"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

    1. Relativo ou pertencente a Quiroga ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catherine de Vivonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1849. Creouse como Academia Provincial de Bellas Artes e desde 1913 instalouse no edificio do Real Consulado do Mar. Baixo o seu patrocinio naceron o Museo Provincial de Belas Artes e a Escola de Artes e Oficios da Coruña. Desde o 12 de xullo de 1916 ostentou o título de Real, desde o 14 de abril de 1947 someteuse oficialmente baixo a advocación da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña e en 1984 modificou a súa denominación pola de Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Desde 1986 integrouse no Instituto de España como academia asociada. Consta das seccións de Pintura e Gravado, Arquitectura, Escultura, Música e Amantes da Arte. O seu regulamento facultouna como institución oficial consultiva da Administración para actuar en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, así como promover e realizar estudos de investigación e promocionar o desenvolvemento das manifestacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e anarquista francés. Membro dunha familia de xeógrafos, foi profesor na Université de Bruxelles, onde viviu moitos anos de exilio a causa das súas ideas. Influíu notablemente sobre os anarquistas españois. É autor de Voyage à la Sierra Nevada (1861), Nouvelle géographie universelle (1875-1894) e L’homme et la Terre (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alto funcionario real. En 1546 Carlos I nomeouno comendador maior de Castela na orde de Santiago. En 1561 nomeárono embaixador en Roma e en 1568 conselleiro de Xoán de Austria, co que participou na campaña contra os mouriscos de Granada (1569) e na Batalla de Lepanto (1571). Foi gobernador de Milán (1571-1573) e substituíu ao duque de Alba como gobernador dos Países Baixos (1573), onde adoptou unha política moderada. Foi derrotado en Leiden e Middelburg polas tropas de Luís de Nassau pero venceunas en Mook (1574). Tivo que pactar coas tropas españolas amotinadas en Anveres e non conseguiu convocar uns estados xerais e pacificar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Petición ou solicitude que se fai a alguén.

    2. Esixencia, reprimenda ou reproche que se fai a alguén por algo que fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Xunta o seu curmán Auguste Reverdin (Xenebra 1848-1908), fixo valiosas achegas na técnica operatoria, mellorou o instrumental e foi o primeiro que interpretou adecuadamente os síntomas do hipotiroidismo tras a extirpación do bocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Música popular propia dos afroamericanos de EE UU, utilizada sobre todo no baile. Ten unha base predominantemente rítmica, en que se superpoñen melodías procedentes do gospel e do blues. Xurdiu na década de 1930 a partir, sobre todo, do boogie-woogie orquestral, e posteriormente derivou no rock-and-roll. Destacan os intérpretes Fats Domino, Ray Charles e Chuck Berry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1893 por Afonso XIII a Xosé Riestra López. Sucedérono no título o seu fillo Raimundo Riestra Calderón II, marqués de Riestra desde 1923, e o seu neto, Antonio Riestra del Moral, III marqués de Riestra desde 1968. Trae por armas en campo de azul, un castelo de ouro e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, e a cada lado do castelo unha caldeira de ouro. Ao timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Afonso XIII en 1926 como Monte Malmusí, a José Sanjurjo Sacanell (Iruña 1872-Estoril 1936). Herdou o título o seu fillo José Sanjurjo Prieto , II marqués de Rif. Trae por armas as dos Sanjurjo: en campo de prata, a banda de sable engolada en dragantes de sinople, lampasados de goles. Ao timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Fundador de La Gazzette du Cinéma, debutou na dirección en Paris nous Appartient (1960). Da súa filmografía cómpre salientar L’amor fou (1966), Hurlevent (1985), La belle noiseuse (1991), Haut bas fragile (1994) e Histoire de Marie et Julien (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e editor francés. Director da Nouvelle Revue Française, exerceu como crítico literario e publicou os seus Études (1912) sobre Baudelaire, Cézanne, Debussy, Gide e outros. Prisioneiro durante a Primeira Guerra Mundial, dedicou os anos de catividade á creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido pola Raíña Isabel II, xunto co vizcondado de Trobo ao tenente xeneral Xosé Ramón Rodil Galloso en 1836. Trae por armas, en campo de sinople, un guerreiro armado, contornado, situado no flanco destro, atravesando coa súa espada un helmo posto no cantón sinistro do xefe, todo de prata; ao pé do guerreiro un lobo andante, contornado, de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de illas Mauricio (109 km2; 35.779 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico portugués. Coñecido como Amatus Lusitanus, estudou en Salamanca, Portugal, Flandres (1534), Italia (1541) e Salónica (1556). A súa obra máis importante é Centurias médicas (Florencia, 1551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Recoñecido orador e ideólogo, foi presidente da Segunda Liga da Mocidade Republicana e director do semanario Globo. En 1935 emigrou a EE UU. Das súas obras destacan Páscoa feliz (1932), Saudades para Dona Genciana (1956), Gente de terceira classe (1962) e O milagre segundo Salomé (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Coñecido como João Verde, mantivo certa relación con Curros Enríquez, Filomena Dato e García Ferreiro. Colaborador de Vida Gallega e A Terra Minhota, onde escribiu textos en galego, fundou e dirixiu Aurora do Lima e O Regional. Na súa obra amosou as vivencias e os seus sentimentos cara á paisaxe miñota. É autor de Musa Minhota (1897), N’Aldeia (1890) e Ares da Raia (1902), en que emprega a lingua galega para compoñer algunhas coplas populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Amália Rodrigues, está considerada unha das intérpretes máis importantes de fados. Participou nas operetas Rosa cantadeira (1944) e Mouraria (1946), no drama A severa (1955) e nos filmes Os amantes do Tejo (1955), Fado Corrido (1964) e As Ilhas Encantadas (1965). Da súa discografía destacan Mouraria (1945), Novo Fado da Severa (1953), Povo que Lavas no Rio (1963), Estranha Forma de Vida (1964), Lágrima (1983), Maldição (1992) e Segredo (1998). Recibiu o Premio MIDEM (The International Music Market) en 1967, 1968 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO