"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos soleidos, ao que pertencen algúns linguados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios anuros ao que pertencen os sapiños de Galgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica retórica que consiste na ocultación de información necesaria para comprender un asunto na súa totalidade, polo que se produce un efecto de desconcerto no receptor. Permítelle ao falante non expresar os propios pensamentos e impresións, ou as súas verdadeiras intencións. Desenvólvese por medio de varios recursos: a ironía socrática, que emite preguntas sen facilitar a propia opinión; a perífrase e a lítote, que encobren as propias ideas; e as fórmulas de cortesía ou o plural de modestia, que contribúen a esconder a identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chanceler austríaco (1932-1934). Ministro de Agricultura no goberno de Buresh (1931) e membro do Partido Social Cristián, substituíu a monseñor Seipel como chanceler, e ao mesmo tempo tomou as rendas do partido o 27 de maio de 1932. Contou co apoio dos xefes da milicia fascista (Heimwehr). Emprendeu unha política de colaboración cos fascistas autríacos e de amizade coa Italia de Mussolini. En marzo de 1933, despois de suspender o Parlamento nacional, disolveu o Partido Socialdemócrata. Nos meses seguintes paralizou a Corte Constitucional, prohibiu a campaña electoral no territorio nacional e o 20 de maio de 1933 creou a Vaterländische Front, o partido único de carácter autoritario. Ao mesmo tempo, integrou as milicias fascistas nas forzas públicas e concentrou nas súas mans os principais ministerios, mediante unha nova reforma no goberno, como paso previo para facerse co poder. Entre o 12 e o 16 de febreiro de 1934 masacrou os grupos opositores (obreiros e socialistas vieneses) nunha breve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador de arte. Estudiou dereito e belas artes en València, onde foi profesor de historia da arte na Escola de Belles Arts. Foi profesor da Escuela Especial de Pintura de Madrid e en 1913 nomeárono director do Museo Nacional de Artes Industriales y Decorativas de Madrid. Dirixiu a Biblioteca de Arte Español e publicou, entre outros traballos, Sorolla, su vida y su arte (1909) e El nacionalismo en arte: notas sobre la vida contemporánea (1928). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión hulleira situada entre as repúblicas de Ucraína e de Rusia, na conca setentrional do Don (23.000 km2). Ademais dos grandes depósitos de carbón, hainos de sal e de mercurio, e atopáronse outros de petróleo e gas. Todo isto favorece unha importante industria siderometalúrxica, química e mecánica. Os centros principais son Donets’k, Kommunarsk e Makejevka. Os depósitos de carbón descubríronse arredor do 1721 e comezaron a ser explotados a comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Estableceuse en París en 1897 e nacionalizouse francés en 1929. Foi membro do grupo fauvista (1906) e en 1908 expuxo cos expresionistas alemáns do grupo Die Brücke. Nas súas viaxes por Europa estivo en España, onde realizou, entre outros, o retrato Juana la Macarrona (1910) e participou na Exposición Internacional de Pintura y Escultura de Bilbao (1919). Creou unha obra chea de cor e gran forza expresiva, con escenas do music hall, retratos femininos e personaxes da alta sociedade parisiense e paisaxes. Entre outras destacan O vello Clown (1906) e Dona das xoias (1908). Colaborou, entre outras publicacións, en Rotterdamsche Nieuwsblad e Revue Blanche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Neto de emigrantes portugueses, graduouse en Harvard (1916). Correspondente en Europa e Oriente Medio, foi encarcerado por defender os anarquistas Sacco e Vanzetti. Publicou un libro de impresións sobre España, Rosinante to the Road Again (Rocinante de novo na estrada, 1922), e ao retornar á narrativa abandonou o individualismo das súas primeiras obras cunha novela colectiva de ambiente urbano, Streets of Night (Rúas da noite, 1923), preludio de Manhattan Transfer (1925), pintura de multitude de personaxes e escenarios determinados pola atmosfera de Nova York. Dúas das súas primeiras obras, One Man’s Initiation (A iniciación do home, 1917) e Three Soldiers (Tres soldados, 1921), son novelas arquetípicas da denominada xeración perdida. A triloxía USA-The Forty-Second Parallel (Paralelo 42, 1930), 1919 (1932) e The Big Money (O gran diñeiro, 1936), constituíu unha acusación ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alberto Pisani Dossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carpeta que contén os documentos que fan referencia a un feito ou a unha persoa determinada.

    2. Conxunto de documentos que fan referencia a un mesmo asunto ou a persoas determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Níxer (31.002 km2; 982.000 h [estim 1990]). A capital é Dosso (16.959 h [1977]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Luteri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederick Augustus Washington Barley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de edificios dedicados á construción de barcos situado ao pé de Montjuïc. É o estaleiro máis grande e máis completo, de tipo medieval, que se conserva no mundo e unha boa mostra da arquitectura gótica civil catalana. A súa construción iniciouna posiblemente Xaime I, pero o pulo decisivo deullo Pedro IV coa colaboración da cidade e da Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bivalvos ao que pertence o mexillón cebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor australiano. De orixe inglesa, instalouse en Melbourne en 1923 e trasladouse a Sidney en 1940. Na súa obra reflectiu a identidade nacional e a realidade cultural da poboación aborixe e branca australiana. Entre as súas obras destacan The cricketers (Os xogadores de cricket, 1948), West Wyalong (1949) e Mullaloonah tank (O tanque de Mullaloonah, 1953). Representou o seu país na Bienal de Venecia de 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da Segunda Escola de Fontainebleau, a súa obra recibiu a influencia de Primaticio. Realizou na galería de Diana, no Château de Fontainebleau, os frescos da lenda de Hércules e no Louvre decorou a galería de Apolo, destruída durante un incendio en 1661. O seu manierismo anunciou o clasicismo posterior. Foi pintor de cámara de Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conde de Lautréamont.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante francés. Filibusteiro e gobernador de Santo Domingo (1691), durante a Guerra de Sucesión española (1701-1714) loitou a favor de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO