Macizo Galaico
Sistema montañoso de pouca altitude que ocupa o extremo NO da Península Ibérica. Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia Alpina cun sistema de horst e graben a diversas alturas. Está constituído por materiais cristalinos e prehercinianos do rebordo setentrional de La Meseta. O conxunto presenta un aumento altitudinal graduado desde o mar cara ao interior que volve descender cara a La Meseta. Distínguense as seguintes unidades: o bloque litoral, o chanzo de Santiago, a Depresión Meridiana, a Dorsal Meridiana Galega, as depresións interiores e os bloques surorientais. As cadeas montañosas son pouca elevadas, e as máximas altitudes están nas serras orientais (Os Ancares, O Courel, Manzaneda e Queixa). Tamén se levanta unha dorsal de serras dispostas en dirección meridiana, que dividen o territorio pola metade (O Faro, Cova da Serpe e Serra da Loba), e que ascenden en altitude de N a S. Das áreas afundidas destacan as depresións de Monforte, Sarria e A Limia.