"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
-
Figura de construción que consiste en romper a concordancia das regras gramaticais e atender á concordancia de sentido.
-
Figura que consiste en tomar unha palabra no seu sentido propio e figurado ao mesmo tempo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas, no límite coa provincia de Albacete (2.471 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Europa Central situada entre a vertente NL dos Sudety e a conca superior do Oder, dentro dos límites do estado polaco, excepto unha pequena parte que pertence á República Checa e que forma parte de Moravia Setentrional. Ocupada por tribos eslavas desde os ss V-VI, a finais do s IX formou parte da Gran Moravia, e no s X foi incorporada ao nacente estado polaco. A fragmentación de Polonia a partir da morte de Boleslau III Bocatorta (1086-1138) facilitou a penetración checa e alemá en Silesia, que en 1163 pasou a ser un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1335 o rei polaco Casimiro III o Grande cedeulla a Bohemia, reino que foi incorporado en 1526 aos dominios dos Habsburgo austríacos. En decembro de 1740 a maior parte da rexión foi conquistada por Federico II de Prusia, mentres que só os ducados de Cieszyn, Opawa e Koniowo continuaron baixo a administración de Viena. Prusia levou a termo en Silesia unha intensa acción xermanizadora, que no s XIX...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Carbonífero que, con categoría de subsistema, é equivalente ao Pennsylvaniano ou ao Carbonífero Superior.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Silesia.
-
-
Relativo ou pertencente ao Silesiano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante criptocristalina do cuarzo. É unha calcedonia opaca que aparece en masas case sempre de cor branca, amarela clara, gris ou negra. A causa das súas características, como a abundancia, a dureza, a fractura concoidal ou as beiras afiadas e cortantes dos seus anacos, foi a primeira materia que se empregou para fabricar instrumentos líticos durante a Idade de Pedra.
-
-
Xenio feminino do aire, dos bosques e dos campos na mitoloxía xermánica e escandinava.
-
Muller fermosa e esvelta.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sílfidos.
-
Insecto da familia dos sílfidos.
-
Familia de insectos pterigotos, cosmopolitas, da orde dos coleópteros, que está integrada por escaravellos de tamaño mediano, de cores escuras, ás veces con manchas vermellas ou amarelas, e antenas que teñen as últimas articulacións grosas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xenio masculino do aire, dos bosques e dos campos na mitoloxía xermánica e escandinava.
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada no centro urbano de Sanxenxo, na parroquia de Padriñán (Sanxenxo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (4.631 km2; 234.700 h [estim 2004]). A súa capital é Siliana (12.433 h [1984]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado ‘sílice’.
-
-
Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen o silicio como átomo central, e dos compostos de natureza moi diversa que conteñen eses anións. Os silicatos poden obterse por fusión conxunta da sílice con carbonatos de metais alcalinos, en forma de mesturas complexas, e clasifícanse estruturalmente de acordo co número de osíxenos do tetraedro de SiO 4 que comparten. Cando non se comparte ningún, están os silicatos discretos, que conteñen o anión SiO 4 4- , coñecido como ortosilicato, e dos que destacan a torita (ThSiO 4 ), o circón (ZrSiO 4 ) e os granates. Cando a asociación se produce mediante un só átomo de osíxeno, fálase tamén de silicatos discretos que conteñen o anión Si 2 O 7 6- , coñecido como pirosilicato e que aparece na thortveitita ((Sc,Y) 2 Si 2 O 7 ) e na hemimorfita (Zn 4 (OH) 2 Si 2...
-
Mineral formado esencialmente por grupos tetraédricos SiO 4 que están unidos entre eles directamente ou por catións. Os silicatos son os compoñentes máis importantes das rochas e constitúen, xunto co cuarzo, o 95% da parte coñecida da codia terrestre. Atópanse, en gran parte, como constituínte das rochas ígneas. Son exemplos de silicatos o cuarzo, os feldespatos e as micas. Nas condicións de formación das rochas metamórficas orixínanse unha serie de silicatos. Pola contra, nas rochas sedimentarias non hai formación destes minerais, senón que só hai fases de transformación deles, dos que son máis típicos as arxilas. Os silicatos clasifícanse segundo a disposición dos seus grupos SiO 4 en: nesosilicatos, sorosilicatos, inosilicatos, filosilicatos e tectosilicatos.
-
-
-
Dióxido de silicio, de fórmula SiO 2 , que se dá na natureza tanto en forma pura (cuarzo ou cristobalita) coma nunha gran variedade de formas impuras (area, ágata, calcedonia ou ópalo). Aparece en forma de cristais incoloros ou pos cristalinos brancos, e a súa densidade oscila entre 2,65 e 2,80. A sílice presenta unha estrutura polimérica, constituída por tetraedros de SiO 4 cuxos vértices están ocupados por catro átomos de osíxeno. É abundante como compoñente das rochas e infusible e insoluble. Pode prepararse tamén sinteticamente a partir de silicatos solubles, por deshidratación e calcinación. A súa aplicación está fundamentalmente na industria do vidro e da cerámica, como abrasivo, na fabricación de refractarios, como materia prima para a preparación de silicio e silicatos e, en metalurxia, na preparación do ferro-silicio. OBS: Tamén se denomina dióxido de silicio.
-
Ácido ortosílico obtido por precipitación a 300°C a partir dunha disolución de silicato sólido tratada cun ácido que se emprega como desecante.
-
-
-
Relativo ou pertencente á sílice.
-
Que contén sílice.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
silic(i)-.
-
-
Relativo ou pertencente ao silicio.
-
Que contén silicio.
-
Conxunto de ácidos, como o ortosilícico ou o metasilícico que non se coñecen en estado libre, e dos que derivan formalmente os silicatos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas ou comunidades vexetais que viven normalmente en solos ou substratos silíceos.
-
-
Converter algo en sílice.
-
Impregnar algo con sílice.
-
Intercalarse sílice na parede celular de certas células vexetais.
-