"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Afiliouse ás Xuventudes Socialistas no ano 1979, chegando a ser secretario da organización en León. En 1986 acadou un escano no Congreso pola provincia de León, converténdose no deputado máis novo, escano que mantivo nas sucesivas eleccións a cortes xerais. Formou parte das comisións de Xustiza e Interior, Constitucional, do Defensor do Pobo e de Administracións Públicas, na que era portavoz do seu grupo. No V Congreso provincial do PSOE (1988) é elixido Secretario Xeral da Federación Socialista Leonesa. Reelixido en 1994 e 1997, neste último ano entrou como vogal na Executiva Federal, máximo órgano do PSOE. No ano 2000 decidiu presentarse candidato a secretario xeral deste partido, creando para iso unha nova corrente, centrista e liberal, chamada Nueva Vía, inspirada no laborismo británico de Tony Blair e a socialdemocracia alemana de Gergard Schröeder. Gañou o posto o 22 de xullo dese ano, por escasa marxe, grazas ao apoio dos socialistas cataláns. A súa elección conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Traballou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e na catedral de Ourense, para a que fixo unha porta para a capela do Santo Cristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Segovia 1533 - Mallorca 1617) Escritor e místico xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús para dedicarse ao ensino en Mallorca ata a súa morte. Publicou Ejercicio de perfección y virtudes cristianas. Foi beatificado en 1825 e canonizado en 1888. Iconograficamente represéntase como un ancián imberbe vestido con hábito negro e faixa, ao xeito da sotana dos cregos, ou como bispo con sotana violeta, roquete e peitoral. Como atributos leva na man dereita un báculo rematado en cruz de dobre travesa (propio dos fundadores) e un crucifixo dos misioneiros e un rosario (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 30 de outubro.
-
GALICIA
Impresor. Mantivo os seus obradoiros tipográficos na Coruña que, xunto aos de Iguereta, editaron todos os folletos e libros de tendencia liberal da cidade. En 1811 editou El Robespierre español. Amigo de las Leyes, ao ano seguinte un folleto sobre o Tribunal da Inquisición e, en 1814, as Cartas sobre la obra de Rousseau, de Valentín Foronda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastián Rodríguez Veloso.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidad Central de Madrid, exerceu como lector de castelán en Nottingham e Cambridge. Membro da xeración dos 50, en 1951 publicou Don de la ebriedad (Premio Adonais 1953), obra gabada por Vicente Aleixandre, con quen mantivo unha boa relación. Posteriormente, escribiu Conjuros (1958) e El vuelo de la celebración (1976), e coñeceu a Dámaso Alonso e a Blas de Otero. Recibiu o Premio Nacional de Poesía en 1983 por Desde mis poemas, que recolle gran parte da súa obra anterior. Posteriormente, escribiu Reflexiones sobre mi poesía (1985) e Casi una leyenda (1991). Membro da Real Academia Española (1987), recibiu o Premio de las Letras de Castilla y León (1986) e os premios Príncipe de Asturias de las Letras e Reina Sofía de Poesía Española e Iberoamericana en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi avogado na Real Chancillería de Valladolid. Escribiu Tractatus de annuis et menstruis reditivus. In tres libros et quinquaginta tres quaestiones divisus, qui census et eius quod interest, necnon usuarum mateia tom in teoría quam in praxi nonne et analityce pertractur... (1604), que influíu na formación de xuristas coetáneos e posteriores. O seu fillo, Antonio Rodríguez de Puga , foi cronista e escribiu Tomo de genealogía de familias ilustres de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Coñecido como Santiaguiño, constituíu o Sindicato General de Trabajadores de Tui (SGT) e integrouno na CNT. Coa ilegalización do SGT durante a Ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado en Lugo. Durante a Segunda República Española destacou na Confederación Regional Galaica (CRG) como enlace co agrarismo e defensor do traballo sindical cos pequenos propietarios rurais. Colaborador do semanario Tribuna, foi membro da xestora municipal do Frente Popular, aínda que non chegou a tomar posesión. Morreu asasinado no comezo da Guerra