"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

    1. Alteración da tonicidade ou tensión dun tecido ou órgano.

    2. Alteración, permanente ou transitoria, das funcións reguladas polo sistema nervioso vexetativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á distonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación anómala dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a distorsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión que se produce nalgunha parte do corpo como resultado dunha torsión.

      1. Deformación dunha imaxe (por imperfeccións do sistema óptico utilizado), do son, dunha vibración ou dun sinal eléctrico, a causa das imperfeccións do aparato reprodutor ou amplificador, ou ben nunha transmisión. Xeralmente, a distorsión modifica a forma da onda; segundo os efectos producidos recibe diversos nomes, como distorsión de amplitude, distorsión harmónica e distorsión de cruceiro. En fotografía, prodúcese mediante o emprego de certos obxectivos como o ollo-de-peixe ou pode crearse a propósito para realizar efectos especiais.

      2. distorsión de amplitude

        Distorsión producida cando os diferentes compoñentes de frecuencia do sinal son amplificados ou atenuados de forma desigual.

      3. distorsión harmónica

        Distorsión que se produce cando, ao amplificar un sinal, se lle unen harmónicos de orde superior. A calidade dun amplificador de alta fidelidade depende da distorsión harmónica total.

    2. Deformación ou alteración na reprodución ou exposición duns feitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha distorsión en algo.

    2. Deformar o sentido orixinal de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de distraer ou distraerse.

    2. Cousa que atrae a atención e que serve para distraer a alguén.

    3. Termo acuñado por Paul Bremond para aludir a unha estratexia característica da lóxica narrativa, segundo a cal o axente dun relato pode non levar a cabo a acción que se lle encomenda, ben porque se distrae ou ben porque recibe unha información que o afasta da súa intención inicial de xeito que muda o desenvolvemento dos acontecementos da trama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter científico e literario editado en Pontevedra a partir do 15 de maio de 1847. Subtitulado “Periódico de Ciencias y Literatura”, cesou en novembro dese mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos Hijos de Vila y Cía e, posteriormente, nos talleres de Francisco A. Ruiz. Os seus redactores foron Miguel Rúa, Xosé Ramón Franco e Antolín Esperón, e contou coa colaboración de Martínez Padín, Xosé Domínguez Izquierdo, Xosé Puente Brañas e Xosé Mª Posada, entre outros. Dividiuse nas seccións   “Ciencias Naturales”, “Literatura”, “Noticias”, “Precios de mercado” e “Anuncios”. Probablemente tivo unha segunda época de edición a partir de 1852.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviar a atención de alguén da cousa que estaba facendo ou pensando.

    2. Facer que alguén pase o tempo de xeito agradable.

    3. Perder alguén a atención ou a concentración nunha cousa por prestarlle atención a outra.

    4. Pasar unha persoa o tempo de maneira divertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distraer ou distraerse.

    2. Que distrae.

    3. Aplícase á persoa que acostuma a distraerse ou que non mantén a atención no que está facendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de distribuír ou distribuírse.

    2. Ordenación das pezas que forman o interior dunha vivenda.

    3. Conxunto de moldes xa impresos que se poden distribuír.

      1. Conxunto de actividades económicas que teñen como finalidade que os bens ou produtos cheguen dende os produtores ata os vendedores.

      2. distribución de productos

        Momento do proceso produtivo no que se efectúa a asignación dos bens e servicios destinados ao consumo final.

      3. teoría da distribución

        Análise das leis económicas que determinan as partes da renda que lles corresponden aos diferentes factores produtivos. A súa formulación, en termos de funcionalidade dos factores produtivos, correspondeulles aos fisiócratas, que analizaron o proceso polo que o produto neto da agricultura chega ás tres clases sociais. A escola clásica centrouse no estudo da distribución entre a renda e a terra, e entre os beneficios e os salarios. Para os neoclásicos, calquera factor variable obterá automaticamente unha remuneración que, en condicións competitivas, corresponderá ao seu produto marxinal e a súa distribución derivará sempre do obxectivo de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos recursos. A escola poskeynesiana formulou a teoría da distribución a curto prazo coa coherencia entre a división da renda nacional entre o consumo e o investimento, dunha banda, e os beneficios e salarios a doutra.

    4. Transmisión da enerxía eléctrica cara ás instalacións que a utilizan. As centrais eléctricas producen enerxía eléctrica en forma de corrente alterna trifásica, de tensión comprendida entre 5 e 30kV; para o transporte ata os centros de distribución esta tensión elévase a valores que poden chegar a 380kV. Para a distribución emprégase a corrente alterna trifásica de 220V ou 380V para usos industriais, e a monofásica de 125V ou 220V para usos domésticos. A frecuencia está normalizada a 50 Hz en Europa e a 60 Hz en América. As redes de distribución urbanas poden ser radiais, en bucle (ou en anel), ou ben en malla, e adoitan estar feitas con cables subterráneos, mentres que as rurais adoitan ser radiais e con liñas aéreas. Para a distribución empréganse normalmente catro fíos: tres para cada unha das fases e un para a neutra.

      1. Conxunto de datos ou valores nos que as frecuencias se indican por medio das porcentaxes nas que se presentan, ou ben de maneira absoluta, seguindo unha escala predeterminada. Dentro da estatística teórica, estes valores están asociados a probabilidades, a distribución das cales é estudada mediante a función de distribución.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente lingüística inspirada na obra de Leonard Bloomfield, que se desenvolve entre os anos 30 e 50 do s XX nos EE UU, en reacción contra as gramáticas mentalistas e as ideas de Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf. Parte do principio de que os elementos dunha lingua non co-ocorren de xeito arbitrario, senón de acordo con determinadas relacións. Aínda que esta era unha constatación moi antiga, non fora obxecto de método ata a chegada do distribucionalismo. Esta corrente teórica desenvólvese nunha gramática norteamericana marcada por unha cativa representación das tendencias filolóxica, histórica ou comparativa, e polo interese nas linguas amerindias, nunha situación oral non-codificada. Así, a lingüística da época presenta conexións coa antropoloxía e cunha psicoloxía condutista que, en tanto ciencia natural, evita a introspección e favorece as análises obxectivas. Neste contexto, a lingüística deberá dedicarse a describir os elementos dunha lingua a partir da súa aptitude (posibilidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser distribuído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen distribúe.

      1. Mecanismo automático das linotipias formado por unha barra estriada e tres cilindros sen fin, que depositan cada matriz na canle correspondente do almacén.

      2. Rolo que bate a tinta nas máquinas de imprimir.

      1. Ór-gano fixo das turbinas que lle dá a dirección adecuada ao fluído para que chegue ás pas do carrete sen choque.

      2. Órgano fixo dun circuíto hidráulico ou pneumático que permite abrir ou pechar unha ou máis vías de paso ao fluído. Está composto dun corpo cun mandrilado cilíndrico, no que desembocan os orificios de entrada e de baleirado do fluído, e unha peza de revolución provista dunhas argolas anulares que poden desprazarse axialmente. Movéndoa, o xogo de argolas permite establecer ou interromper a comunicación entre dous ou máis orificios. Esta peza pode ser manipulada a man, mecanicamente ou por medio dun electroimán, entre outras formas.

      3. Órgano empregado, nas máquinas de vapor, para establecer a comunicación, alternativamente, entre a caldeira e unha das caras do pistón motor, e entre a outra cara deste pistón e a atmosfera ou o condensador.

    2. Nos motores de acendido por chispa, aparato destinado a deixar pasar os impulsos de corrente cara a cada buxía, segundo a orde de acendido preestablecida e a intervalos convenientes. Consiste nunha peza xiratoria cun saínte metálico conectado ao rolo secundario da bobina. No movemento fai contacto cuns pivotes metálicos, unidos a cada unha das buxías e espallados regularmente sobre unha circunferencia na tapa do distribuidor. No interior hai un interruptor, no sistema de acendido convencional, ou ben un sensor de efecto Hall, nos de acendido transistorizado. Tamén se coñece como delco, acrónimo de Dayton Engineering Laboratories Company.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empresa dedicada á distribución.

    2. Maquinaria agrícola destinada á distribución de produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repartir algo dando a cada parte o destino, colocación ou uso conveniente e oportuno.

    2. Facer que algo chegue a persoas en lugares diferentes, especialmente con fins comerciais.

    3. Colocar algo ou alguén no lugar máis conveniente.

    4. Colocarse as cousas ou persoas no lugar oportuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de acumulación que consiste na separación dos distintos compoñentes dunha idea xeral que se enuncia ao comezo dun texto. É unha forma específica da enumeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á distribución.

    2. Que expresa distribución ou alternancia na acción.

    3. Aplícase a cada unha das partes dun todo.

    4. Aplícase a unha das dúas leis de composición interna (*, °) respecto a outra, nun conxunto E dotado de dúas leis de composición internas, cando se satisfán as seguintes propiedades: se a*(b°c) = (a*b)°(a*c) dise que * é distributiva con respecto a °, se (b°c)*a = (b*a)°(c*a) dise que * é distributiva con respecto a °, e se se satisfán ambas as dúas condicións dise que * é distributiva respecto a °. En R, a multiplicación é distributiva respecto da suma, pero non ao revés.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado. Dentro da cidade, os distritos son divisións de primeira orde. O concepto pódese aplicar tamén a outras divisións sen carácter administrativo.

      2. Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

      3. Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Suriname, Swazilandia, Uganda e Xibutí, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

      4. distrito federal

        División administrativa de primeira orde no territorio da cal radica a capital dun estado federal. Non pertence a ningún estado da federación e depende normalmente da administración directa do goberno.

      5. distrito marítimo [DM]

        Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

      1. distrito electoral

        Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións. Historicamente, chamóuselles distrito ás demarcacións electorais onde se elixe un só representante, e circunscrición ás unidades onde se elixen varios.

      2. distrito municipal

        Cada unha das demarcacións nas que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servicios administrativos. A división do término municipal en distritos é competencia do propio municipio.

    1. Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO