Dollfuss, Engelbert
Chanceler austríaco (1932-1934). Ministro de Agricultura no goberno de Buresh (1931) e membro do Partido Social Cristián, substituíu a monseñor Seipel como chanceler, e ao mesmo tempo tomou as rendas do partido o 27 de maio de 1932. Contou co apoio dos xefes da milicia fascista (Heimwehr). Emprendeu unha política de colaboración cos fascistas autríacos e de amizade coa Italia de Mussolini. En marzo de 1933, despois de suspender o Parlamento nacional, disolveu o Partido Socialdemócrata. Nos meses seguintes paralizou a Corte Constitucional, prohibiu a campaña electoral no territorio nacional e o 20 de maio de 1933 creou a Vaterländische Front, o partido único de carácter autoritario. Ao mesmo tempo, integrou as milicias fascistas nas forzas públicas e concentrou nas súas mans os principais ministerios, mediante unha nova reforma no goberno, como paso previo para facerse co poder. Entre o 12 e o 16 de febreiro de 1934 masacrou os grupos opositores (obreiros e socialistas vieneses) nunha breve guerra civil. Limitou as liberdades democráticas, prohibiu o partido nazi e o 30 de abril de 1934 impuxo unha nova Constitución, pola que converteu a Austria nunha ditadura católica e corporativa. Foi asasinado no frustrado golpe dos nazis de xullo de 1934.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Texing -
Deceso
Lugar : Viena