Civil Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrou a Puerto Rico arredor de 1861 e posteriormente estableceuse en México, onde ingresou no exército do Emperador Maximiliano. Instalouse en Cuba, onde foi presidente da Liga de Comerciantes Importadores de Cuba. Deputado por La Habana, foi secretario da xunta do Partido Reformista, pertenceu á Comisión Arancelaria e en 1897 foi ministro de Agricultura, Industria e Comercio de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Marchou a México (1731), onde realizou a capela do Sagrario da catedral de Ciudad de México, cunha entrada concibida como un gran retablo, recurso que tamén utilizou na portada do Colegio de las Vizcaínas (1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Foi lector do convento de Ciudad Rodrigo e publicou Dialecticae Aristotelis Compendium. Comentaria... super Logicam Joannis Duns Scoti Doctoris Subtilis, ac omnium Theologorum Principis (1624).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e historiador. En 1678 foi nomeado procurador das provincias xesuítas das Indias. Escribiu El Marañón y el Amazonas (1684).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico e político. Foi alcalde de Lugo (1839), deputado durante tres lexislaturas (1839-1843) e membro da Real Academia Médico Farmecéutica de Galicia e Asturias. Traduciu a obra de Achille Richard Formulario portátil. Tercera edición con gran número de recetas nuevas [...] Traducida del francés con algunas adiciones por Manuel Anselmo Rodríguez (1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Dedicouse á transcrición de documentos medievais e á investigación dos arquivos eclesiásticos. Escribiu Instrución al público, o sea un Tratado diplomático, cronológico y apologético en demostración del Voto del Apóstol Santiago (1778), Disertación acerca de las antigüedades de Galicia, sobre la extensión de su territorio y su calidad de provincia en tiempo de los romanos e Disertación céltica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, comezou a traballar en El Pueblo Gallego, foi subdirector dos xornais Arriba e Pueblo (1970) e director adxunto do semanario Tiempo. Colaborador habitual de prensa, radio e televisión, foi columnista de ABC e El Periódico. Recibiu o Premio Mariano de Cavia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Trimaz ao seu paso por Mourence (Vilalba). Realizouse con taboleiros de madeira sobre estribos de cachotaría. Formaba parte do antigo camiño local a Boizán.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. En 1827 marchou como misioneiro a Filipinas, onde se converteu en procurador xeral de Manila e das misións de Macau. Publicou Dicionario Ibanag-Español (1854) e completou e reimprimiu El Arte de Ibanag.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi discípulo de Domingos Antonio de Andrade nas obras da catedral de Santiago de Compostela e mestre de obras desde 1701. Representou unha nova liña dentro do decorativismo barroco, cun marcado carácter xeométrico e máis realista nos temas vexetais, acentuando o grosor e volume das placas e obtendo unha considerable sensación espacial. Dirixiu a reedificación de San Fiz de Solovio e a construción dos derrubados Cuarteis do Barrio da Cerca (1703-1707). Proxectou a igrexa de Santa María de Dodro (1719) e encargouse da dirección das obras do convento de Santa Clara ata 1730. Realizou retablos como o da capela da Prima (1721) da catedral de Santiago de Compostela e os retablos maior (1727) e de San Francisco de Borja e San Luís Gonzaga (1735) na igrexa da Compañía de Xesús. Entre 1729 e 1737 realizou a capela do Santo Cristo no convento de Santa María de Conxo. Continuou a traballar para a catedral compostelá, como a Casa de Exercitantes, e entre 1740 e 1752 realizou a igrexa de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador de baloncesto. Coñecido como Cholas, dirixiu diversos equipos de baloncesto nas ligas masculina e feminina, entre eles o Celta de Vigo que se proclamou campión de España na tempada 1998-1999. Adestrou a Selección Nacional feminina, coa que acadou dúas medallas de bronce no Eurobasket de Francia 2001 e no de Grecia 2003, ademais da medalla de ouro na Universiada. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e abandonou a selección en xaneiro de 2005.
VER O DETALLE DO TERMO