"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • O último dos cinco libros bíblicos que constitúen o Pentateuco, composto entre os ss IX e VIII a C. Contén unha recompilación dos discursos postos en boca de Moisés antes de morrer, unha colección de preceptos lexislativos, que constitúen o núcleo central, e narracións espalladas de antigas xestas épicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á tradición que deu lugar ao libro do Deuteronomio. Ademais deste libro, a tradición inspirou a redacción dos libros de Xosué, de Samuel e dos Reis, así como as reformas do de Nehemías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xastre, político e xornalista. Emigrou moi novo a Cuba. Foi membro fundador do Partido Autonomista Cubano e, xunto con Xosé Porrúa, fundou e dirixiu o xornal El Avisador Galaico (1878). Publicou a obra Método de corte para los sastres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén dous átomos, por exemplo H2 ou HCl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha silícea sedimentaria de orixe orgánica formada principalmente por cunchas de diatomeas. Emprégase principalmente como absorbente, abrasivo, illante térmico ou material filtrante. Tamén se denomina terra de diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro do Partido Liberal, alcalde da cidade de Panamá (1910-1912) e presidente da Asamblea Nacional (1932). Elixido presidente en 1948, ocupou o cargo durante dez meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Comezou a carreira militar en 1836 e participou na Primeira Guerra carlista nas batallas de Galaneta, Alcora -pola que acadou a Cruz de San Fernando-, Morella e Lucena. En 1840 foi destinado a Santiago de Compostela e sete anos máis tarde participou coa expedición española na sufocación da sublevación Patuleia de Portugal (1846-1847) e despois foi nomeado capitán do batallón provincial da Coruña. Durante a súa estadía en Compostela realizou unha intensa actividade cultural, desempeñou unha das cátedras do colexio de Distinguidos de Galicia e participou na constitución da Academia Literaria de Santiago, da que chegou a ser presidente interino. Foi un dos iniciadores dos estudios sobre folclore ferrolán ao publicar en 1860 en El Eco Ferrolano unha colección de romances alusivos á súa cidade natal, fundou e dirixiu o xornal El Idólatra de Galicia (1841-1842) e colaborou con poemas e traballos históricos en varios xornais e revistas, como o aparecido no Anuario Ferrolano...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División en dúas partes.

    2. Ramificación en que cada eixe se divide en dous.

    3. Método de clasificación no que as divisións e subdivisións son binarias.

      1. Fase da Lúa en que só é visible a metade do disco.

      2. Fase dos planetas interiores, Mercurio e Venus, en que só está iluminada polo Sol unha metade do planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dicotomía.

    2. Aplícase ao sistema de determinación en que as características se presentan de xeito excluínte.

    3. Que procede por divisións e subdivisións binarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que posúe dúas cores.

    2. Aplícase ao composto químico que ten dous átomos de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fungo da subdivisión ascomicotina, que produce cogomelos en apotecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastornos da pigmentación da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • distomatose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ditiosteliomicetos.

    2. Fungo da clase dos dioctiosteliomicetos.

    3. Clase de fungos mixomicetos formados por células vexetativas ameboides que, no momento de frutificar, se xuntan formando un pseudoplasmodio. Encóntranse no humus, na madeira en descomposición e no esterco de herbívoros. Comprende catro xéneros e o máis frecuente deles é Dityostelium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela en Matemáticas (1984), é catedrático dende 1992 no departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións. Rector, dende 1998, da Universidade de Vigo. En 1990 e 1995 foi profesor visitante da University of New Mexico. Foi nomeado secretario en Europa do International Science and Tecnology Educational Consortium (ISTEC), dende a súa constitución en 1990, e presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA) dende 1998. Entre os seus logros no campo da transferencia tecnolóxica destaca o de acadar para a Universidade de Vigo a primeira rede telemática en cooperación con universidades de Latinoamérica. Entre as súas máis de 30 publicacións, cómpre salientar os libros: Intelligent Methods in Signal Processing and Communications (Métodos intelixentes no procesamento do sinal e comunicacións, 1997), Análisis Espectral (1997), Señales y Sistemas Discretos (1998) e Desarrollo y evaluación de un sistema de cineantropometría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha sedimentaria que ten como compoñente principal a dolomita, e como secundarios, a calcita, a limonita e o cuarzo. As dolomías poden ser de cor branca, amarela, castaña, gris ou negra. A textura é homoxénea e corresponde a un gran fino ou medio que, ás veces, contén fósiles. Fórmase como consecuencia dun proceso diaxenético de metasomatose (dolomitización) a partir de rochas calcarias, que sofren o intercambio de magnesio con augas ou rochas ricas neste elemento do contorno. Distínguense dúas variedades de dolomía: a dolomía común, que presenta un contido elevado de arxilas e partículas de cuarzo e, as máis das veces, ten zonas de descarbonatación que forman fisuras entrecruzadas; e a calcaria dolomítica, que se caracteriza por constituír mesturas, en distintas proporcións, de calcaria e dolomía. Na Península Ibérica aparece no oriente galego, no Sistema Ibérico, nas serras béticas e no Levante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de calcio e magnesio, de fórmula CaMg(CO3)2. Ten a mesma estrutura que a calcita, pero coa metade dos átomos de calcio substituídos polos de magnesio. Os cristais son normalmente romboédricos, aínda que tamén poden presentarse en masas granulares. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 2,8. Presenta varias coloracións dende a incolora e transparente ou ben branca, ata a gris ou verdosa. Ao aumentar o contido en ferro, vólvese dun amarelo amarronado ou marrón. É moi abundante nos terreos sedimentarios, formada seguramente por transformación da calcita baixo a acción de solucións magnésicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo dos Alpes orientais, ao NL de Italia, que se estenden entre os ríos Adige e Isarco ao O, Rienza ao N, Piave ao L e Brenta ao S. Crean unha paisaxe característica, chamada dolomítica, na que dominan os penedos e as torres, e os grandes contrastes entre a rocha núa das altas paredes verticais e o material detrítico dos pés de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dolomita.

    2. Que contén dolomita.

    3. ladino.

    VER O DETALLE DO TERMO