"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
GALICIA
Realizador cinematográfico, guionista e escritor. Impulsou, xunto a Antonio del Amo, a creación da produtora Sagitario Films (1947), que financiou as tres primeiras películas de del Amo, todas elas escritas por Mur Oti, das que destaca Cuatro mujeres (1947). Tamén fundou a compañía de produción Celta Films. Traballou para TVE na dirección de programas de éxito como Hoy dirige ou La otra cara del espejo na década de 1960, e foi guionista das series televisivas Cañas y Barro (1978) e La Barraca (1979). O seu primeiro filme como director foi Un hombre va por el camino (1949), ao que seguiron Cielo Negro (1951), Condenados (1953) e Orgullo (1955), obras en que se aprecian as características esenciais do seu cine. Tamén destacan as súas películas Fedra (1956), La guerra empieza en Cuba (1957), Duelo en la cañada (1959), Milagro a los cobardes (1962), El escuadrón del pánico...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, da familia das boraximáceas, lixeiramente pilosas, de follas simples enteiras, de flores xeralmente azuis, agrupadas en cimas, e de froitos en tetraquenio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, de pequeno tamaño e orellas longas. As especies deste xénero voan moi rápido e aliméntanse de insectos. As principais especies que se atopan en Galicia son M. daubentonii, M. emarginatus, M. nattereri, e Myotis bechsteinii.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que produce narcose. Clasifícanse en tres grupos: drogas naturais, alcaloides procedentes de produtos naturais e dos seus derivados, e narcóticos sintéticos, entre os que se atopan os analxésicos de síntese, con capacidade de producir hábito. A venda de narcóticos está sometida a unha lexislación especial, para protexer o cidadán da posible formación dun hábito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide do grupo dos isoquinoleínicos da papaverina, contido no opio aproximadamente nun 6%. Emprégase en medicina como antiespasmódico.
-
-
Conxunto de efectos producidos polas substancias narcóticas.
-
Uso inmoderado de narcóticos.
-
Produción da narcose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de narcotizar.
-
-
Administrar un narcótico.
-
Producir narcose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á necrobiose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á necrose.
-
-
Relativo ou pertencente á nefrose.
-
Que ou quen está afectado de nefrose.
-
Situación clínica que se caracteriza pola presenza de albuminuria, hipoalbuminemia, edemas, hiperlipemias, oliguria e lipiduria. Débese a unha lesión da membrana basal do glomérulo renal que aumenta a permeabilidade completamente permitindo a filtración das proteínas cara á urina.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao neogótico.
-
Movemento artístico de carácter romántico que comezou a mediados do s XVIII, case ao mesmo tempo ca o neoclasicismo. Inspirado no gótico, as falsas ruínas de Strawberry Hill (1750) e a abadía de Fonthill (1796), en Inglaterra, son algúns dos testemuños máis antigos. Impulsado pola literatura de Chateaubriand e de Víctor Hugo, tivo un gran predicamento a comezos do s XIX. Arquitectos como Pugin, Scott, Street, Abadie e sobre todo Viollet-le-Duc, déronlle forma teórica e práctica. Ademais da construción de novos edificios, entre os que sobresae o palacio episcopal de Astorga, de A. Gaudí, destaca a restauración de monumentos, entre eles a catedral de Barcelona.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, de follas oblongas, flores rosas e esporón curto, que presentan as pezas do periantio iguais e o labelo trilobado. En Galicia está presente a especie N. maculata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo moi próximo á descrición do holotipo orixinal e que o reempraza cando este falta.
-
-
Método de que se valeron os papas para consolidar o seu poder temporal, que consistiu en favorecer a membros das súas familias con doazóns, títulos ou favores en xeral. Orixinariamente referíase aos sobriños ou aos fillos recoñecidos legalmente con este nome, pero estendeuse tamén a outros membros da familia, e tivo especial importancia durante os ss XV e XVI.
-
Abuso de poder cometido a favor de amigos e parentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección mental que depende da actividade do sistema límbico e do sistema vexetativo, que se caracteriza por presentar respostas de ansiedade e hiperreactivas e por amosar unha maior fatiga física e mental.
-
-
Relativo ou pertencente á neurose.
-
Que ou quen padece neurose.
-
Comportamento anómalo que está motivado pola perda de harmonía nas estruturas da personalidade. Segundo as tendencias a que está predisposto cada individuo, este pode reaccionar en forma histérica, neurasténica ou obsesiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das solanáceas, que inclúe plantas de América tropical e de Oceanía, das que se obtén o tabaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide do tabaco que se extrae das follas de Nicotiana tabacum, onde se atopa nun 2-8% do seu peso en seco. É un líquido incoloro e velenoso e constitúe o principal composto aditivo do tabaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amida do ácido nicotínico. É o precursor do dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD). OBS: Tamén se denomina niacinamida ou factor PP (preventivo da pelagra).