"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

    1. Poema de natureza pastoril que desenvolve o tema da chegada da primavera e o espertar do namoramento. No século XV, nalgunhas rexións francesas, os pastores e as pastoras recitaban e bailaban bergerettes o domingo de Pascua. A estrutura máis habitual do poema presenta cinco estrofas de seis versos con maioría de rimas femininas. Esta forma, denominada gran bergerette, presenta como variantes a media bergerette, construída con cinco cuartetas nas que predominan as rimas masculinas, e a pequena bergerette, tres cuartetas cun refrán, que reproduce parte do primeiro verso da composición e se engade na segunda e na terceira estrofa. Moitas bergerettes foron recollidas por Weckerlin en Bergerettes et chansons du XVIII ème siècle (1821-1910).

    2. Danza do s XVI escrita a miúdo en compás de 6/8. No terceiro libro de Danceries (1551), publicado por Tylman Susato, recóllense catro temas de bergerettes entre as danzas baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo sueco. Foi o sistematizador do método noruegués de análise meteorolóxica. Introduciu o concepto de masa de aire, explicou a frontoxénese cinemática e estudiou o mecanismo das precipitacións atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica como a presenza de cristais de xeo no interior dunha nube formada por pequenas gotas de auga arrefriadas provoca unha rápida condensación do vapor de auga enriba dos cristais de xeo, que, ao medrar en espesura, transfórmanse en folerpas de neve. O esquema proposto por Alfred Wegener en 1911 foi desenvolvido por T. Bergeron e W. Findeisen. Tamén recibe o nome de teoría de Wegener-Bergeron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi director do orfeón Unión Orensana. Compuxo as seguintes obras: Viva a troula, De ruada e No turreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo norteamericano. Dirixiu o equipo que preparou as primeiras edicións do Manual of determinative bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa), na que se establece unha sistemática das bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Cultivou a literatura infantil e a poesía: Stikhotvorenija (Poesías, 1934) e Kniga pesen’ (Libro de cancións, 1936). Escribiu tamén os poemas Govorit Leningrad (Fala Leningrado, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e cartógrafo alemán. Traballou en Francia no servizo cartográfico nacional e trala caída do réxime napoleónico pasou a Prusia. Entre as súas obras cómpre salientar o Physikalischer Atlas (Atlas físico, 1837-1848), que comprende 93 mapas con texto, e o Allgemeine Länder-und Völkerkunde (Xeografía rexional e etnoloxía xeral, 1836-1841). Foi editor da revista Hertha e colaborador dos Annalen der ErdVölkerund Staatenkunde, onde traballou con Alexander von Humboldt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Artista intelectual, uniuse a Gustave de Smet (1904) en Sint-Martens-Latem e converteuse no xefe espiritual da segunda escola de Latem. Durante a súa estancia en Holanda (1914) intensificou o seu expresionismo unido a un rigor construtivo derivado do Cubismo. En Gante (1925), o seu gusto polos temas fantásticos e raros achegouno ao Surrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada ao O de Colonia (57.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansión do convento xurídico astur na que converxían as vías romanas XVIII, XIX e XX do Itinerario de Antonino, que unían a través de percorridos diferentes Braga (Bracara) e Astorga (Asturica), antes de chegar a Astorga. Localizouse en Cacabelos, ao L de Vilafranca do Bierzo. Os romanos ocupárona no ano 26 a C. Aparece mencionada nas fontes romanas, ademais, coas variantes ortográficas de Belgido e Bergido, que deu nome á comarca do Bierzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada ao NL de Colonia (105.963 h [1998]). Ten unha igrexa románica do s XII e os castelos de Zwieffelsstrunden e Blegge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do NO de Alemaña, nos contrafortes do NL do macizo xistoso Renano, entre o Rin, o Ruhr e o Sieg. Pódense distinguir catro sectores principais: as terras altas, formadas por vales, onde a actividade económica fundamental é agraria; unha área de loess; unhas terrazas medias e as terrazas baixas da beira do Rin, onde a actividade económica está baseada na industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Investigou a aplicación das altas presións nas reaccións químicas, busca da que derivaron o proceso de Bergius e o proceso de Bergius-Willstätter. No 1931 compartiu o Premio Nobel de Química con C. Bosch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso industrial de obtención de hidrocarburos semellantes aos do petróleo por hidroxenación da hulla en finas partículas e sometida a altas temperaturas (450°C) e a presións de 300 atm, independentemente da presenza de catalizadores metálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso industrial de produción de azucre fermentable a partir de madeira, por hidrólise dos taninos e da celulosa con ácido clorhídrico do 40 ao 45%.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer como poeta coa obra Marionetterna (Os monicreques, 1903). Nas súas novelas describiu os problemas da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo sueco. A súa dramaturxia e a súa narrativa mostran a influencia de Dostojevskij e Dickens. Escribiu os dramas Maria, Jesu moder (Maria, nai de Xesús, 1905) e Patrasket (1928), e a novela Hans nads testamente (O testamento da súa alteza, 1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico sueco. Foi alternando brillantemente a posta en escena para o teatro coa fílmica. A película Sommarnattens leende (Sorrisos dunha noite de verán, 1955) deulle o recoñecemento definitivo como un dos autores máis importantes. Cómpre destacar dentro da súa extensa filmografía Det sjunde inseglet (O sétimo selo, 1956), Scener ur ett äktenskap (Secretos dun matrimonio, 1973), Höstsonaten (Sonata de outono, 1978) e Fanny och Alexander (Fanny e Alexander, 1982). A problemática, esencialmente existencial, xira arredor dunha ampla gama de constantes: a muller, a parella, o amor, a vellez, a morte ou a relixión. En 1989 escribiu o guión do filme Den goda viljen (As mellores intencións). Como director de escena traballou no Dramaten de Estocolmo, o Teatro Real fundado en 1788 por Gustavo III, onde levou a cabo unha substancial transformación nas pautas de realización e nas liñas de produción, co que estreou espectáculos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz sueca establecida nos EE UU, nai da tamén actriz Isabella Rosellini. A súa fotoxenia serena combinouse cunha gran riqueza de rexistros expresivos. Comezou a traballar con Gustav Molander e máis tarde con Roberto Rossellini, con quen ademais mantivo unha intensa relación. Foi gañadora dun Oscar en dúas ocasións por Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e Anastasia (1956). Participou nos filmes: Munkbrogreven (1934), Intermezzo (1936), Casablanca (1942), For Whom the Bells Toll (Por quen dobran as campás, 1943), Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), Elena et les Hommes (Elena e os homes, 1956), The Yellow Rolls-Royce (O Rolls-Royce amarelo, 1964), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974) e Hostsonet (Sonata de outono, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral, fillo do cineasta e director Ingmar Bergman. Acadou sona montando grandes obras teatrais de repertorio como O Rei Lear e Hamlet, coa compañía Dramaten de Estocolmo. Deuse a coñecer en 1988 coa dirección da obra Hemsöborna no teatro de Angered. En 1999 montou no Teatro Real de Estocolomo A noite é a nai do día, obra do dramaturgo sueco Ulf Norén.

    VER O DETALLE DO TERMO