"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
-
Pintura feita sobre unha superficie transparente, xeralmente de seda. Ao mesturar sobre ela pintura opaca e transparente, prodúcense, mediante combinacións de luces, unha serie de efectos ópticos. O seu inventor foi o francés Louis-Jacques Daguerre.
-
Decorado teatral no que, mediante panos e bambolinas, se fai unha representación corpórea dunha escena, situación, feito histórico, etc, cunha sensación de volume, profundidade e luz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diorama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ditirambo.
-
-
Composición poética cantada por un coro na honra do deus grego Dióniso, que ía acompañada dunha danza, da que deriva o concepto do dionisíaco, principio estético situado no dominio dos instintos, do éxtase, da natureza e das forzas escuras. Durante a celebración das Grandes Dionisias en Atenas, a cidade organizaba un concurso de ditirambos nos que participaban coros con cincuenta nenos cada un e outros tantos coros de adultos, con idéntico número de integrantes, que representaban as dez tribos da Ática. Participar no concurso de ditirambos era un deber cívico e gañar o concurso constituía a meirande honra para a tribo. Diversos investigadores consideran o ditirambo un dos xermolos da traxedia, nun proceso consistente nun diálogo entre o coro e un solista ou corifeo.
-
Poema lírico, escrito en diversos versos, no que se amosa entusiasmo por algo.
-
Loanza excesiva de algo ou de alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso tectónico apreciable nas series de rochas sedimentarias, no que estas se pregan pola presión que exercen sobre elas forzas compresivas, produto dos movementos tectónicos da codia terrestre.
-
GALICIA
Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade da Coruña. Nomeado vicepresidente primeiro de Caixa Galicia (30.11.1989), accedeu á presidencia en 1991 e foi reelixido en 1994. Vocal da Cámara de Comercio da Coruña e da Escola de Economía, preside a Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid e licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid. Traballou na empresa IBM, e como docente foi profesor na Escola Profesional de Comercio da Coruña e catedrático de Economía Financeira da Empresa na Universidade da Coruña, na que dirixiu o departamento de Economía Financeira e Contabilidade. O seu campo de traballo centrouse nos sistemas de información, a teoría da decisión, a análise multicriterio, a xestión da incertidume e a valoración de instrumentos financeiros. Entre as súas publicacións cómpre salientar Introdución a la economía de la Empresa (1990), Economía Financiera de la Empresa (1994) e Fundamentos de las decisiones financieras empresariales (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e político liberal. Cursou estudios en Santiago de Compostela e ingresou no convento de San Lourenzo, aínda que antes de profesar trasladouse a Madrid, onde ensinou francés. Participou na política activa e en numerosas sociedades secretas de corte liberal existentes en Madrid, e formou parte da insurrección contra Narváez (1848). Cómpre destacar as súas obras Nueva gramática francesa (1844), Reglas de ortografía francesa (1844), Dicionario nacional o gran dicionario clásico de la lengua española (1846), Dicionario de bolsillo francés-español y español-francés (1846) e Compendio do dicionario nacional de la lengua española (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela e director xeral do Grupo Araguaney e da empresa audiovisual CTV. Presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político hindú. Foi membro do Gandhi’s Non-Cooperation Movement (1920-1921) e participou no concello de Bombai (1927-1929). Permaneceu á fronte da secretaría xeral do Congreso Nacional Indio (1931-1934) e foi membro da asemblea constituínte da India (1946-1947 e 1948-1950). Gobernou o estado de Bīhar (1947-1948), foi ministro de Agricultura e Alimentación (1948-1950), gobernador do estado de Assam (1950-1956) e deputado no Parlamento indio (1959-1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de doutorar ou doutorarse.
-
Grao máximo concedido pola universidade ou por determinadas escolas técnicas superiores.
-
Estudios universitarios de terceiro ciclo aos que se poden acceder despois de acadar o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto. Estes estudios comportan a realización de determinados cursos baixo a dirección dun departamento universitario, que teñen como finalidade a especialización do estudante e a súa formación nas técnicas de investigación dentro dunha área de coñecemento e que teñen unha duración mínima de dous anos. Despois de superar estes cursos o doutorando debe defender unha tese doutoral para recibir o grao de doutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda oficial de Armenia dende o 22 de novembro de 1993, cando substituíu o rublo. Divídese en 100 luma.
-
-
-
Obra literaria destinada á representación escénica ante un público.
-
Obra de teatro ou cine que representa situacións tristes ou dolorosas, ás veces cunha acción pincelada de matices realistas e cómicos.
-
drama escolar
Actividades teatrais desenvolvidas nos centros escolares e nas universidades durante os ss XV, XVI e XVII, que gozaron de moita popularidade. Normalmente, estaban asociadas ás clases de linguas clásicas ou romances, e consistían na lectura e representación de textos gregos e latinos, en latín ou en linguas vernáculas, e na escrita e representación de textos escritos polos propios alumnos ou polos seus profesores. O xénero acadou grande popularidade en Alemaña, impulsado por Martin Lutero ou por Philipp Melanchthon, por todo o movemento protestante europeo e por autores como Burckhard Waldis e Christoff Stummel. Tamén era habitual, mesmo con anterioridade, en universidades españolas ou francesas e nos colexios de diversas ordes relixiosas, como a Compañía de Xesús, responsable do desenvolvemento dunha ampla corrente teatral de carácter didáctico para impulsar a Contrarreforma.
-
drama litúrxico
Breve dramatización inserida nos oficios litúrxicos, cantada e representada para conmemorar o nacemento ou a morte de Xesús Cristo. As que parecen ter maior antigüidade son as documentadas nos mosteiros de Limoges (Francia), Sankt Gallen (Suíza) e Winchester (Inglaterra), de mediados e finais do s X, coñecidas como tropos. Presentan dúas modalidades básicas relacionadas co Ciclo de Nadal, como o Canto da Sibila, o Officium pastorum (visita dos pastores ao Neno Xesús), e o Ordo Stellae (visita dos Reis Magos); e co Ciclo de Pascua, como a Depositio (enterro de Cristo) e a Visitatio Sepulchri (visita ao sepulcro), da que se conservan dúas versións na catedral de Santiago de Compostela. Ademais destas primeiras manifestacións dramáticas e teatrais, a Igrexa e as confrarías tamén desenvolveron outras dramatizacións máis complexas centradas nas vidas de santos, en parábolas e exemplos, milagres, misterios ou en episodios diversos...
-
-
Xénero literario formado polas obras que se escriben para ser representadas. Segundo a Poética de Aristóteles, consiste na presentación da acción por medio do diálogo, dando lugar a tres formas dramáticas fundamentais: a traxedia, a comedia e o drama satírico. A partir do s XVIII o termo fai referencia a un xénero dramático que se sitúa a medio camiño entre a traxedia e a comedia e que destaca por reflectir os conflitos, as aspiracións e a vida cotiá da nova clase social dominante: a burguesía. A diferenza do que ocorría en Grecia ou en Roma, o ser humano, que xa goza de plena liberdade en canto individuo diferenciado e autónomo, xa non está sometido a un destino conformado polos deuses ou por forzas sobrenaturais, senón que ten que facer fronte a outros seres humanos, ás forzas sociais, ao seu pasado, ao seu futuro, a si mesmo ou á súa condición mortal. A partir dun modelo, o xénero coñece diferentes desenvolvementos, co que dá lugar ao drama romántico, ao drama naturalista, ao...
-
Acontecemento ou situación da vida real que interesa e conmove vivamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Macedonia, Grecia (3.468 km2; 96.554 h [1991]). A capital é Dráma (37.118 h [1981]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro Real de Estocolmo, fundado en 1788 polo Rei Gustavo III para a representación de obras de autores suecos. Despois de utilizar diferentes emprazamentos, en 1843 trasladouse a unha sede permanente. En 1907 ocupou o edificio actual, onde mantén abertas varias salas para presentar espectáculos de diverso formato. No seu reperorio habitual figuran os nomes de dramaturgos tan destacados como Henrick Ibsen, August Strindberg, Bertolt Brecht ou Eugene O’Neill, e, entre os seus directores, cómpre subliñar a Per Lindberg, Olof Molander, Alf Sjôberg e Ingmar Bergman.