"rot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica da parótide. Poden ser primitivas ou secundarias. A máis importante das primitivas é a parotidite aguda epidémica ou papeiras, producida por un mixovirus e caracterizada por febre, síntomas xerais de infección e tumefacción da glándula. OBS: Tamén se denomina orellóns, papeiras, pezorellos.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Especialista en restos mesopotámicos, realizou diversas escavacións en Tello, Larsa, Lagaš e Māri. Foi profesor na École du Louvre (1937) e xefe do departamento de antigüidades orientais do Musée du Louvre (1946). Das súas obras destacan Māri une ville perdue (1936), Archéologie mésopotamienne (1946-1953), Tello: vingt campagnes de fouilles (1948), Mission arquéologique de Māri (1956-1957), Sumer (1960), Assur (1961) e, en colaboración con M. H. Chehab e S. Moscati, Les phéniciens (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pseudoparálise infantil sifilítica que se presenta en casos de afectación ósea das extremidades superiores na sífilis precoz.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Documentado en Roma en 1551, traballou con T. Zuccari e destacou como retratista. En 1565 volveu a Boloña, onde dirixiu unha escola e fixo Madonna col bambino e santi (1565) e Presentazione di Gesú al tempio (1583), obras onde combinou o academicismo romano con elementos naturalistas. Cultivou tamén a pintura de xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor italiano. Considerado un dos intérpretes operísticos máis importantes de finais do s XX, debutou en 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème, de G. Pucini. Dotado dunha voz ampla, tecnicamente moi segura, e cunha gran capacidade para a interpretación escénica, especialmente nos papeis cómicos, actuou nos escenarios máis importantes do mundo, como La Scala de Milán (1965) ou a Metropolitan Opera de Nova York (1968), cun repertorio que abrangue óperas, recitais e cancións napolitanas e italianas. Realizou numerosas gravacións discográficas e compartiu cartel con José Carreras e Plácido Domingo no espectáculo Os tres tenores, que presentou en distintas cidades do mundo, como Roma (1991) e Los Angeles (1994). Rodolfo, Radamés (Aida), Manrico (Il Trovatore), Nemorino (L’elisir d’amore) e Cavaradossi (Tosca) foron algúns dos seus papeis máis destacados. Recibiu varios premios Grammy, a Commendatore di Gran Croce da República de Italia e a Légion d’Honneur en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Director do Teatro Regio de Turín e do Liceo Musicale de Pesaro, foi autor de diversas óperas, como Fiorina (1851) e Tutti in maschera (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Inventou, xunto con Charles Fabry, un tipo de espectrómetro interferencial que permite separar radiacións moi próximas e que contribuíu decisivamente ao progreso da análise espectral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Mestre de capela da igrexa Beatae Mariae Virginis, foi o representante máis notable da escola de Notre-Dame de París. Da súa produción destacan catro organa, tres condutus e un clausulae.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiros tipográficos que funcionaron en Mondoñedo a partir de 1859, xestionados por Manuel Perrote e Constantino Romero, tras a adquisición dos obradoiros de Benito Pérez Mon por parte de Perrote. Editaron Guía Legislativa (1859), de Pico de Coaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que se obtén dos froitos da coca do levante (Anamirta cocculus). É un tóxico de acción moi semellante á estricnina e pouco empregada como parasiticida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da comedia italiana en Francia. Derivado directamente de Pedrolino, da Commedia dell’Arte, o seu nome e a súa indumentaria foron divulgados e adquiriron celebridade grazas a G. Giaratoni en París (1673). Pierrot, co mesmo vestiario (casaca branca e longa con botóns brancos e negros, pantalóns longos e gorra de veludo, e co rostro abrancazado), pasou á pantomima francesa, onde adquiriu o carácter triste de namorado patético e desafortunado. Máis modernamente, e como réplica, foi creada Pierrette, a súa antítese feminina, coqueta e vivaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disfrace ou máscara que representa o papel de galán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pan de millo’.
-
-
Arte de preparar explosivos e fogos artificiais de espectáculo, de utilidade, ou de guerra.
-
Lugar onde se fabrican ou venden explosivos ou fogos artificiais.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á pirotecnia.
-
composición pirotécnica
Mestura de diversos artificios, xeralmente de pólvora, que producen, ao seren acendidos, efectos luminosos, cromáticos, fumíxenos ou sonoros.
-
-
Persoa especialista en pirotécnia ou que vende produtos de pirotecnia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pirotéridos.
-
Mamífero da orde dos pirotéridos.
-
Orde de mamíferos ungulados, considerada ás veces suborde, que viviron en América do Sur durante o Oligoceno. Eran animais con aspecto de elefantes primitivos, de gran tamaño, co cranio curto e cos incisivos inferiores longos dirixidos cara a adiante, e que se alimentaban de vexetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo empregado no estudo da fusión controlada, que produce nunha zona do espazo un campo magnético tal que a intensidade é maior nos extremos ca no centro, feito que obriga ao plasma a manterse confinado nesa zona, e debido ao aumento progresivo deste campo ata valores dalgúns centenares de miles de gauss, prodúcense compresións de milleiros de kg/cm2, que quentan o plasma e dispóñeno para a fusión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de ferro, de fórmula FeS. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais planos ou en masas irregulares. Ten unha cor amarela. É unha clase ferrífera moi rica da que tamén se extrae xofre para a produción de ácido sulfúrico. OBS: Tamén se denomina pirita magnética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á plerose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da familia das desmidiáceas, que presentan o corpo longo e cilíndrico, cun lixeiro estrangulamento no centro.