Bergman, Ingmar

Bergman, Ingmar

Realizador cinematográfico sueco. Foi alternando brillantemente a posta en escena para o teatro coa fílmica. A película Sommarnattens leende (Sorrisos dunha noite de verán, 1955) deulle o recoñecemento definitivo como un dos autores máis importantes. Cómpre destacar dentro da súa extensa filmografía Det sjunde inseglet (O sétimo selo, 1956), Scener ur ett äktenskap (Secretos dun matrimonio, 1973), Höstsonaten (Sonata de outono, 1978) e Fanny och Alexander (Fanny e Alexander, 1982). A problemática, esencialmente existencial, xira arredor dunha ampla gama de constantes: a muller, a parella, o amor, a vellez, a morte ou a relixión. En 1989 escribiu o guión do filme Den goda viljen (As mellores intencións). Como director de escena traballou no Dramaten de Estocolmo, o Teatro Real fundado en 1788 por Gustavo III, onde levou a cabo unha substancial transformación nas pautas de realización e nas liñas de produción, co que estreou espectáculos a partir de textos de August Strindberg, Henrick Ibsen, Molière ou Shakespeare. Entre os seus espectáculos máis significativos habería que lembrar a adaptación do Rei Lear de 1984.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Uppsala