"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bastón de sete a oito decímetros de longo, ornado con bandeirolas ou tiras de papel, cunha lingüeta de ferro nun extremo que os toureiros cravan de dous en dous (unha con cada man) no lombo do touro.

    2. Aperitivo elaborado con ingredientes diversos (olivas sen óso e enchidas, pemento morrón, cogombros, anchoas, queixo, etc) todos eles suxeitos cun paociño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado no bandullo ou barriga.

    2. Comida ou banquete abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acio que tarda máis ca os outros na súa maduración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada no arquipélago ártico, situada no mar de Beaufort, ao O da illa Victoria. Descuberta en 1851 por Robert Mac Clure, pertence administrativamente aos Territorios do Noroeste (Canadá).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de naipes que se utilizan para varios xogos. OBS: A baralla española consta de 48 naipes que se dividen en catro paos: ouros, copas, espadas e bastos, mentres que a francesa ten 52, que se dividen en carreaux (cadros), coeurs (corazóns), trèfles (trevos) e piques (picas). Os cadros e corazóns están estampados en negro e os trevos e picas en vermello.

      2. Xogo realizado cos naipes.

    1. Discusión entre varias persoas. SIN: agarra, agarrada, disputa, lea, liorta, rifa.

    2. Conversa ou charla abondosa en palabras pero sen importancia. SIN: barallada, parolada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa María Madanela. É a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Luho no confín oriental da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 53’ N- 7° 14’ O). Limita ao N cos concellos de Baleira (Os Ancares) e Castroverde (Lugo), ao O co do Corgo (Lugo), ao O e S co de Láncara (Sarria) e ao L co de Becerreá (Os Ancares). Abrangue unha superficie de 141,2 km 2 cunha 3.034 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Constantín, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Lexo, Pacios, Pedrafita de Camporredondo, Penarrubia, Piñeira, Pol, Pousada, Recesende, Riba de Neira, San Martín de Neira de Rei, San Miguel de Neira de Rei, Santo Estevo, Sixirei, Sobrado de Picato, Teixeira, Vale, Vilachambre, Vilarpunteiro e Vilartelín. A capital municipal, Baralla, está situada a 137 km de Santiago de Compostela, a 31 km de Lugo e a 11 km de Becerreá. Está adscrito ao partido xudicial de Becerreá e á diocese de Lugo.
    Xeografía física
    O territorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversa sobre cousas de pouca importancia ou transcendencia. SIN: baralla, parolada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de barallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desordenar e mesturar as cartas da baralla antes de repartilas.

    2. Remexer ou mesturar sen orde persoas ou cousas. SIN: embarullar.

    3. Provocar confusión en algúen ou nalgunha cousa. SIN: confundir.

    4. Provocar unha lea entre dúas ou máis persoas.

    5. Falar moito e desatinadamente. SIN: baduar, esbardallar, latricar.

    6. Pasar unha embarcación a pouca distancia da liña de costa, e navegar en paralelo con ela. Só se pode barallar nas costas con acantilados ou nas que, loxicamente, teñan auga suficiente nas súas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu na Coruña o día 1 de outubro de 1980. A publicación tiña como subtítulo “Revista de poesía”. Foi coordinada por Herminio Otero e Merchy Modroño. Figuraban entre os seus colaboradores: Víctor Sampedro, Ignacio Collado, Xan Rodríguez, etc. A revista estaba editada polo colexio dos Salesianos da Coruña. Por ser unha publicación de ámbito escolar, os primeiros números tiñan o formato de fanzine, pero mellorou a súa calidade gráfica ao contar co patrocinio da Comisión de Cultura do Concello da Coruña dende 1983. A partir de marzo de 1981 convocaban un concurso propio de poesía, e publicábanse na revista os traballos premiados no certame. Destacou a participación de Henrique Manuel Rabunhal co poema titulado “Galopando”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Locuacidade insubstancial ou desatinada. SIN: leria.

    2. Relato esaxerado dun suceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de forma atropelada e sen sentido. SIN: baduar, esbardallar, laretar, latricar.

    2. Contar feitos esaxerándoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe que dá nome a unha serie de historietas ilustradas francesas con texto e debuxos de Jean-Claude Forest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos vespertiliónidos ao que pertence o morcego da fraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il barbiere di Siviglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Le barbier de Séville ou la précaution inutile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Tipógrafo de profesión, publicou poemas en xornais, ás veces baixo o pseudónimo de Noé Vila. Foi un dos contertulios da Cova Céltica e en 1907 apareceu como asinante do Manifiesto solidario de septiembre, acta fundacional do movemento da Solidaridad Gallega. Como poeta publicou o volume bilingüe Nada (1906). Recibiu o premio da Académie Montréal e do Athenée des Troubadours pola tradución da obra Magali de Federico Mistral e pola súa vinculación co movemento dos felibres, trobadores modernos provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Economía pola Universidade de Cambridge. Foi profesor na escola de Guerra Naval e na escola de Finanzas Internacionais. Tras acceder á carreira diplomática participou nas negociacións entre España e a CEE como secretario xeral da Delegación Negociadora Española e como secretario da Comisión Interministerial de Relacións coa comunidade (1965-1970). Foi secretario da embaixada da Delegación española ante os Organismos Internacionais en Xenebra (1970) e director xeral de SODIGA. Escribiu El acuerdo de España en el Mercado Común.

    VER O DETALLE DO TERMO