto con V. Kandinskij e F. Marc participou no grupo Der Blaue Reiter, e en 1914 traballou con P. Klee en Tunes. A súa obra, figurativa en conxunto, revela unha temática contemporánea que está expresada mediante unha estilización das formas e unha harmonía contrastada de tons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Formou parte da xeración de 1950. Dirixiu, entre outros filmes, The Man in the White Suit (1951), Mandy (1952), Sweet Smell of Sucess (1957) e Don’t Make Waves (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos Territorios do Noroeste, Canadá. Nace nas Montañas Rochosas, co nome de Athabasca, atravesa o lago homónimo e o Great Slave, e cando sae adquire o nome de Mackenzie. Recolle pola dereita as augas do escudo canadense e pola esquerda a das Montañas Rochosas setentrionais. Desemboca, tras un percorrido de 4.600 km, en forma dun extenso delta no mar de Beaufort, no Océano Ártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. En 1789 descubriu o río que leva o seu nome, desde onde chegou ata o Océano Ártico. Nunha expedición a través das Montañas Rochosas (1792-1793) chegou ata o litoral do Océano Pacífico. Publicou Voyages from Montreal at the River St Lawrence through the Continent of North America to the Frozen and Pacific Oceans (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista británico. Comezou a escribir a peza de teatro The Gentleman in Grey (1907), pero inclinouse pola novela, como The Passionate Elopement (1911), Carnival (1912), Extremes meet (1928) e Extraordinary women (1928), así como unha triloxía sobre as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo británico. Foi especialista en xeografía política, e deu moita importancia ao espazo ruso-asiático. Da súa obra destaca Britain and the British Sears (1902), The Pivot of History (1904) e The Rhine, its Valley and History (1908). Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Foi profesor de neurobioloxía molecular e biofísica na Rockefeller University. En 2003 recibiu, xunto con P. Agre, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos relacionados coas canles nas membranas celulares, en particular polos seus estudios sobre a estrutura e o mecanismo das canles de ión potasio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador escocés. Foi director da Escola de Glasgow, e en 1923 instalouse en Londres, onde deseñou mobles e tecidos e pintou acuarelas. Xunto con Herbert Mac Nair e os irmáns Mac Donald, constituíu o grupo The Four. A súa obra intensificou a articulación interna dos espacios e amosou unha clara ordenación cubista asimétrica en que destacou os elementos construtivos. Realizou o edificio para o diario Glasgow Herald (1894), a Glasgow School of Art (1898-1909) e a casa de campo Hill House (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. En 1882 fundou a Century Guild, que editou The Hobby Horse, co que pretendeu renovar a tipografía e a ilustración segundo as presentacións de Arts and Crafts. Deseñou papeis pintados e tecidos con paxaros e flores. A partir de 1904, dedicouse a expoñer as súas teorías sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agregado cristalino regular que está constituído por dous cristais asociados simetricamente, de xeito que un deles pode estar colocado paralelo ao outro mediante unha reflexión sobre unha cara común, denominada plano de macla, ou ben mediante un xiro de 180° ao redor dunha recta común denominada eixe de macla. As maclas teñen a miúdo nomes específicos que fan referencia á súa forma característica, á localidade onde se atopou por primeira vez, ou ben, ao mineral que presentan máis a miúdo. Moitos minerais importantes, como a ortosa, a microclina, os plaxioclasios e a calcita, son a miúdo maclas.

    2. Deformación da estrutura cristalina dun metal en que unha zona ben definida desta, toma unha orientación diferente pero constante e cunha relación determinada co resto do cristal. As maclas prodúcense por esforzos mecánicos (maclas mecánicas), ou ben aparecen na operación de recocido (maclas de recocido).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta maclas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Shirley MacLean Beauty.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Na súa obra fundamental A Treatise of Fluxions (1742), prolongou, con métodos orixinais os cálculos do seu mestre I. Newton sobre determinadas cuestións aínda non aclaradas, como a figura de equilibrio dunha masa fluída en rotación ou a atracción que exerce por un elipsoide homoxéneo sobre puntos da súa superficie ou do seu interior. Estableceu tamén a fórmula Maclaurin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que dá o desenvolvemento en serie de Taylor   no punto x = 0 dunha función f(x), real ou complexa, derivable ata a orde n + 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Shirley MacLaine, foi cantante e bailarina, e a súa grande expresividade permitiulle interpretar tanto comedias coma dramas. Da súa filmografía destacan Ask Any Girl (Silbenen Bär en Berlín, 1959), The Apartament (Premio en Venecia, 1960), Irma, la Douce (1963), Desperate Characters (Silbenen Bär en Berlín, 1971), The Turning Point (1977), Terms of Endearment (1983, Oscar á mellor actriz, 1984), Madame Sousatzka (Premio en Venecia, 1988), Steel Magnolias (1989), Bruno (2000) e Carolina (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo estadounidense. Foi delegado cultural da ONU. Destacan as súas obras The Happy Marriage (1924), Streets on the Moon (1926) e J. B.: A Play in Verse (1959). Obtivo en dúas ocasións o premio Pulitzer (1933 e 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico escocés. Dirixiu na Universidade de Toronto (Canadá) os estudios sobre a acción dos extractos pancreáticos que o levaron, xunto con F. G. Banting e C. Best, ao descubrimento da insulina (1921). Das súas obras destacan Practical Physiology (1902) e Physiology and Biochemistry in modern Medicine (1918). En 1923 recibiu, xunto con Banting, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da insulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de editores ingleses fundada por Daniel Macmillan (1813-1857). Asociado co seu irmán Alexander Macmillan (1818-1896), adquiriron diversas librerías e conseguiron extraordinarios éxitos con obras de Ch. Kingsley, A. Huxley, L. Carrol e Th. Hugues, entre outros. Converteuse, como sociedade limitada (1893), nunha das editoriais máis importantes do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edwin Mattison McMillan.

    VER O DETALLE DO TERMO