dolomita
dolomita
(
s
f
[MINERAL]
Carbonato de calcio e magnesio, de fórmula CaMg(CO3)2. Ten a mesma estrutura que a calcita, pero coa metade dos átomos de calcio substituídos polos de magnesio. Os cristais son normalmente romboédricos, aínda que tamén poden presentarse en masas granulares. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 2,8. Presenta varias coloracións dende a incolora e transparente ou ben branca, ata a gris ou verdosa. Ao aumentar o contido en ferro, vólvese dun amarelo amarronado ou marrón. É moi abundante nos terreos sedimentarios, formada seguramente por transformación da calcita baixo a acción de solucións magnésicas.