"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Cantante e autor escocés. Foi o primeiro gran solista do pop británico e pioneiro na recuperación do tradicional folk das illas. Realizou unha xira con Bob Dylan e Joan Baez, e foi aclamado no festival folk de Newport (1965). Das súas cancións destacan “Catch the wind”, “Colours”, “Jennifer Juniper” e “Sunshine Superman”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. En 1944 afiliouse ao Partito Democrazia Cristiana e foi vicepresidente (1948-1949) e presidente (1955-1963) da Camera dei Deputati. En 1963 e 1968 foi primeiro ministro de gobernos de transición e senador vitalicio desde 1967. Elixido presidente da república (1971-1978), dimitiu a causa dun escándalo económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo e terceiro labor que se lle dá á terra para preparala para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propenso a sublevarse con facilidade.

    2. Que se incomoda ou pon de mal xenio con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de levantar ou levantarse.

    2. Aplícase ao animal doméstico que anda en celo.

    3. Aplícase ao mar encrespado.

    4. Aplícase ao oso cando se representa erguido sobre as súas patas traseiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen levanta.

    2. Persoa que levanta pesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de levantar ou levantarse.

    2. Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de traxectoria política.

      1. Conxunto de operacións xeométricas que son precisas para realizar un plano ou un mapa topográfico, sobre o terreo ou valéndose de fotografías aéreas.

      2. Plano ou mapa trazado con esta técnica.

      3. Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.

      4. levantamento topográfico

        Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.

    3. Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que recoñece un cadáver e pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciamento progresista que se iniciou o 2 de abril de 1846 en Lugo coa sublevación do segundo batallón do Regimiento de Zamora. O comandante Miguel Solís liderou as tropas, ao tempo que se constituíu unha Xunta presidida por Manuel Becerra e un novo goberno municipal. A sublevación espallouse con rapidez por Galicia e nos días seguintes as cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui apoiaron o pronunciamento. O 15 de abril celebrouse unha asemblea en Santiago de Compostela presidida por Solís, na que se constituíu a Xunta Superior do Goberno de Galicia, baixo a presidencia de Pío Rodríguez Terrazo. Ao mesmo tempo, creáronse dous corpos do exército, un dirixido por Rubín de Celis, que marchou cara a Ourense, e outro, ao mando de Solís, o Libertador de Galicia, que se dirixiu á Coruña e Ferrol. Despois do fracaso nos intentos de conquistar as tres cidades, a Xunta Superior nomeou a Solís capitán xeneral de Galicia e xefe supremo do exército, e decidiu que os dous corpos...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mover algo ou a alguén cara a arriba, ou poñelo nun lugar máis alto.

      2. Dirixir algo cara a arriba.

      1. Poñer algo ou a alguén dereito ou en posición vertical.

      2. Facer que alguén saia da cama.

    1. Construír un edificio ou unha obra.

    2. Provocar un determinado efecto.

    3. Facer algo máis intenso ou incrementar algo.

    4. Facer que a caza saia da súa gorida ou agocho.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da terra situada cara a onde nace o Sol.

    2. Vento que sopra do leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se aplica aos países, rexións e poboacións situados na costa oriental do Mediterráneo, ocupada antigamente por musulmáns e frecuentada por comerciantes cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio que abarca a fachada mediterránea do Sistema Ibérico e o extremo NL das cordilleiras Béticas, incluíndo La Huerta del Segura. Xeralmente, por razóns socioeconómicas e culturais, denomínase Levante ás provincias de Castelló de La Plana, València, Alacant e Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en València en 1834. Publicado orixinalmente como Diario Mercantil de Valencia, a partir de 1872 a cabeceira cambiou pola de El Mercantil. Diario de Valencia e, posteriormente, El Mercantil Valenciano, ata a Guerra Civil española. O 30 de marzo de 1939 foron incautados os obradoiros para publicar Avance e, a partir do 15 de abril de 1939, a Falange fíxose cargo do xornal, que se titulou Levante. En 1984 foi adquirido por Editorial Prensa Valenciana, pertencente a Editorial Prensa Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estados que xurdiron das conquistas territoriais dos grandes señores feudais, especialmente durante a Primeira Cruzada, que aproveitaron a división temporal do Islam na rexión e ocuparon o val do río Orontes coa cidade de Antioquía (1098), que se converteu no Principado de Antioquía; Xerusalén (1099), que se transformou no Reino de Xerusalén; os territorios situados no curso superior do Éufrates, que constituíron o Condado de Edessa; e o condado de Trípoli, na costa mediterránea. A caída do Condado de Edessa (1144) levou á predicación da Segunda Cruzada. Os últimos restos dos Estados Latinos mantivéronse ata 1291.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Levante.

    2. Natural ou habitante deste territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e historiador da arte. Foi autor do estudo sobre o manierismo Trattato dell’arte della pittura, scultura e architettura (1584). Pintou un Autorretrato e unha Piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas holandeses establecidos en Francia no s XVII. Jacob van Loo (Sluis, Zelanda 1614-1670) foi retratista da aristocracia parisiense. O seu fillo Abraham-Louis van Loo (Amsterdam 1656-Niza 1712) foi pintor decorador. O fillo deste, Jean-Baptiste van Loo (Aix-en-Provence 1687-1745), fixo o Retrato ecuestre de Luís XV e o Retrato de H. Walpole. O seu irmán, Charles-André van Loo , coñecido como Carel van Loo (Niza 1705-París 1765), traballou na igrexa de San Isidoro de Roma, en Turín, onde foi pintor do rei de Sardeña; e na igrexa de Notre-Dame-des-Vitoires (1735), en París, e foi pintor do rei (1762). Louis-Michel van Loo (Toulon 1707-París 1771), fillo de Jean-Baptiste, foi pintor de Filipe V de España (1735-1752) e autor de La familia de Felipe V (1743). O seu irmán Charles-Amedée Philippe van Loo (Rivoli 1719-París 1795) decorou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sudafricano. Profesor de lingua e literatura sudafricanas en afrikaans en Amsterdam e Witwatersrand, escribiu Gestaltes en diere (Figuras e animais, 1942), Nuwe Verse (1954) e Tristia (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO